Ir al contenido principal

Venres Santo

Descarga o arquivo coa celebración

1)                       LITURXIA DA PALABRA

 o    Lecturas:

§  Isaías


§  Paixón segundo Xoán

 

o    Remuíño breve

 

2)                   ORACIÓN UNIVERSAL

 

o    Solidarizámonos e pedímoslle a Deus especialmente por tod@s @s crucificad@s do mundo

 

3)                    ADORACIÓN DA CRUZ

 

4)                   COMUÑÓN

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN


 

CANTO:


Arrepentido

PÓRTICO


De nada nos vale torcer a cara, agochar a cabeza debaixo das ás ou pechar os ollos diante da que está a caer. O mundo que imos construíndo non nos gusta, e temos que dicilo. Mesmo ás veces nos custa descubrir unha migalliña de esperanza e de ilusión diante dunha realidade certamente dolorosa: enfermidades, falla de traballo e de oportunidades, dificultades para chegar a fin de mes co que se gaña, persoas enganadas e que da noite para a mañá se atopan sen os aforros de toda unha vida, xente marxinada, traballadores explotados con contratos lixo, anciáns utilizados como caixeiros automáticos.... Certamente vivimos nun mundo que ben pouco se parece ao mundo que quería Xesús. si, porque hoxe, se cadra máis ca nunca, podemos dicir sen medo a equivocarnos que vivimos nun mundo de Venres Santo, un mundo de morte e cruz. É esta a cruz que nós, nesta tarde, adoramos como mostra de que non queremos quedar pasivos, de que moito ou pouco, cada un e cada unha de nós podemos facer algo para que a resignación e a desesperanza, sinais de dor e morte, se convertan en ilusión e compromiso, sinais de vida e salvación.

 

ORACIÓN


 

Lembra, Señor, que a túa tenrura e a túa misericordia son para sempre e non nos abandonan. Santifica aos teus fillos e ás túas fillas e protéxenos sempre, pois Xesucristo, o teu Fillo, no noso favor, instituíu pola súa entrega xenerosa na cruz, o camiño pascual que leva á resurrección. Amén.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LITURXIA DA PALABRA


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS


 

Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ao seu Servo.

A grande multitude quedará abraiada ante el,

pois o seu aspecto non parecía o dun home,

a súa figura non parecía a dun fillo de Adán.

Pero agora fará conmover a pobos numerosos:

por causa del os reis pecharán a súa boca,

porque contemplarán o que nunca se lles contou,

e comprenderán o que nunca escoitaron.

Quen creu o que lle dixemos?.

A quen se lle revelou o brazo do Señor?.

El subiu coma tenro gromo na súa presenza,

coma raíz en terra reseca.

Non tiña beleza nin esplendor;

vímolo, e o seu aspecto non era atraente.

Desprezado, o máis rexeitado dos homes,

varón de sufrimentos, familiarizado coa dor.

Coma alguén de quen se esconde a cara,

desprezado, non lle tivemos aprecio.

El cargou coas nosas dores,

el soportou os nosos sufrimentos.

Foi oprimido, foi aflixido;

pero el non abriu a súa boca.

Foi levado coma unha res á matanza,

e, coma ovella muda ante o tosquiador,

non abriu a súa boca.

Foi levado cun xuízo perverso,

ninguén se preocupou da súa vida.

El foi arrincado do mundo dos vivos,

para o noso ben foi ferido pola rebeldía do seu pobo.

Por isto repartirei con el xunto cos grandes,

e cos poderosos terá parte no botín,

porque entregou a súa vida á morte

e foi contado cos malvados.

                                                               PALABRA DO SEÑOR

PAIXÓN DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO XOÁN


 

C. Naquel tempo, saíu Xesús cos seus discípulos para a outra banda do regueiro Cedrón, onde había unha horta, na que entrou el e mailos seus discípulos. Tamén Xudas, o que o había entregar, coñecía aquela horta, pois en moitas ocasións estivera alí Xesús cos seus discípulos. Xudas levaba a patrulla e a garda dos sumos pontífices e dos fariseos, chegou alí con farois, fachos e armas. Entón Xesús, sabendo todo o que lle viña enriba, adiantouse e preguntoulles:

+ ¿A quen buscades?

