Ir al contenido principal

Vixilia Pascual

Descarga o ficheiro coa celebración





VIXILIA PASCUAL
(ESQUEMA)



















VIXILIA PASCUAL
(ESQUEMA)






 
2)  
 
ð
ð
ð
ð
ð GLORIA
 
3)  
 
ð MONICIÓN
ð
ð
ð
ð
ð
ð
ð
ð
 
 
 
4)  
 
ð
ð
ð
ð
ð
 
5)  
 
ð OFERTORIO
ð SANTO
ð NOSO PAI
ð PAZ
ð COMUÑÓN
ð



ð DESPEDIDA
 
 
 
 


 
 
 
QUEIMEMOS O LIXO DO COLECTOR PARA QUE RENAZA A FORZA DO NOVO QUE TRAE A RESURRECCIÓN DE XESÚS
 

PÓRTICO

 
            Ao redor deste lume ao que queremos botar todo canto foi enchendo os colectores ao longo do tempo de coresma, achegámonos nesta noite de luz, auga e pan compartido para celebrar que o camiño que iniciou Xesús o Domingo de Ramos non quedou estancado no Venres Santo de morte, de tristura e de desespero, senón que continuou cara ao amencer da resurrección.
 
Estas palabras que tantas veces temos escoitado nas diferentes Vixilias nas que participamos, non queren ser unha rutina que se repite todos os anos; tampouco un xesto que sabemos toca realizar na noite que leva á Pascua; menos aínda unha representación de contrastes na que estamos para ver, pero da que nos afastamos á hora de participar e sabernos parte importante do que esta noite celebramos e compartimos.
 
Preparémonos a participar desde as actitudes que nos fan sentírmonos membros da mesma comunidade que, dun cabo ao outro do mundo, quere sentir, expresar e compartir que o seguimento de Xesús é un camiño no que nos sabemos acompañar uns aos outros. Un camiño diante do que a esperanza, a pesares das dificultades que a tod@s nos vai poñendo e mostrando a viva, é máis forte que o desencanto e as ganas de mergullarnos na frustración e no desespero. Para nós, os crentes, hai presente e tamén hai futuro, e para un e outro, nesta noite, Xesús xorde como luz que ilumina, auga que purifica e tebra que se vence. Neste camiño do Novo que aquí xorde, dispoñámonos a comezar a celebración.
 
 
 
 

1.- Liturxia da luz

 
No paso da morte a vida de Xesús estabamos tod@s presentes, os daquel tempo e os de hoxe, nós. Neste paso queremos expresar que a vida, sendo camiño sempre aberto, é unha aposta continua por non deixarse levar nin pola sensación de fracaso nin polo pesimismo. Así, a pouco que o analicemos iremos descubrindo que, a pesares da dor e da tristura que moitas veces nela teñen aparecido, estes quedan atrás fronte a moitos máis momentos de ledicia, esperanza e fraternidade, compartidos no ámbito familiar, nas nosas relacións cos veciños ou no tempo disfrutado ao carón dos amigos. Todas estas experiencias de luz queremos agora bendicilas coa claridade de quen viu ao mundo coa misión de facer del berce e colo cheos de amor.

A.           Bendición do lume

Señor:
por medio do teu Fillo Xesús,
déchesnos a terra, o aire, a auga e o lume.
Neles estás Ti coma principio e orixe de todo.
Coa presenza dos membros da nosa comunidade,
queremos bendicilos +,
para que sexan verdadeiro signo
de transformación renovadora das nosas vidas,
e que a pascua que agora comeza
prenda en cada un de nós
para poder abrir brazos e agarimar, no teu nome,
a tantos irmáns e irmás que agardan de nós
a aperta solidaria do teu amor. P.X.N.S. Amén.

