Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2012

1 Advento C

UNHA IGREXA CHAMADA A SER LUZ DAS XENTES E POBO DE DEUS PÓRTICO             Xa estamos outra vez no tempo de Advento, o que nos indica que comezamos a preparación para recibir ao Señor que chega ao corazón de cada un e cada unha de nós. Catro semanas nas que somos chamados a poñernos en camiño, a romper dunha vez por todas a inercia de pensar que a vida non é máis ca unha sucesión de minutos que se converten en horas, días e anos; catro semanas para ir crecendo por dentro e preparando en nós o berce no que acoller ao neno.             Neste Ano da Fe co que a Igrexa quere celebrar os cincuenta anos do comezo do Concilio Vaticano II –1962-, a nosa proposta quere ser un impulso que nos leve a coñecer e reflexionar sobre o que tal acontecemento ten suposto na vida da Igrexa. A tal fin, cada un dos domingos iremos presentando unha das catro Constitucións que conforman o traballo que o Concilio ofreceu a toda a Igrexa para renovarse e estar no mundo con actitude de diálogo e

Catro candeas de Advento

CATRO CANDEAS ACENDIDAS PARA UNHA IGREXA COMPROMETIDA E XERADORA DE ESPERANZA Ao comezo do tempo de Advento volvemos poñernos en camiño cara ao Nadal. O Nadal no que Deus vén para quedarse e facerse compañeiro no camiñar; un camiñar que non está a ser nada doado, senón mais ben cheo de atrancos, dificultades e desilusións. Nesta situación, os católicos, seguimos querendo aportar esperanza, xerar encontro, superar individualismos, unir experiencias que posibiliten facer ese camiño en comunidade, non para quitarlle dureza, que a ten e a seguirá tendo, senón para sentir o corazón solidario de quen considera que a comunidade alenta, escoita, acompaña e axuda. Neste Advento, cando sentimos o gozo de celebrar os cincuenta anos do comezo do Concilio Vaticano II , e desenvolvendo as iniciativas que desde este acontecemento van facendo que este Ano da Fe sexa un tempo de presenza viva e anuncio gozoso de que o Evanxeo segue a ter actualidade; queremos que a Palabra viva e sempre renovada

Cristo Rei Lecturas

Primeira Lectura     Dn 7, 13-14 O seu poder é eterno LECTURA DO LIBRO DE DANIEL             Proseguín ollando as visións nocturnas, e, velaquí, sobre as nubes do ceo viña alguén semellante a un fillo de home, que se dirixiu cara ao ancián e se presentou diante del.             Foille outorgado poder, maxestade e imperio, e servírono todos os pobos, nacións e linguas.             O seu poder é un poder eterno, que non pasará nunca, e o seu reino endexamais será destruído.                           Palabra do Señor                              R/. Grazas a Deus   SALMO RESPONSORIAL      Sal 92, 1ab. 1c-2. 5 R/.   (1a):   O Señor reina vestido de maxestade. O Señor reina, vestido de maxestade; o Señor está vestido e cinguido de poder. O mundo está firme e non abalará. Consolidado está o teu asento desde sempre, ti es desde a eternidade. A revelación do Señor é verdadeira, a santidade é o ornato da túa casa, polos séculos, Señor.     Segund

Oracións Cristo Rei

SEMPRE A VERDADE En cada xesto escondido, en cada feito aplaudido, a verdade sempre.   En cada falar cantado, en cada silencio obrigado, a verdade sempre.   Nas noites de escuras tebras, nos días de luz sen nebras, a verdade sempre. Cando hai rosas nos camiños ou, no seu canto, hai espiños, a verdade sempre. A xeito de manto, por fóra, e no cerne da alma toda, a verdade sempre. En cada recanto do corpo, en cada pracer e en cada loito, a verdade sempre. A verdade para o rico que o libere do seu vicio, a verdade sempre. A verdade para o pobre, que da pobreza o recobre, a verdade sempre. Para esta terra galega, onde a mentira non escasea, a verdade sempre, sempre a verdade. DAR AS GRAZAS   Ensíname, Señor a dicir: Grazas! Grazas en distintos idiomas, grazas ás distintas persoas pero, sobre todo, Señor, grazas porque ... ¡existes! Grazas pola túa Eucaristía, grazas pola túa Nai,

Cristo Rei

DESPOIS DE TANTO TEMPO, AÍNDA SEGUIMOS DESCOLOCAD@S POLA SÚA REALEZA: UN REINADO PARA E DENDE O SERVIZO PÓRTICO Resulta irónico que neste momento socialmente tan difícil que estamos a vivir, falemos de reinado de Deus. Porén, se nos fixamos nas palabras que acompañan o participio reinado, darémonos conta de que ao que nos referimos non é a unha cuestión física (un territorio), nin tampouco unha cuestión política (a institución de goberno dun país). Non, ao que nos referimos, coas palabras xustiza e paz, é a dous dos grandes valores que sempre foron unidos ao actuar e predicar de Xesús. Por iso o seu reinado baséase na realización daquelas actitudes que conformen a defensa do ser humano e a construción de comunidades humanas asentadas sobre os valores que fan que as persoas, e non os resultados nin os intereses, sexan o primeiro e o principal. E iso é o que hoxe os cristiáns e as cristiás de todo o mundo celebramos, reuníndonos para compartir a fe e participar das nosa

33 Domingo TO B

A FORZA DA COMUNIDADE TÉNDENOS A MAN ESPERANZADA QUE SUPERA TODA DESESPERANZA PÓRTICO Tod@s somos conscientes dos problemas e dificultades que a crise está a producir. Problemas que non son só ter perdido o traballo, a vivenda ou o coche, senón que todas esas situacións levan ao desmoroamento do sentido, do horizonte e da razón pola que vivir. É dicir, a unha crise existencial que vai socavando os alicerces sobre os que as persoas asentamos canto facemos e as relacións de uns para cos outros. Porque, se todo o que tanto nos custou xuntar, o perdemos nun momento..., que sentido ten seguir vivindo ou seguir esforzándose por acadar as cousas, se ao final todo ese esforzo se queda en nada?, preguntámonos moitas veces. Diante da dureza desta situación, dureza que día a día vai indo a máis, os cristiáns temos que tomar conciencia da importancia, como apoio e forza, que ten a comunidade da que formamos parte. Se non somos capaces de estar, en presenza, en colaboración e en axuda, ao l