C. Respondéronlle:

S. A Xesús de Nazaret

C. Díxolles El:

+ Eu son

C. Estaba tamén con eles Xudas, o que o entregaba. Cando lles dixo: Eu son, botáronse para atrás e caeron ó chan. Entón, preguntoulles, outra vez:

+ ¿A quen buscades?

C. Eles contestaron:

S. A Xesús de Nazaret.

C. Xesús respondeulles:

+ --Díxenvos que “son eu”: así que, se me buscades a min, deixade marchar a estes.

C. Así cumpriuse a palabra que dixera: Non perdín ningún dos que me deches.

    Entón Simón Pedro, que tiña unha espada, desenvaiñouna e feriu ó garda do Sumo Sacerdote, rabenándolle a orella dereita. O nome do garda era Malco. Pero Xesús díxolle a Pedro:

+ Mete a espada na vaíña; ¿e, logo, non hei beber-lo cáliz que me deu o Pai?

C. Entón a patrulla, o tribuno e mailos gardas dos xudeus, agarraron a Xesús e prendérono.

    Levárono primeiro onda Anás, que era sogro de Caifás, o Sumo Sacerdote daquel ano. Era Caifás aquel que lles dera ós xudeus o consello: Convén que un home morra polo pobo.

    Seguían a Xesús Simón Pedro e mais outro discípulo. Este discípulo, por ser coñecido do Sumo Sacerdote, entrou con Xesús no adro do palacio do Sumo Sacerdote.

    Pedro estaba fóra, na porta. Entón saíu o outro discípulo –o coñecido do Sumo Sacerdote-, falou coa porteira, e fixo entrar a Pedro. A porteira preguntoulle a Pedro:

S. ¿Non es tamén ti dos discípulos dese home?

C. El contestou:

S. Non son

C. Estaban os criados e os gardas facendo unha fogueira, porque ía frío, e quecían. Estaba tamén Pedro con eles, de pé, quecendo.

    Entón o Sumo Sacerdote interrogou a Xesús acerca dos seus discípulos e da súa doutrina.

    Xesús respondeulle:

+ Eu falei á vista do mundo, publicamente; eu sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan tódolos xudeus, e non falei nada ás agachadas. ¿Por que me preguntas a min? Pregúntalles ós que me oíron de que lles falei: eles saben ben o que dixen.

C. Ao dicir isto, un dos gardas alí presentes deulle unha labazada a Xesús, dicindo:

S. ¿Así lle respondes ao Sumo Sacerdote?

C. Xesús replicoulle:

+ Se falei mal, demóstrame en qué; e se falei ben, ¿por que me pegas?

C. Entón Anás mandouno amarrado onda Caifás, o Sumo Sacerdote.

Estaba Simón Pedro de pé, quentándose, e preguntáronlle:

S. ¿Non es tamén ti dos seus discípulos?

C. El negouno, dicindo:

S. Non son

C. Un dos criados do Sumo Sacerdote, parente daquel a quen Pedro lle cortara a orella, replicoulle:

S. ¿E logo non te vin eu na horta con el?

C. Pedro negou outra vez; e naquel intre empezou a cantar un galo.

Levaron entón a Xesús de onda Caifás ó Pretorio. Era a amañecida. Eles non entraron no Pretorio para non se contaminaren e así poderen come-la Pascua. Saíu entón fóra Pilatos, onda eles, e preguntou:

S. ¿Que acusación traedes contra este home?

C. Eles responderon:

S. Se este non fose un malfeitor, non cho entregabamos

C. Díxolles entón Pilatos:

S. Collédeo vós e xulgádeo segundo a vosa Lei

C. Os xudeus contestáronlle:

S. Non nos é lícito matar a ninguén

C. Así se cumpriu a Palabra de Xesús, sinalando con qué morte había morrer.

    Entón entrou Pilato outra vez no Pretorio, chamou por Xesús e Preguntoulle:

S. ¿Es ti o Rei dos xudeus?

C. Xesús respondeu:

+ ¿Dilo ti pola túa conta ou dixéroncho outros de min?