B.          Logo da bendición do lume, acénsese nel o cirio pascual.

Unhas poucas persoas acenden as súas candeas no cirio, e despois van acendendo coa súa candea as dos demais, ata telas todas acendidas. Se hai bautizos, é neste momento no que aos pais e padriños (que xa acenderon do cirio a candea), se lles pregunta polo nome d@ nen@ que presentan á Igrexa, e pola súa intención estando alí. A partires dese momento, comezamos a procesión cara á Igrexa.

C.           Procesión e canto

 CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR

D.          Pregón pascual

(con todas as luces apagadas, só mantemos prendidas a luz do cirio e as das nosas candeas)
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
Israel abriunos o camiño que nos trae hoxe aquí con Abrahám, Moisés, Xosué,
Esther, Xudit, Rut; Isaías, Xeremías, Ezequiel e Daniel;
Amós, Oseas, Xoel e Malaquías; e tanta xente, que desde eles,
se puxo en camiño para facer pobo, para vivir en comunidade,
para acoller a Alianza que Deus Pai estableceu como o seu grande agasallo.
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
Neles atopamos os cimentos que van asentando a nosa fe.
Nesta noite de luz e auga, de gozo e esperanza,
Queremos deixar atrás as tebras do desencanto, a tristura, a desesperanza.
e abrirnos paso no camiño que nos achega a Xesús,
Aquel que pasou facendo o ben.
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
Nesta noite santa, noite de nova creación e vida; noite de liberación salvadora,
noite de invitación a camiñar sen medo e alentados pola esperanza,
queremos, Señor, poñernos tamén nós en camiño.
No camiño que axuda a facer da vida encontro cos demais,
man solidaria para quen nos necesite
e traballo comunitario para gozar agradecidos como seguidores teus.
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
Xesús xa vive entre nós. Acaso non o percibimos?.
Xa está actuando. Aínda non fomos capaces de entendelo?.
A que esperamos?. Que non se nos faga tarde!.
Porque se esperamos moito perdemos o mellor
e o máis importante: saber que xa está aquí:
no irmán que sorrí,
no enfermo que se enche de esperanza porque descubriu que pode curar,
no parado que xa atopou traballo,
en quen estaba solo e descubriu o valor da amizade de balde nos que o visitaban, nos que foron capaces de deixar atrás as diferenzas para facer cousas xunt@s.
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
Por iso, porque xa te vemos, porque xa te sentimos, porque xa es un dos nos@s, queremos dicirche: grazas:
o   Por cada día que nos trae a luz e as ganas de vivir
o   Por cada persoa á que podemos axudar
o   Por cada esforzo que vai saíndo de nós para vencer o desánimo
o   Por cada xermolo de esperanza co que termas de nós sen cansar
o   Por cada testemuño agradecido que descubrimos no quefacer de tantas persoas de corazón grande que nos rodean...aínda que aos ollos dos poderosos non sexan importantes.
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
O novo é posible.
O vello quedou atrás.
O camiño é todo para nós, e estamos seguros que o imos percorrer sen medo, sen vergoña, e cheos de esperanza. Porque sabemos que non imos solos, senón que Ti vas connosco, ao noso carón.
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
Cristo vive. As mulleres tráennos o anuncio. Como lles pasou a elas, tampouco a nós nos cren, pero non nos importa. Sabémolo e xa nos basta.
Porque vives, porque estás, porque non cansas, porque non te vas, porque, sempre, unha e mil veces, nos vas dando novas oportunidades, non cansamos de dicir:
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
Si, irm@s, Cristo vive e dínolo a tod@s nós, mulleres e homes, para que llo transmitamos aos demais, non só coa palabra; tampouco coa imposición, senón co testemuño da nosa vida.
Vida nova, ilusionada, honesta, solidaria, e sempre disposta a botar ao colector do lixo todo canto nos escraviza, nos entristece e nos impide comezar a compartir o pan da Eucaristía que non exclúe e ninguén, senón que se converte en alimento de cambio e transformación social.
Por iso, sen cansar, xunt@s volvemos dicir:
 
û ALELUIA, O SEÑOR, VAI CONNOSCO!
 
