Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

3 Coresma

QUEN NON APRENDE A DISTINGUIR O DESERTO DO BOSQUE, CORRE O RISCO DE PERDERSE SÍMBOLO CORESMAL
Continuamos desenvolvendo o sinal do colector de lixo que temos escollido para esta coresma. Hoxe botaremos nel os abandonos, os cansazos, a mentira, o esquecemento -buscado ou non-, de tantas persoas que co seu esforzo, traballo e entrega non permitiron que o legado da fe se perdese e chegara ata nós
Neste terceiro domingo, o noso colector será de cor verde e levará escrito: “O Señor é misericordioso e clemente”. PÓRTICO
Moisés e Paulo non deixan de lembrar ao pobo, vello e novo Israel,que se non se esforzan por saber quen son e de onde veñen, se non se esforzan por coñecer as súas raíces, poden acabar perdidos e desorientados, como se non souberan que facer ou como orientar a vida. Do mesmo xeito, tamén nós, se non facemos ese esforzo por non perder a historia que outros foron construíndo e nos foron legando, por coñecer e recoñecer o esforzo de xeracións anteriores, de parentes e amigos, de ta…

2 Coresma C

PÓRTICO Como se non fósemos conscientes do que está ocorrendo, cada día son máis os colectivos que a sociedade vai deixando nas beiras, entrando na dinámica da invisibilidade, como se esquecer, aparcar ou non falar de persoas e situacións supuxera que xa non están, que desapareceron, que xa non son problema. E tan así é que pouco a pouco a sociedade vai permitindo que esta invisibilidade creza. De certas cousas non se fala –control ideolóxico para evitalo-, cámbianse as palabras para que non asomen con toda a dureza do seu significado, evítase calquera referencia a colectivos que están pasando por momentos de dificultade ou foron enganados por aqueles nos que confiaban. Prodúcese así o paradoxo de que na sociedade da información, vívese na máis absoluta desinformación. O que hai que dicir, cando dicilo, como dicilo... regúlase, contrólase e modúlase, como se non mostrar a realidade supuxera que non existe!. Teremos que seguir calados e adormecidos diante desta situación?.

O Evanxeo de h…

1 Coresma

SÍMBOLO CORESMAL
COLECTORES DE LIXO EN CORES DISTINTAS
Colocaremos un panel grande e visible diante do altar. Cada domingo iremos pegando nel a silueta dun colector de lixo de distintas cores (verde, amarelo, azul, gris e morado), no que estará escrita a resposta do Salmo Responsorial. Así teremos diante nosa ao longo da coresma un sinal que nos invitará a reflexionar sobre a necesidade que temos de ir botando ao lixo aquelas cousas das que debemos desprendernos pois, ademais de non axudar a que sexamos máis felices, converten a nosa vida nun camiñar plano, sen ilusións e marcado pola rutina e o aburrimento. Para darlle máis expresividade ao sinal, no momento do perdón faremos referencia a algunhas actitudes negativas, que a forza de repetilas, van facendo callo en nós e non nos deixan abrir fendas de renovación, cambio, valoración positiva da nosa persoa, capacidade, esperanza, esforzo, superación do individualismo.
Deste xeito, se nos empeñamos en tomalo en serio, ao final da coresma t…

5 domingo TO C

NON HAI XUSTIZA SEN IGUALDADE (CAMPAÑA DE MANS UNIDAS, XORNADA CONTRA A FAME) PÓRTICO Nas comunidades cristiás, o segundo domingo de febreiro é o día no que celebramos a Campaña da Fame. Chegado este día, Mans Unidas, a ONG católica que traballa no mundo máis empobrecido, dirixe un lóstrego ás nosas conciencias para que non esquezamos que o mundo non remata nin na nosa parroquia, nin no noso concello nin no noso continente. Máis alá das fronteiras que os seres humanos temos establecido para dividirnos, érguese unha mensaxe que nos urxe a vivir de verdade e plenamente o que significa a nosa catolicidade: non somos só para o noso recuncho e para os nos@s, senón para todas as persoas.
O lema deste xornada número cincuenta e catro é “Non hai xustiza sen igualdade”. Mans Unidas quere sensibilizar e actuar sobre a promoción da igualdade entre sexos e a autonomía da muller, denunciando as graves discriminacións que sofren elas en temas coma asistencia sanitaria, acceso á educación e ao traballo …