C. Pilato replicou:

S. ¿E logo son eu xudeu? A túa xente e os sumos sacerdotes entregáronte a min: ¿que fixeches?.

C. Xesús contestoulle:

+ O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían para que ninguén me entregase ós xudeus; pero o meu reino non é de aquí.

C. Díxolle entón Pilato:

S. ¿Logo ti es Rei?

C. Xesús respondeu:

+ Tal como o estás dicindo, eu son Rei: para iso nacín e para iso vin ó mundo, para dar testemuño da verdade; todo o que está aberto á verdade, escoita a miña voz.

C. Pilato preguntoulle:

S. ¿Que é a verdade?

C. E, dito isto, saíu onda os xudeus e díxolles:

S. Eu non atopo nel culpa ningunha. Hai entre vós o costume de que eu vos solte alguén pola Pascua. ¿Queredes, logo, que vos solte o Rei dos xudeus?.

C. Berraron entón outra vez, dicindo:

S. Non. A ese non; a Barrabás.

C. O tal Barrabás era un bandido.

  Entón Pilato colleu a Xesús e mandouno azoutar. Os soldados, tecendo unha coroa con espiños, puxéronlla na cabeza, vestíronlle un manto de púrpura, e, inclinándose diante del, dicíanlle:

S. ¡Salve, Rei dos Xudeus!

C. E dábanlle labazadas.

    Pilato saíu outra vez fóra e díxolles:

S. Mirade, tráiovolo fóra, para que vos decatedes de que non atopo nel culpa ningunha.

C. Entón saíu fóra Xesús, levando a coroa de espiños e o manto de púrpura. Pilato díxolles:

S. Ei-lo home

C. Cando o viron, os sumos sacerdotes e os gardas berraron:

S. ¡Crucifícao, crucifícao”

C. Pilato respondeulles:

S. Collédeo vós e crucificádeo, que eu non atopo culpa nel

C. Os xudeus replicaron:

S. Nós temos unha Lei, e conforme a Lei debe morrer, por se facer Fillo de Deus

C. Cando Pilato oíu estas palabras colleu moito medo, entrou outra vez no Pretorio e preguntoulle a Xesús:

S. ¿De onde es ti?

C. Pero Xesús non lle deu unha fala. Entón Pilato insistiu:

S. ¿Comigo non falas? ¿Non sabes que teño poder para soltarte e poder para te crucificar?

C. Xesús respondeulle:

+ Non terías ningún poder sobre min, se non cho desen de arriba. Por iso o que me entregou a ti ten maior pecado.

C. Despois disto Pilato procuraba liberalo. Pero os xudeus berraban:

S. Se soltas a ese, non es amigo do César: todo o que se fai rei, oponse ao César

C. Pilato, oídas estas palabras, levou para fóra a Xesús e sentouno no tribunal, no sitio nomeado <>, en hebreo <>. Era o día da Preparación da Pascua, alá contra as doce da mañá.

    Díxolles aos xudeus:

S. Velaquí o voso rei.

C. Pero eles berraban:

S. ¡Fóra, fóra! ¡Crucifícao!

C. Pilato preguntoulles:

S. Pero ¿cómo vou crucifica-lo voso rei?

C. Os sumos sacerdotes insistiron:

S. Non temos máis rei có César

C. Daquela entregóullelo para que o crucificasen.

    Entón colleron a Xesús. Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no medio.