 (Acéndense as luces e cantamos/rezamos o GLORIA)

2.- Liturxia da Palabra

 

A.           PRIMEIRA LECTURA (Xén 1, 1-2, 2)

 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
 
No principio creou Deus o ceo e a terra.
Despois dixo Deus:
- “Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra”.
E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, varón e femia os creou.
E bendiciunos así:
- “Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra”.
E díxolles aínda:
- “Aí vos dou as herbas todas que hai na terra, coa súa propia semente, e tódalas arbores que dan froito, coa súa propia semente, a fin de que vos sirvan para a mantenza; ás feras todas do monte, ós paxaros do ceo e ós réptiles que viven na terra doulles a herba para a mantenza”.
E así foi.
E viu Deus canto fixera e velaí que era de verdade moi bo.
 
 
                                     PALABRA DO SEÑOR
 
Salmo : Canto: Canta o sol
 
ORACIÓN: Pai, que pos diante de nós o mundo e nos convertes en señor@s de canto fixeches, aleda o noso esforzo por facer del a casa de tod@s, onde ninguén se poida sentir estraño e desprazado. P.X.N.S. Amén.
 
 
 
 
 

B.          SEGUNDA LECTURA (Xen. 22, 1-18)

 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA XÉNESE
 
Naqueles días, Deus puxo a proba a Abraham, chamándoo:
-      Abraham!
El respondeu:
-      Aquí estou!
Deus mandoulle:
-      Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ao país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cumio dunha das montañas que eu che mostrarei.
Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e tomou consigo dous criados e mailo seu fillo Isaac. Coa leña cortada para o sacrificio, púxose ao camiño en dirección do lugar que Deus lle indicara. Ao terceiro día Abraham ergueu os ollos e viu o sitio desde lonxe.
 
Abraham colleu a leña do sacrificio e púxolla a Isaac, seu fillo, ás costas. Tomou na man o lume e o coitelo, e camiñaban os dous xuntos.
Isaac díxolle ao seu pai:
-      ¡Meu pai!
El respondeu:
-      Que queres, fillo?
O rapaz dixo:
   - Levamos lume e leña; pero, onde está o año para o sacrificio?
Abraham respondeulle:
-      Meu fillo, o año Deus o proverá.
Chegados ao lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou ao seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña. Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrificar ao seu fillo.
Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo:
-      ¡Abraham!, ¡Abraham!
El respondeu:
-      Aquí estou
O anxo dixo:
            - Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún.
Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou man del e ofreceuno en sacrificio,no posto do seu fillo. Abraham púxolle ao lugar de nome Moria.
O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo:
- Por faceres isto e non me negares ao teu fillo, o único que tes, bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Todos os pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido.
            PALABRA DO SEÑOR
Salmo : Canto: Aquí estou Señor, para facer a túa vontade
ORACIÓN: Pai, aquí estamos, como estivo tamén Abrahám, para dicirche que si. Para acoller a túa invitación e poñernos en camiño. Que saibamos devolverche coa nosa vida toda a confianza que vas poñendo en nós.Que ela nos axude a ir sementando de luz e vida o camiño que percorremos xunto cos nosos irm@ns. P.X.N.S. Amén.
 

