Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2013

4 domingo TO C

AS DIFICULTADES SON MOITAS E ESPERANZA POUCA. NECESITAMOS PROFETAS QUE NON SE DEIXEN ARRASTRAR POLO DESCORAZONAMENTO QUE NOS VAI INVADINDO A TOD@S PÓRTICO             Que doado é falar, pero que difícil actuar, facer, comportarse segundo o que dicimos ter claro!. Este paradoxo, do que ningún de nós estamos excluídos, é o que nos quere plantexar a palabra que imos proclamar na celebración. As cousas non resultan fáciles, e na sociedade das tecnoloxías máis avanzadas sobran pretendidos mestres e fáltannos verdadeiras testemuñas. faltan profetas de ilusión e cambio, profetas de renovación e loita, profetas con visión de futuro, profetas que non estean dispostos nunca a deixar que o presente esmoreza, porque o actuar interesado e sempre calculado de quen só ve e busca resultados, sen pararse a coñecer, escoitar e dialogar coas persoas, non crea máis que frustración.             Acheguémonos á mesa da fraternidade dispoñéndonos a deixar que a palabra proclamada vaia enchoupa

3 Domingo TO C

PORQUE O PRESENTE TAMÉN É TEMPO DE SALVACIÓN.... HOXE CÚMPRESE EN NÓS ESTA ESCRITURA PÓRTICO Dinos a Palabra de Deus que ela é espírito e vida; é dicir, presenza viva, e sempre actuante, en nós e con nós. É polo tanto unha palabra que non pasa de moda, que non perde actualidade, que non se deixa asoballar por outras moitas palabras efémeras e que facilmente se esquecen. Esta é unha palabra que perdura no tempo e busca que lle fagamos un oco na nosa vida, non para quedarse como se fose unha ocupa, senón para facer da nosa existencia esforzo continuado de esperanza, comuñón, traballo compartido e amor solidario que cambia os corazóns. Que este noso encontro comunitario nos alente para acoller e converter en vida esta palabra proclamada. O PERDÓN ¨       Polas veces nas que en lugar de buscar a unión somos motivo de división, sementando discordia e buscando enfrontamentos dentro das nosas familias, cos nosos veciños, no noso traballo, na nosa parroquia, SEÑOR, DEVÓLVENO

Lecturas 2 Domingo Tempo Ordinario C

PRIMEIRA LECTURA Lectura do libro do Profeta Isaías Is 62, 1-5 Por amor de Sión non calarei, por amor de Xerusalén non acougarei, ata que rompa coma o día a súa xustiza, e alume coma unha lámpada a súa salvación. Os pobos verán a túa xustiza e tódolos reis a túa gloria, chamaráseche cun nome novo, que a boca do Señor pronunciará. Serás coroa preciosa na man do Señor, diadema rexia na man do teu Deus. Non se che volverá a chamar "Abandonada", nin á túa terra "Desolada". A ti han chamarche "Miña predilecta", e á túa terra "Desposada", porque o Señor comprácese en ti, e a túa terra vai ter esposo. Como casa un mozo cunha virxe, casa contigo o teu Constructor. O gozo que sente o noivo pola noiva, sentirao o teu Deus por ti. SALMO RESPONSORIAL Sal 95, 1-2a. 2b-3. 7-8a. 9-10a e c R/ (3): Anunciade ante tódolos pobos as marabillas do Señor.   Cantádelle ó Señor un cántico novo, cantádelle ó Señor, a terra enteira; cantádelle ó Señor,

2 Domingo Tempo Ordinario C 2013

SÓ OS SINAIS DE AMOR FAN CRIBLE A COHERENCIA DA IGREXA NO MEDIO DUNHA SOCIEDADE ENCHOUPADA POLA CRISE E A DEGRADACIÓN DO SER HUMANO PÓRTICO             O amor de Deus foi vertido nos nosos corazóns ata rebordar. Si, pero a fondura dese amor non se manifesta en abstracto ou só nas palabras, senón que se vai mostrando nas accións, grandes ou pequenas, de cant@s temos a Deus por raíz de vida e tronco do que saen as pólas do encontro cos irm@ns a través das nosas accións e comportamentos. Non podemos falar que temos comprendido o amor de Deus se buscamos só o noso proveito, a nosa comenencia ou o noso interese. Así, dificilmente poderemos entender que quere dicir amar e tampouco aprenderemos o que é o amor. Hoxe a palabra de Deus móstranos os sinais do amor que se van facendo presentes na estabilidade dun compromiso, na capacidade de escoitar e non actuar arroutadamente, no xesto de confiar a pesares das dificultades que esa confianza supón e esixe.             Participemos na

Oracións Bautismo do Señor 2013

ALGUNHA VEZ POLO MENOS Que te vexa, Deus, que te sinta e que te palpe. Algunha vez polo menos. Que a túa man aloumiñe o meu corpo ensombrecido. Algunha vez polo menos. Que a túa voz me devolva a frescura esmorecida. Algunha vez polo menos. Que o teu alento descenda e me encha de enerxía. Algunha vez polo menos. Que a túa voz me dea acougo cada noite; e cada día. Algunha vez polo menos. Que teña a ledicia inmensa de sentir a túa sombra cubrindo a miña fraqueza. Que algunha mañá sequera sinta o teu bico aceso co aire que me esperta. E serei un con Xesús en tanta loita diaria sen medo a caer en cruz. E levarei os traballos, e atoparei forzas novas para poder amansalos. E farei corpo cos pobres, con eles abrirei paso, buscando o Reino de Deus feito de pulsos e abrazos.   UN POBO QUE EMPEZA O SEU CAMIÑO O Pobo estaba esperando ó Mesías ... Feliz a xente que sabe agardar, humilde e v

Bautismo do Señor

COMPRACID@S EN XESÚS POR TERNOS ABERTO A PORTA DA SALVACIÓN Pórtico Invítanos o salmo a proclamar, non só coa boca senón tamén co corazón, que o Señor bendinos a tod@s coa paz. Paz como desexo, paz como tarefa, paz como compromiso de tod@s, paz como camiño para o entendemento, paz... sempre a paz como guieiro das nosas vidas. É a paz que Deus nos invitou a construír desde o día do noso bautismo, para que a presenza do Espírito se vaia mostrando na nosa vida e comecemos a sentir a súa forza á hora de actuar, de comprometernos, de ir dando razón da nosa esperanza. É a paz que nos trae tamén a oración que por nós compartiron pais e padriños o día do noso bautismo; unha paz que, desde a perspectiva do camiño iniciado no comezo do Advento ao ir presentando os grandes textos do Concilio Vaticano II, nos pide hoxe que canto de gozo e renovación aportou o Concilio, non o esquezamos nin o deixemos esmorecer. Ao contrario, na celebración de hoxe invítasenos a que tomemos conciencia do