Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2012

5 Coresma B

PORQUE PARA TI NON EXISTEN CRISTIÁNS “CON DENOMINACIÓN DE ORIXE”... GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!! PÓRTICO Dinos a primeira lectura do Libro dos Feitos que hoxe proclamaremos, que os membros da comunidade tiñan medo de Paulo, non acababan de crelo nin de fiarse del. Non esqueceran que había ben pouco tempo que aquel que agora se achegaba como membro do grupo, andara a perseguilos. Tamén nos pode pasar a nós que non acabemos de fiarnos de tantas persoas que están dispostas a cambiar; de tantas persoas que queren romper co pasado, deixalo atrás, para reorientar a súa vida, e que buscan en nós unha man amiga que os acolla e acompañe.
Este quinto domingo da pascua invítanos a reflexionar sobre cal é a nosa reposta diante destas situacións, para que nos esforcemos por superar as desconfianzas e non repetir unha e outra vez o que un foi no pasado. Na fidelidade á fe en Xesús, temos que esforzarnos en coñecer e saber qué supón e esixe ser cristián, e non deixarnos levar nin por ritos nin costumes qu…

3 Pascua 2012

TESTEMUÑAS DA ESPERANZA PÓRTICO Lémbrasenos nos textos que hoxe imos proclamar que a fe que compartimos non se impón a través de leis, normas ou mandatos, senón desde o testemuño. Os cristiáns damos razón da nosa esperanza, das nosas ilusións ou do sentido da vida non pola imposición nin o medo, senón desde a acollida gozosa e libre da mensaxe que nos deixou Xesús. Unha mensaxe que El vivira primeiramente, e da cal os seus seguidores foron aprendendo. Logo nós, estamos chamados a ser, entre os amigos, os compañeiros de traballo, as persoas da familia. os veciños.... as testemuñas da resurrección de Xesús; non con grandes sermóns ou palabras ilustradas pero pouco comprensibles, senón coa maneira sinxela, leda, gozosa e sempre chea de positividade do noso testemuño. Que a pascua sexa tempo para ir comezando a rodar neste camiño. PERDÓNPolas veces nas que nos faltaron ilusión e ledicia á hora de dar testemuño da nosa fe, SEÑOR, QUE A TÚA ESPERANZA ACOMPAÑE OS NOSOS PASOS. Polas veces nas que…

4 Pascua 2012

PASTORES TESTEMUÑAS DA ESPERANZA E DE ACOLLIDA FRATERNA PÓRTICO Que mellor Pastor que Cristo para converterse en referencia moral de compromiso, fidelidade, confianza, acollida e dispoñibilidade para cantos seguen a presidir as comunidades cristiás!. Neste domingo do Bo Pastor, a nosa mirada non vai só dirixida a Cristo, senón que desde El, esa mirada pousase sobre os pastores que presiden as nosas comunidades. E pousase non só para que os encomendemos e colaboremos con eles, que tamén; senón para axudalos a que o seu ministerio sexa un ministerio no que se vaian desenvolvendo as actitudes e promovendo os valores que Xesús foi capaz de ir poñendo en práctica no seu tempo de vida pública. E se para Xesús o importante non era atrincheirarse nin tras das paredes do templo nin tras dun actuar de ordeno e mando, un actuar de imposición e mercantilismo económico, tamén hoxe para os nosos pastores, ha ser o compromiso por poñer en valor canto fixo e dixo Xesús, o eixo fundamental d…

2 Pascua 2012 B

TESTEMUÑAS DA ESPERANZAPÓRTICO Lémbrasenos nos textos que hoxe imos proclamar que a fe que compartimos non se impón a través de leis, normas ou mandatos, senón desde o testemuño. Os cristiáns damos razón da nosa esperanza, das nosas ilusións ou do sentido da vida non pola imposición nin o medo, senón desde a acollida gozosa e libre da mensaxe que nos deixou Xesús. Unha mensaxe que El vivira primeiramente, e da cal os seus seguidores foron aprendendo. Logo nós, estamos chamados a ser, entre os amigos, os compañeiros de traballo, as persoas da familia. os veciños.... as testemuñas da resurrección de Xesús; non con grandes sermóns ou palabras ilustradas pero pouco comprensibles, senón coa maneira sinxela, leda, gozosa e sempre chea de positividade do noso testemuño. Que a pascua sexa tempo para ir comezando a rodar neste camiño. PERDÓNPolas veces nas que nos faltaron ilusión e ledicia á hora de dar testemuño da nosa fe, SEÑOR, QUE A TÚA ESPERANZA ACOMPAÑE OS NOSOS PASOS.Polas ve…

2 pascua 2012

PARABÉNS PARA NÓS POR CRER SEN TER VISTOPÓRTICO Os que nos consideramos crentes vivimos, a miúdo, coma os discípulos do evanxeo: ao anoitecer, coas portas pechadas, cheos de medo, temerosos das autoridades. Estamos mergullados na vella creación, non miramos nin experimentamos ao Resucitado, a nova humanidade parece ausente das nosas vidas. As nosas comunidades están, as máis das veces, repregadas, ocultas, sen dar testemuño, coma se non tiveran ledicia, perdón e vida que transmitir. A pesares de ser este día o primeiro da semana, o primeiro da nova creación, nós seguimos ancorados, se cadra cada vez máis, ao vello, ao de antes. Precisamos que o Señor se faga presente. Cómpre que os recoñezamos nos seus sinais: a paz, o agasallo do Espírito, a experiencia do perdón, a comunidade reunida. Non deixemos que o arco da vella que Deus pon na nosa vida pase de longo sen decatarnos da súa existencia. O PERDÓN*Porque andamos a meter a man nas feridas dos demais para abrilas, e non para curalas, S…