C.           TERCEIRA LECTURA (Ex. 14, 15-15,1)

 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO
 
Naqueles días, o Señor díxolle a Moisés:
-      “Que queixas son esas cara a min?. Manda aos israelitas que se poñan en marcha. Ti ergue a vara, alonga a man sobre o mar e párteo en dous, de xeito que os israelitas pasen polo medio a pé enxoito. Eu endurecerei o corazón dos exipcios, que seguirán perseguíndovos. E mostrareime glorioso á conta do faraón, á dos seus carros e á dos seus cabaleiros. Ao mostrar a miña gloria á conta deles, aprenderán os exipcios que eu son o Señor”.
Moisés alongou a man sobre o mar, e o Señor moveuno cun vento forte do leste, que soprou toda a noite, ata secar o mar, coas augas partidas. Os israelitas entraron polo medio do mar a pé enxoito. As augas facían muros á súa dereita e á súa esquerda. Os exipcios que os perseguían, a cabalería do faraón, os carros e os cabaleiros, entraron no mar tras deles.
Cerca da madrugada, ollou o Señor desde a columna de nube e de lume para o campamento exipcio e cubriuno de confusión. Pexou as rodas dos carros, de xeito que non podían case que andar. Os exipcios entón dixeron:
- “Fuxamos dos israelitas, pois o Señor loita por eles contra nós”.
O Señor díxolle a Moisés:
- “Estende a man cara ó mar, e as augas volveranse sobre os exipcios, os seus carros e os seus cabaleiros”.
Moisés alongou a man cara ao mar e, contra a mañá, este volveu ao seu sitio. As augas, ao xuntárense, cubriron os carros, os cabaleiros e todo o exército do faraón, que entrara no mar tras de Israel. Non quedou nin sequera un.
Os israelitas pasaron a pé enxoito polo medio do mar, mentres as augas facían muro á súa dereita e á súa esquerda.
Aquel día salvou o Señor a Israel do poder dos exipcios. Israel recoñeceu con que man poderosa o Señor tratara ós exipcios. O pobo temeu o Señor e creu nel e no seu servo Moisés.
 
                                           PALABRA DO SEÑOR
 
Salmo: Canto: Ide e pregoade
 
ORACIÓN: Tamén nós, Señor, temos desexado moitas veces saír de Exipto, é dicir, deixar atrás escravitudes que nos van atando e impedindo ser nós mesmos e verdadeiramente felices: unhas escravitudes do efémero que van esmorecendo e deixándonos no máis absoluto dos baleiros. P.X.N.S. Amén.
 

D.          CUARTA LECTURA (Is. 55, 1-11)

 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
 
Isto di o Señor:
 
         “ Oíde, sedentos todos, vinde por auga!
         Os que non tedes prata, vinde,
         comprade comida e comede,
         vinde e comprade comida;
         sen prata e sen diñeiro comprade viño e leite.
           Porque cambiades prata polo que non é pan
         e o voso xornal polo que non farta.
           Escoitádeme ben:
         comede ben e que a vosa gorxa se alegre coa graxa.
           Baixade o oído e vinde onda min,
         facédeme caso e revivirán as vosas ilusións,
         pois pactarei convosco unha alianza eterna.
           Velaquí: como a chuvia e a neve baixan do ceo
         e non voltan alá sen enchoupar a terra,
         fecundala e facela brotar,
         para que lle dea semente ao que sementou
         e pan ao que come,
         así tamén será a miña palabra que sae da miña boca:
         non volverá a min en van,
         senón que fará o que eu queira,
         e conseguirá aquilo para o que a mandei”.
 
                   PALABRA DO SEÑOR
 
Salmo: Canto: Pan do ceo, pan de vida
 
ORACION: Señor, aquí estamos tamén nós sedentos e famentos de paz, de consolo, de esperanza, de silencio. Si, Señor, facemos moito barullo, pero con el só conseguimos disimular as nosas incapacidades para escoitarte e descubrirte no silencio de quen non ten voz para defenderse dos que poñen por diante das persoas os papeis, as leis ou o que deciden os que mandan e dominan. Queremos volver a Ti e deixar que a túa auga e o teu pan nos sacien de esperanza, forza e solidariedade. P.X.N.S. Amén.
 