    Escribiu Pilato un título e púxoo na cruz. O escrito era: Xesús o Nazareno, o Rei dos Xudeus. Moitos dos xudeus leron este título, porque o sitio onde Xesús foi crucificado estaba cerca da vila, e estaba escrito en hebreo, latín e grego. Os sumos sacerdotes dixéronlle a Pilato:

S. Non escribas “O Rei dos Xudeus”, senón que el dixo: “Son Rei dos Xudeus”

C. Pilato respondeu:

S. O escrito, escrito está

C. Entón os soldados, cando crucificaron a Xesús, colleron a roupa del –e fixeron catro partes, unha parte para cada soldado-, e maila túnica. Era a túnica, sen costura, tecida dunha peza de arriba abaixo. E falaron entre eles:

S. Non a rachemos: sorteémola a ver a quen lle toca

C. Así cumpriuse a Escritura, que di: Repartiron entre eles a miña roupa e sortearon a miña túnica.

  Tal fixeron os soldados

Ó pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Madalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai:

+ Muller, velaí o teu fillo

C. Despois díxolle ó discípulo:

+ Velaí a túa nai

C. Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el.

   Despois disto, sabendo Xesús que xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo:

+ Teño sede

C. Había alí un xerro cheo de vinagre. Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo, achegáronlla á boca. Cando probou Xesús o vinagre dixo:

+ Está cumprido

C. E, inclinando a cabeza, entregou o espírito

    Entón os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na cruz durante o sábado –pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a Pilato que lles rompesen as pernas e os retirasen.

     Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que crucificaran con el. Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle romperon as pernas, senón que un dos soldados lle traspasou o costado cunha lanza; e no instante saíu sangue e auga.

    Quen o viu dá testemuño, e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade, para que tamén vós creades. Porque isto aconteceu para que se cumprise a Escritura: Non lle crebarán óso ningún. E noutro lugar di: Han mirar para quen traspasaron.

Despois disto, Xosé o de Arimatea, que era discípulo de Xesús –anque ás agachadas, por medo ós xudeus-, rogoulle a Pilato que lle deixase retira-lo corpo de Xesús. Pilato accedeu. Foi e retirou o corpo.

    Foi tamén Nicodemo –aquel que primeiramente viñera onda Xesús de noite-, levando unha mestura de mirra e áloe de case cen libras.

     Colleron o corpo de Xesús e, segundo é costume sepultar entre os xudeus, enfaixárono en panos, con aromas. No sitio onde crucificaran a Xesús había un xardín, e no xardín un sepulcro novo, que aínda non usara ninguén.

    Puxeron alí a Xesús, por mor da Preparación dos xudeus, pois o sepulcro estaba cerca.

                                   PALABRA DO SEÑOR

REMUÍÑO


·        O día e a noite. A cara e a cruz. O anverso e o reverso. O dereito e o revés. Se o día de onte celebrabamos o AMOR, coa institución da Eucaristía, do sacramento do servizo e o día do amor fraterno; a outra parte da vida é a que celebramos hoxe: a cruz e a morte. Porque se miramos desde os ollos de Deus, descubrimos un mundo desafinado no que é moita a dor e a tristura, o sufrimento e a desesperanza que aniñan na vida e no corazón de moitos irmáns e irmás. Uns, unha pequena parte, parecen vivir alleos ao que lle ocorre a quen está ao seu lado, como se non existisen. Outros, os máis, sofren, choran, vense desprezados, manipulados e impotentes diante de situacións nas que lles resulta moi difícil percibir a presenza de Deus amor que garda silencio. A celebración deste Venres Santo invítanos a poñerlle cara a esta cruz que estamos contemplando, porque o Crucificado non é un anónimo, senón que ten rostro e nome de tanta xente do noso mundo á que moitas veces lle custa atopar un motivo para seguir vivindo. Como cristiáns non podemos pechar os ollos ou volver a cara para non ver estes sinais de morte, senón que temos un compromiso fondo de axudar para que saian desta situación inhumana.

