Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2012

22 Domingo TO B

NON TODO O MONTE É OUREGO, POR ISO CÓMPRE NON CONFUNDIR O TOUCIÑO COA VELOCIDADE PÓRTICOEn máis dunha ocasión tennos matado a nosa “pretendida e excesiva” fidelidade. Si, inda que nos resulte estraño, quen algunha vez non se deixou levar polo que manda a letra, esquecendo ás persoas que vían que esa mesma letra os facía infelices?. Quen, en máis dunha ocasión, non se ten amarrado á literalidade para xustificar os propios medos e inseguridades?. Quen non ten posto as normas por diante do corazón das persoas para pretender ter tranquila a súa conciencia? A Palabra invítanos hoxe a fuxir destas falsas fidelidades, e a non esquecer que o único importante, o que verdadeiramente nos fará felices, non é o seguir un manual cunhas letras, que tantas veces matan, senón axudar, compartir, empatizar coa xente, con todas aquelas persoas nas que Deus se nos mostra. Acollamos, entón, esta Palabra, e camiñemos nela. O PERDÓNPorque moitas veces deixámonos levar pola frivolidade e a superficialidade; SEÑO…

Domingo 21 TO B

SEÑOR, A QUEN IREMOS?. TI TES PALABRAS DE VIDA.
PÓRTICO
O Evanxeo volve lembrarnos que só o Señor ten palabras de vida; unha vida chea de sentido e forza; unha vida de loita e esperanza; unha vida de colaboración e de encontro solidario. Esta é a vida que os crentes atopamos en Xesús. Pero é en Xesús, e non debemos confundila nin co poder, as riquezas ou os pontificais afastados do que preocupa ás persoas; e moito menos a vida en Cristo se identifica co papa, os bispos ou os curas. A vida en Cristo ímola descubrindo no evanxeo, boa nova ofrecida para acoller e poñer en práctica alí onde esteamos os que nos chamamos crentes. Evitar perder este rumbo é a tarefa que fai que esteamos sempre en actitude receptiva e activa, sen deixar que a presenza da fe esmoreza porque non acabamos de enraizala para que o que cremos e vivimos camiñe polo mesmo vieiro, sen separación nin distancia. O PERDÓN *Porque no eido da fe presumimos de que sabemos ben a teoría; pero non a levamos á práctica, SEÑOR QUE N…

Domingo 20 TO B

Camiñemos na sensatezPÓRTICO Que difícil, neste tempo de presa e urxencia, abordar as cousas coa reflexión que elas merecen, sen estar agoniados polo tempo, senón buscando canto de verdade axuda e é importante para as nosas vidas!!!!!. Inda que o digamos e escoitemos unha e outra vez, a tod@s nos custa poñerlle tempo e reflexión ás nosas decisións, e acabamos deixándonos levar non polo que é o mellor para nós, senón polo que fan e din todos, coma se ir a contramán nos convertera en patiños feos, raros e illados. Ás veces mesmo parece que non estiveramos dispostos ou non foramos capaces de superar a presión, e acabamos actuando e comportándonos non segundo o que son os valores desde os que encaramos a vida, senón desde o que fan todos; non por convición, senón polo medo a, sendo nós mesmos, sentir a incomprensión dos demais e a soidade. Esquecemos entón algo moi importante: se queremos ser cristiáns no mundo de hoxe temos que estar dispostos a facer da nosa vida icona da mensaxe de Xe…

Domingo 19 TO B

PÓRTICO
Tamén a nós hoxe, o mesmo que no pasado ao profeta Elías, vennos a tentación de deixalo todo, de cortar polo san e desaparecer. Elías, cando todo se lle viña abaixo e o desánimo era tan grande que non vía outro camiño, non era capaz de descubrir unha razón para seguir vivindo, para comezar de novo, para non deixarse ir e virse abaixo totalmente, pois non había porta que atopara aberta. A súa desesperación era moita e as súas forzas xa deran todo de si.
Nesta situación sente a presenza de Deus nel para acompañalo desde a dureza da situación pola que estaba a pasar, e o que parecía que estaba abocado ao final, acaba emerxendo como estímulo e alento en forma de auga e alimento. O mesmo que fixo con Elías, tamén para nós, nestes momentos de dificultade, Deus preséntasenos na nosa vida en forma de axuda, compañía e alento. Diante da demagoxia e das mentiras dos que teñen poder, cartos e capacidade de goberno, e son incapaces de renunciar a nada poñéndolle cangas moi pesadas sobre os…

Domingo 18 TO B

RENOVARNOS PARA SER TESTEMUÑAS CRIBLESPÓRTICO
Que sinais fas para que creamos en Ti?. Velaí a pregunta que lle lanzan a Xesús os seus contemporáneos. Esa é tamén a pregunta que hoxe estamos chamad@s a respostar nós, cristiáns e cristiás do século XXI: que aportamos, coma Igrexa, coma seguidores de Xesús, ao noso mundo e á nosa sociedade?. Da resposta que lle deamos a tan importante cuestión, dependerá que a nosa sexa unha Igrexa crible, testemuñal, compañeira, coherente, nai.... Por desgraza, sabemos que moitas veces non ten sido así. No fondo deixámonos levar do laio estéril e das rutinas e inercias, ancorados no “sempre se fixo así” ou no “iso nunca se fixo así”.
Porén, Deus chámanos a non ter medo, a sermos creativ@s, a comezar de novo, a ensaiar novos plantexamentos, a deixar atrás a comodidade.... nunha palabra: a saber ler os sinais dos tempos, inculturando a nosa fe nas distintas realidades que forman a nosa vida.
A que esperamos para aprender esta nova linguaxe?. Nunca é tarde pa…