E.           QUINTA LECTURA (Ez. 36, 16-28)

 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE EZEQUIEL
 
Veume a palabra do Señor nestes termos:
“Fillo de Adán, cando a Casa de Israel habitaba na súa terra,
            volvérona impura co seu comportamento e cos seus feitos.
Pero eu desafoguei o meu noxo neles polo sangue
            que verteron sobre a terra,
            e polos feitos cos que a mancharon.
Entón eu esparexinos por entre os pobos
            e dispersáronse polos países;
            xulgueinos conforme o seu comportamento
            e conforme os seus feitos.
Ao entraren nas nacións onde foron,
            profanaron o meu santo Nome.
Pero eu vou facer que se recoñeza a santidade do meu grande Nome,
            profanado entre as nacións nas que vós o profanastes.
Entón recoñecerán estas nacións que eu son o Señor
            -é o meu Señor quen fala-,
            cando eu vos faga recoñecer a miña santidade na súa presenza.
Pois recollereivos das nacións, 
            xuntareivos de tódolos países
            e traereivos á vosa terra.
Asperxirei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros;
de todas as vosas impurezas
e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.
Dareivos un corazón novo
            e poñerei nas vosas entrañas un espírito novo;
            sacarei da vosa carne o corazón de pedra
            e poreivos un corazón de carne.
Porei nas vosas entrañas o meu espírito
            e farei que camiñedes conforme os meus preceptos
            e que gardedes os meus mandamentos e os cumprades.
Viviredes no país que lles dei a vosos pais:
            seredes o meu pobo e eu serei o voso Deus”.
 
                                                                       PALABRA DO SEÑOR
Salmo: Canto: Danos un corazón
 
ORACION: Que duros son moitas veces os nosos corazóns!. Duros para chorar con quen chora, para amar a quen o necesita, para unirse a quen está fundido e necesita de nós para erguerse, e que a dureza dos nosos corazóns impide que abramos as nosas mans e nos fundamos nunha aperta fraternal e sincera. P.X.N.S. Amén.
 

F.           SEXTA LECTURA (Rom. 6, 3-11)

 
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE PAULO AOS ROMANOS
 
Irmáns e irmás:
 
         Ignorades que a cantos nos bautizaron en Cristo Xesús, bautizáronnos na súa morte?. Enterráronnos, logo, con el polo bautismo na morte, para que, como Cristo resucitou dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova.
 
         Pois se nos enxertaron nel pola semellanza dunha morte coma a súa, seguro que tamén o farán por unha resurrección semellante.
 
         Pois habedes saber que o noso home vello foi crucificado para destruír o corpo pecador, de xeito que non sirvamos máis ao pecado. Porque o que morre, queda liberado do pecado.
 
         Se xa morremos con Cristo, cremos que tamén viviremos con El; e ben sabemos que Cristo, resucitando dos mortos, xa non morre máis, a morte xa non pode nada contra El. Porque o seu morrer foi un morrer ao pecado para sempre, mais o seu vivir é un vivir para Deus.
 
         Así tamén, vós considerádevos mortos ao pecado e vivos para Deus en Cristo Xesús.
 
                                                                 PALABRA DO SEÑOR
 
Salmo. Canto: Canta aleluia, aleluia ao Señor
 
ORACION: O bautismo, Señor, incorpóranos á comunidade; pero moitas veces estas nosas comunidades esmorecen pola nosa pouca alegría e pola nosa deixadez. Que esta incorporación á vida nova da graza e da esperanza na que fomos mergullados o día do noso bautismo, saibamos mantela viva en cada momento da nosa vida. P.X.N.S. Amén.
 