·        A cruz de Cristo lémbranos que Deus sufre con nós. A El dóelle a fame dos nenos africanos, chora coas mulleres maltratadas día a día no seu fogar, berra con aqueles que quedan sen casa, séntese impotente coas persoas enganadas polos poderes económicos, sofre cos anciáns que son expoliados, sente a frustración das persoas que non atopan un posto de traballo que lles permita vivir con dignidade, desespérase con aquelas que non teñen con que alimentarse e con que alimentar aos seus fillos, dóese coa xente que non ten un acceso a unha sanidade pública de calidade, solidarízase coa causa de tantas e tantas persoas explotadas, silenciadas, ninguneadas, estafadas, enganadas, violadas....

·        Por iso hoxe é un día para reflexionar, para estar, para acompañar a Cristo no camiño da cruz, para sermos nazarenos...cando as cousas non pintan ben, cando toda aquela moitedume que o aclamou o domingo de Ramos como Mesías pasados cinco días berra que o crucifiquen. Hoxe é un bo momento para mirar dentro de nós, para reflexionar e pedir perdón das moitas veces na nosa vida nas que tamén nós negamos a Cristo, abandonamos a Cristo, pasamos de largo diante da cruz… sen parar a axudar, a chorar, a acompañar.

ORACIÓN UNIVERSAL


Poñamos diante de Xesús os nosos propios sufrimentos, as nosas canseiras, os nosos desánimos. Poñamos os sufrimentos daquelas persoas que coñecemos e queremos, aí, onda Cristo. Poñamos a dor, a angustia, a desesperanza de tódalas persoas; poñámolas aquí, na terra onde caeu Cristo. Que el nos dea azos para superar estas cruces. Dicimos:

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da FALTA DE SINCERIDADE. Para que o actuar de Xesús, que nunca buscou resultados favorables nin se agochou detrás de medias tintas, nos axude a buscar sempre a verdade, respectando ideas, opinións e comportamentos distintos aos nosos, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da VIOLENCIA de calquera tipo. Para que entendamos dunha vez por todas que a violencia só xera violencia e que se seguimos a lei de “ollo por ollo”, o mundo quedará cego, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da MANIPULACIÓN E DO ENGANO. Para que non nos deixemos embarcar pola retórica e pola coacción dos que mandan, senón que actuemos segundo a liberdade que Deus nos dá, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da TRAIZÓN. Para que no silencio do camiño recoñezamos a necesidade de dar a confianza da amizade, e nunca nos vendamos ao mellor postor, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da COMENENCIA, que nos escraviza e fai que actuemos non en función duns principios e valores, senón buscando o noso propio proveito. Para que o noso non sexa nunca un actuar interesado, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz do BALEIRO INTERIOR, que a tanta xente afoga e impide respirar. Para que nunca esquezamos que o verdadeiramente importante non está no ter, senón está no ter, senón no colaborar, compartir e traballar por unhas relacións máis xustas entre nós, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*        Poñemos diante de Deus a cruz da INTOLERANCIA. Para que sempre lembremos que Xesús non quere seguidores fanáticos, senón seguidores sinxelos que se esforzan en facer da súa vida experiencia de tolerancia, diálogo e búsquea de puntos de encontro con quen pensa distinto, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*        Poñemos diante de Deus a cruz da ENVEXA. Para que sempre abramos os ollos á claridade da luz que está en Xesús, pondo a nosa forza no Deus que nos chama a traballar contra o engano, a inxustiza e a envexa, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da INDIFERENZA, que endurece o noso corazón, levándonos a mirar cara outro lado ou a buscar a cruz como espectáculo, despreocupándonos dos demais e mergullámonos no noso egoísmo e no noso individualismo. Para que non sexamos insensibles ante as persoas e os acontecementos que pasan no mundo, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da VIOLENCIA DOMÉSTICA. No noso mundo, Señor, as mulleres son en demasiadas ocasións, desposuídas da súa dignidade: maltratadas, asasinadas, obrigadas a prostituírse, consideradas coma simples obxectos, sen acceso á educación e á cultura. Por todas aquelas que sofren polo simple feito de ter nado mulleres, OREMOS.

