Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2012

Domingo 13

SABER QUE SOMOS A SÚA IMAXE, ESÍXENOS E COMPROMÉTENOS A RECOÑECELA PARA DENUNCIAR A QUEN A ASOBALLAPÓRTICOSon moitas as veces nas que temos escoitado que a Palabra de Deus é atemporal, é dicir, que non ten data de caducidade, senón que sempre é actual. Pois ben, iso que ás veces non temos demasiado claro, hoxe maniféstasenos nas lecturas que imos proclamar dun xeito transparente. Si, porque nos tempos de crise coma os que estamos a vivir, nos que cada día son máis as persoas abocadas ao paro, nos que os comedores sociais cada vez están máis ateigados de xente que non ten nada para comer, nos que en demasiados fogares hai que facer verdadeiros milagres para chegar a fin de mes e noutros non se chega nin tan sequera facendo milagres, a lectura de Paulo que imos escoitar cobra plena actualidade e quere ser toda unha chamada para que os que nos consideramos seguidores de Xesús aprendamos a estar neste noso mundo no que os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez son máis pobres:…

San Xoán Bautista

E TI, DE QUE LADO ESTÁS?....
D@S CHAMAD@S A VIVIR EN SANTIDADE E EN XUSTIZA PÓRTICO Os textos que imos proclamar hoxe queren ser unha chamada a vivir en “santidade e en xustiza”. Si, porque vivir en santidade é vivir con toda a dignidade de persoa que ten como prototipo a Xesús, e vivir en xustiza implica que todo ser humano poida chegar a ser o que ten que ser, o que Deus quere que sexa. Xustiza é poder medrar física, intelectual, social, cultural e moralmente. Xustiza é ter unha vivenda e un medio digno de sustento. Xustiza é vivir con dignidade de fill@ de Deus e tentar darlle a esa dignidade a todas as persoas, sobre todo ás que máis o precisan.
Que a festa que hoxe celebramos, o nacemento de Xoán Bautista, o máis grande entre os profetas, nos axude a desenvolver esta tarefa profética á que tod@s nós estamos chamad@s.
O PERDÓNPorque moitas veces negámonos a responder con sinxeleza e ledicia á túa chamada e só buscamos recoñecemento, loanzas efémeras, prestixio ou poder, SEÑOR, QU…

Domingo 11 TO

EN TEMPOS DE SECA DE HUMANIDADE, NECESITAMOS SEMENTE QUE DEA FROITO DE ESPERANZAPÓRTICONon están os tempos para despilfarros e gasto innecesario. A cousa non pinta ben, e agora tócanos pagar o que ata non hai moito nos parecía do máis normal: gasto en obras faraónicas, reivindicacións para que levaran todo ata a porta da casa, subvencións para facer, ou non facer, cousas que noutro tempo eran froito da colaboración e a gratuidade dos veciños. E tanto foi o cántaro á fonte, que acabou por romper. Por iso, neste momento de tanta dificultade, necesitamos resituarnos, pararnos e pensar, con sinceridade e sen tentar enganarnos a nós mesmos, sobre cales son as necesidades fundamentais da nosa vida. Que queremos, que buscamos, que é o que nos pode axudar a ser mellores persoa e máis felices?. Só a partires de aquí poderemos comezar a endereitar a situación. Porque, é verdade, os que nos mandan teñen unha parte grande de culpa, pero tamén nós temos algo que dicir, ou non?. Non vaia ser que, p…

Corpus 2012

VIVE CON SINXELEZA E A ECONOMÍA DA GRATUIDADE FARANOS FELICES(CAMPAÑA DE CÁRITAS)PÓRTICO Compartir a mesa é o gran símbolo da convivencia, da reconciliación, da inclusión; e desde o Antigo Testamento, os banquetes son a mellor metáfora do que Deus lle prepara ao seu pobo. O banquete da comida fraterna é a imaxe que elixe Xesús para falarnos do reino de Deus. Por iso, hoxe, domingo do Corpus, é un bo día para preguntarnos como e con quen compartimos o banquete da nosa vida, a quen sentamos á mesa do noso tempo, da nosa amizade, dos nosos bens, do noso interese e a quen excluímos e por que; para medrar con ese talante de incorporar, agregar, atraer, xuntar.... proxectando estratexias que non exclúan a ninguén.
E neste contexto de non exclusión, celebramos o día da caridade, que nos lembra que o presente é, se cadra máis ca nunca, tempo de caridade, tempo para vivir unha economía da gratuidade e ao servizo dunha sociedade máis xusta que saiba redistribuír os bens e os servizos para todas a…