 
 

G.           EVANXEO (Lc. 24, 1-12)

 
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS
 
A madrugada do primeiro día da semana foron ó sepulcro, levando os perfumes que tiñan preparados. Pero atoparon quitada a lousa, arredada do sepulcro. Entraron, e viron que o corpo do Señor non estaba alí. Entón, mentres estaban todas perplexas por aquilo, apareceron dous homes con vestidos resplandecentes. Cheas de medo, miraban para o chan; pero eles preguntaron:
-¿Por que buscades entre os mortos a quen está vivo? Non está aquí; resucitou. Recordade o que vos dicía en Galilea: que cumpría que entregasen o Fillo do Home nas mans dos pecadores, que o crucificasen e que resucitase ó terceiro día.
A elas acordáronlles aquelas palabras súas, e, volvendo do sepulcro, anunciáronllelo ós Once e a tódolos demais. Eran elas: María Magdalena, Xoana, María a de Santiago. E tamén as outras que as acompañaban lles dicían o mesmo ós apóstolos; pero eles non lles daban creto: parecíalles un desatino das mulleres.
Mesmo así, Pedro ergueuse e foi correndo ó sepulcro; abaixándose, viu as vendas soas; e, todo abraiado polo acontecido, volveu para a súa casa.
 
PALABRA DO SEÑOR

REMUÍÑO

 
v Abrir o colector e Queimar o lixo: Ao comezar a coresma invitóusenos a abrir o colector para botar dentro del todo aquilo que sabiamos que era lixo e tiñamos que afastar de nós. Durante esas cinco semanas, fomos abrindo a tapa e metendo dentro o que non era máis ca lixo que tiñamos acumulado. Nesta noite, cando estabamos fóra comezando a celebración, facíasenos unha nova invitación: queimemos os colectores con todo aquilo que fomos botando dentro: a nosa preguiza, os medos, as desesperanzas, as rutinas, a pouca confianza en Deus, a pouca fondura espiritual, a incapacidade de descubrir a Deus nos irmáns, a nosa soberbia... a nosa pouca fe. Un xesto sinxelo, pero expresivo, que nos quería dicir que se queremos entender o que estamos agora a celebrar; se queremos entender o por que e para que da pascua, temos que desfacernos de moitas cousas innecesarias e superficiais que nos van distraendo do importante: que só pode entender a esperanza da que nos fala e da que deu testemuño Xesús desprendéndonos de canto nos impide achegarnos a El. Así, poderemos comezar de novo, sen mirar atrás, con desexos de abrir un novo camiño; pero esta vez sen ningún tipo de adherencias que nos fagan caer e mancarnos. Por iso estamos agora aquí, dentro da igrexa. Xa fixemos un pequeno tramo dese camiño; e fixémolo xunt@s, como comunidade. A partires de agora teremos que ir dando pasos, ás veces pequenos, outras veces máis grandes, pero o importante é non trabucarnos, non volver a caer, non confundirnos. Iso é o que nos ofrece esta noite a celebración da pascua, da resurrección de Xesús. Un novo intento, un novo comezo, un novo empurronciño para que a nosa vida non quede parada no aburrimento, a desgana, nos costumes, no... que sempre se espera, e nunca ilusiona. Deixemos de ser previsibles, e fagamos como as mulleres que foron ao sepulcro: fagámonos escoitar!. Rachemos co que sempre se fixo, deamos verdadeiro testemuño da resurrección de Xesús sen medo, convertendo a nosa vida nun encontro cos demais para estar ao seu lado, para camiñar xunt@s, para unirnos, sen medo nin vergoña, a calquera das iniciativas que se esforzan por levar esperanza a quen non a ten. Non poñamos fronteiras a este gozo que Xesús hoxe nos ofrece e chama a anunciar uníndonos a quen ten á persoa, especialmente á persoa máis débil, necesitada e que menos se vale por si, como centro do seu actuar. Aí, con eles, é onde temos que estar os cristiáns. Non importa o que os de sempre, os que se cren puros, únicos e na verdade nos poidan dicir. Nós facemos as cousas porque estamos convencidos, porque son un ben para os demais, porque ilusionan e porque nos fan sentir preto a presenza de Xesús Resucitado.