 

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 

*       Poñemos diante de Deus a cruz da VELLEZ, unha pesada carga para os nosos maiores que, despois de toda unha vida adicada aos demais, vense arrinconados, esquecidos, abandonados ou utilizados como simples caixeiros automáticos. Para que os acollamos, valoremos e mostremos o lles mostremos o amor que merecen, OREMOS.

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

*       Poñemos diante de Deus a cruz do PARO, que ten o rostro de máis de cinco millóns de persoas no noso país. Para que loitemos por un reparto xusto do traballo, por un salario digno e por unhas condicións laborais axeitadas para todas as persoas, OREMOS.

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

*       Poñemos diante de Deus a cruz da ENFERMIDADE, que levan as persoas que a sofren e as súas familias. Para que reivindiquemos unha sanidade de calidade, na que as persoas sexamos tratadas como tal e non coma simples números, OREMOS.

CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN


















*       Finalmente, poñemos diante de Deus a cruz da INXUSTIZA, de calquera xeito de inxustiza. Para que nunca calemos, consintamos ou caiamos na tentación de usar, aproveitarnos ou pasar dos demais, OREMOS.
 
CRUZ DE CRISTO, CRUZ DE VIDA, CRUZ DE ESPERANZA, CRUZ DE SALVACIÓN

 
Deus do consolo e da escoita, fai que cantos se senten oprimidos e desesperanzados atopen en Ti o agarimo que os leve a loitar con forza e sen desmaio contra as dificultades que os azoutan. PXNS. Amén.

ADORACIÓN DA CRUZ 


1) MONICIÓN

Neste Venres Santo. Venres de dor e tristura, achegámonos para adorar a cruz e sentir, desde Xesús, a dor de tant@s irm@ns nosos que desde todos os recunchos do mundo ven a súa vida ameazada, rota e pisada pola forza de quen ten o poder. Adoramos a cruz e sentímonos implicados na tarefa de facer que desaparezan todas as cruces que segue habendo na vida das persoas.

2) INVITACIÓN PARA MOSTRAR A CRUZ

Desde o fondo da Igrexa, tres persoas con velas traen a cruz

Mirade a árbore da cruz, na que estivo cravada a salvación do mundo

Vinde adorala
   

3) ADORACIÓN DA CRUZ

En silencio, achegámonos a adorar a cruz, facendo antes unha leve inclinación. Mentres, sona música clásica de fondo.

 

COMUÑÓN


Noso Pai

Año de Deus

Distribución da comuñón

Oración
 
Chegamos ao remate desta celebración na que nos invitaches, Xesús, a poñer os ollos na inxustiza, na incomprensión, na desesperanza e na tristura que vai invadindo pouco a pouco a nosa sociedade. Nas nosas parroquias, entre os nosos familiares e amigos, imos atopando persoas que ven que se lle pechan todas as portas, e non acaban de descubrir nin unha pequena raiola de luz e esperanza de futuro. Que nós saibamos estar ao seu lado coa nosa presenza agarimosa, co noso tempo sen reloxo e coa nosa man solidaria e disposta a compartir. Pomos este esforzo na túa man, para que non deixemos que decaia. Amén.

 
BENDICIÓN
Que a túa bendición, Señor, descenda con abundancia sobre esta comunidade que vén de celebrar a morte do teu Fillo coa esperanza da chegada da resurrección; que a túa esperanza, misericordia e perdón enchoupen as súas vidas, e a súa fe os leve a preocuparse polos irmáns que necesitan de mans que os axuden e acompañen. P.X.N.S. Amén.

 

CANTOS
ð ENTRADA: Cando me colle a noite no camiño
ð LECTURAS: Arrepentido
ð ADORACIÓN DA CRUZ: Música clásica de fondo
ð COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel