Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2012

REMOL NADAL 2012

XA NON SOMOS PERSOAS SOLITARIAS, SENÓN SOLIDARIAS PÓRTICO Bo día e bo Nadal para todos e todas vós!!!!!!!!!!!!. Non foron poucos os anos nos que a nosa mirada durante este tempo de Nadal se dirixiu cara fóra, cara ao superficial, cara a aparencia. Agora, coa que está caendo, resúltanos difícil comprender o Nadal sen moitas cousas materiais ás que, por mor da crise económica, temos que renunciar este ano: un agasallo custoso, unha boa comida ou unha decoración propia. Parece que o Nadal se volveu estraño para os nosos fogares e mesmo semella un pouco paradóxico falar de ledicia, de esperanza, de tenrura.             Porén, como lle ocorreu á Igrexa coa graza do Concilio Vaticano II, este tempo de crise obrígannos a mirar cara dentro de nós, abrir a ventá do noso corazón e deixar que entre a luz e o sol de Deus...para nacer unha vez máis con aquel que nace pobre, indefenso, desprezado. Aínda que ás veces parece que vivimos nunha noite escura, e pensamos que nunca pasará, que no

4 Advento C

SÓ SE OS GOZOS E ESPERANZAS, TAMÉN AS TRISTEZAS E ANGUSTIAS, DAS PERSOAS SON OS GOZOS E ESPERANZAS DA IGREXA, ESTA, PODE FACERSE CRIBLE   Pórtico D e gozos e esperanzas fálanos a constitución do concilio que quixo tratar o tema da necesidade do diálogo reaI co mundo. Uns gozos e esperanzas que invitan a ser unha Igrexa comprometida, aberta, solidaria, fraterna e sinxela, sempre buscando facerse presente desde a coherencia a Xesús e á súa mensaxe. Nesta mañá do cuarto domingo de Advento, logo de ter presentado os tres grandes documentos anteriores do concilio Vaticano II, queremos, seguindo os pasos do concilio, ser no medio do mundo man aberta para deixarnos acompañar por todos aquel@s que non buscan o seu interese, senón servir para facer do mundo, e ofrecer ás persoas, berce de encontro e experiencia comunitaria. Que estes catro domingos de Advento, nos teñan axudado a descubrir que o camiño iniciado hai cincuenta anos polo concilio, non ten xa volta atrás. E se naquel mom

2 Advento 2012

PALABRA VIVA, TRANSFORMADORA E GOZOSA Pórtico Neste querer acompasar os domingos de Advento coa conmemoración da celebración dos cincuenta anos do Concilio Vaticano II, queremos traer hoxe á nosa celebración o texto que o concilio, non sen grandes esforzos polos debates que a súa elaboración suscitou, adicaba ao tema da Revelación de Deus ao mundo. Con el quería invitar aos cristiáns a comprender toda a experiencia de amor, gratuíto e servizal, de Deus para con nós; quen de moitos xeitos e ao longo de tódolos tempos se foi facendo presente na experiencia humana. Esta invitación do concilio supuxo un gran desenvolvemento e dinamismo para coñecer e estudar a Palabra de Deus, Palabra sempre viva e alentadora da fe e da vida da Igrexa. Con isto, os pais conciliares queren resaltar que ela é a “alma” da vida cristiá. É dicir, o cerne, da que bebe e fundamenta todo canto nós queremos expresar cando dicimos: teño fe. Este documento chamouse a Dei Verbum –Palabra de Deus–