3.- Liturxia bautismal

MONICIÓN

A auga, hoxe ben cada ben máis valorado, e tamén cada vez máis escaso, mesmo para nós que sempre tivemos abondo, é signo de vida, purificación e limpeza; por iso a liturxia desta noite quere mostrárnolo e facernos tomar conciencia de que sendo un ben que vén de Deus, debemos coidalo e non malgastalo. Ela é signo da presenza e cercanía de Deus. Entoemos agora as ladaíñas da resurrección que nos invitan a limpar o corazón coa auga fresca e clara que nos trae Xesús, véndonos reflectidos no testemuño e na vida daqueles aos que chamamos santos.

A.           LADAÍÑAS

v    Señor, ten piedade
v    Cristo, ten piedade
v    Señor, ten piedade
v    Santa María, Nai de Deus, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Miguel, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Xosé, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Pedro, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Paulo, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Francisco de Asís, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Santa Clara, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Andrés, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Xoán, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Santa María Magdalena, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v     San Estevo, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    S.Fins, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Lourenzo, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Xoán Bautista, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Santiago, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Breixo, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Mateu, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Rosendo, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Froilán, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Martiño, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Ignacio, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Santa Tareixa de Ávila, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    San Bieito, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Santa Catarina de Siena, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Beato Xoán XXIII, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Nai Tareixa de Calcuta, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Óscar Romero, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Dom Helder Cámara, Bispo do pobres, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Ghandi, Luther King e demais testemuñas de paz e amor, ENCHÉDENOS DE ESPERANZA
v    Tódolos homes e mulleres de ben, ENCHÉDENOS DE ESPERANZA
v    Pola túa morte e resurrección, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Pola forza do Espírito Santo cada día en nós, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
 
(Si hai bautizos)
v    Para que o bautismo incorpore a estes fillos teus na comunidade, ÉNCHENOS DE ESPERANZA .
v    Para que a auga do bautismo sexa para eles símbolo de nova vida, ÉNCHENOS DE ESPERANZA
v    Xesús, Fillo de Deus e amigo de Tod@s, ÉNCHENOS DE ESPERANZA .
Que a túa eficacia se manifeste nestes sacramentos, Deus de vida e luz. Que o Espírito se faga presente nas súas vidas para alentalas e acompañalas. Que a túa man acompañe a acción de quen, no teu nome, os vai acoller na fe da Igrexa. P.X.N.S. Amén.
 

B.          BENDICIÓN DA AUGA (e inmersión do cirio na pía bautismal)

Señor do pan da Eucaristía que nos dás a auga da vida , que realizas nos teus sacramentos obras admirables coa túa presenza invisible, e de xeitos diversos servícheste da auga para significar a graza do bautismo.
Señor do pan da Eucaristía que nos dás a auga da vida, que desde o comezo do mundo quixeches acompañar a presenza do ser humano santificándoo coa compaña do teu Espírito.
Señor do pan da Eucaristía que nos das a auga da vida, que nas augas do diluvio expresaches o teu proxecto dunha nova humanidade que fose capaz de deixar atrás a angustia, o enfrontamento e as ansias de dominio de uns para cos outros.
Mira, Pai, agora esta Igrexa que quere renovarse coa forza da oración e abre para ela a fonte do bautismo. Que esta auga reciba, polo Espírito Santo, a graza do teu Fillo, para que aqueles que creaches a túa imaxe e semellanza, polo bautismo morramos ao vello que levamos en nós e renazamos á luz dunha nova humanidade inaugurada en Xesús e plenificada na súa pascua.
Que a presenza do Espírito Santo, polo teu Fillo + descenda sobre esta auga que hoxe poñemos ao pé da pía bautismal, para que incorporados a Cristo, camiñemos cara á vida nova en esperanza. P.X.N.S.Amén.

C.           RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS

Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:
 
·       Estades dipost@s a loitar contra o mal que nos fai infelices e nos pecha no egoísmo?. Si, estou disposto.
·       Estades dispost@s a non deixarvos levar de canto nos aparta de Deus e fire aos irm@ns?. Si, estou disposto.
·       Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñe a cobiza, a insolidariedade e a envexa?. Si, estou disposto.
·       Credes en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas nosas mans o mundo que El creou?. Si, creo.
·       Credes en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María e pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos a nós o camiño da resurrección?. Si, creo.
·       Credes na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexa, comunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus?. Si, creo.
 
Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e confesar sexa sempre para nós a lento e esperanza no camiño da nosa vida.P.X.N.S.Amén.
(Agora tod@ nós recibimos a aspersión coa auga bendicida, que sela o noso compromiso de ser fieis á alianza bautismal)
 
Canto: A auga do Señor, cambioume o corazón

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Nesta noite de esperanza e vida, queremos, Señor, presentar a nosa oración comunitaria. Facémolo dicindo xuntos:
QUE AS NOSAS CANDEAS SEXAN SEMPRE LUZ PARA OS IRM@NS
o   Para que esta noite sexa un pulo de aire fresco nas nosas vidas, que nos leve a estar ao lado de aqueles irm@ns que pasan por dificultades e para os que a nosa palabra, a nosa man e a nosa presenza, poden ser medicina curativa, OREMOS.
QUE AS NOSAS CANDEAS SEXAN SEMPRE LUZ PARA OS IRM@NS
o   Para que a auga do bautismo nos limpe dos medos, dúbidas e desconfianzas diante das dificultades e problemas que vive hoxe a nosa sociedade, OREMOS.
QUE AS NOSAS CANDEAS SEXAN SEMPRE LUZ PARA OS IRM@NS
o   Para que e Eucaristía sexa sempre alimento de solidariedade, amor e preocupación polas persoas ás que a nosa sociedade vai deixando abandonadas na beira do camiño, OREMOS.
QUE AS NOSAS CANDEAS SEXAN SEMPRE LUZ PARA OS IRM@NS
o   Para que a luz das nosas candeas non cegue nunca aos irmáns, senón que lles axude a descubrir o seu camiño e a orientarse, para non perderse na tebra que provocan sempre os poderosos que enganan e escravizan, OREMOS.
QUE AS NOSAS CANDEAS SEXAN SEMPRE LUZ PARA OS IRM@NS
Grazas, Señor, por esta noite de pan, auga e esperanza. Que a forza da Palabra compartida e celebrada, nos axude a rachar coas cadeas que buscan converternos en escravos submisos e obedientes ao poder e á desesperanza. P.X.N.S. Amén.

4.- Liturxia da Eucaristía

REFLEXIÓN

Agora, Señor, cheos da alegría da resurrección,
queremos agradecer canto temos compartido
contigo e cos irmáns ao longo destes días.
Non só hoxe, tamén queremos agradecer que nos invitaras
a ir contigo a Xerusalén,
para recibirte cos nosos ramos.
Grazas, tamén, Señor,
porque quixeches que sentaramos a túa mesa
o día de Xoves Santo para mostrarnos
que o amor é posible, e o servizo... indispensable.
Grazas, porque nos invitaches a facer un alto no camiño
para que miraramos a cruz.
Sen ela, seguiriamos crendo
que non hai dificultade, que non é necesario o esforzo,
que a paciencia e o saber esperar non levan a nada.
E, nesta noite, non podemos dicir nada máis que grazas.
Por abrirnos camiños novos,
por ofrecernos a luz que fai que non nos perdamos;
por querer, inda que as veces nos empeñemos no contrario,
alentar e ilusionar con esperanza as nosas vidas.
Grazas por crer en nós e non deixar que nos esquezamos
do verdadeiramente importante para ti: os irmáns e as irmás.
Amén.

5.- Cantos



ENTRADA: Camiñarei na presenza do Señor
GLORIA
ASPERSIÓN: A auga do Señor
OFERTORIO: Eiquí están Señor
SANTO
NOSO PAI: No camiño do amor
PAZ: Por riba das nosas distancias
COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas
CANTO FINAL Á VIRXE: Boas noites, María


 


Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel