ESQUEMA DOMINGO DE RAMOS
- CANTO DE ENTRADA: QUE LEDICIA A MIÑA
- SAÚDO
- PÓRTICO
- PROCLAMACIÓN DA PALABRA (Is. 50, 4-7)
- CANTO: A TÚA PALABRA
- BENDICIÓN DOS RAMOS
- CANTO PROCESIONAL: CAMIÑANDO POLA VIDA
DENTRO DO TEMPLO
- PERDÓN
- GLORIA
- ORACIÓN COLECTA
- LECTURA DA PAIXÓN
- REMUÍÑO
- CREDO
- ORACIÓN DA COMUNIDADE
- OFERTORIO: GRAZAS, SEÑOR, NA MAÑÁ
- PAZ: QUE VEÑA A PAZ
- COMUÑÓN: NON VOU SO
- REFLEXIÓN
- BENDICIÓN
DOMINGO DE RAMOS
Que os ramos da acollida, rompan as cadeas da
insolidariedade
(Comézase fóra, a poder ser nun lugar
un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez
bendicidos os ramos).
CANTO: QUE LEDICIA A MIÑA
SAÚDO:
Quen preside: A paz, o
ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con
todas/os vós.
PÓRTICO
Abrimos o portelo que nos invita a entrar no gran misterio da fe cristiá: a
Semana Santa. Son sete días coma os outros, si, pero non son nin o mesmo nin os
mesmos. O portelo polo que imos tentar pasar non é un portelo calquera. Dános
acceso á esperanza, á renovación e ao cambio; un cambio que pide unha cor
distinta para as paredes da nosa vida. Unhas cores que deixaron xa hai moito
tempo de ser grises e tristeiras, inda que nos sigamos empeñando no contrario,
para ser as cores luminosas e ledas do Arco da Vella. Ese Arco da Vella no que
Deus nos vai abrindo os brazos para acollernos, agarimarnos e facernos sitio.
Que este Domingo de Ramos sexa verdadeiro portelo que nos leve a entrar nunha
semana que ten a súa santidade non no calendario nin no cambio das lúas, senón
no descubrimento de que Deus segue connosco, acompañándonos, gozando e
sufrindo, pero sen deixarnos da man. Que ramos e palmas nos axuden a descubrir
que unha fe que non esperanza e se renova, non é máis que rito empobrecido e baleiro.
PROCLAMACION DA PALABRA (Is. 50, 4-7)
PROCLAMACIÓN DA
PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS
O Señor Deus
concedeume lingua de discípulo para saber instruír ao cansado cunha palabra que
o anime cada mañá.
El espreguiza pola
mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.
O Señor Iavé abriu o
meu oído, e eu non me rebelei, non me botei para atrás.
Ofrecín o lombo aos
que me azoutaban, e a miña cara aos que me arrincaban a barba. Non escondín a
miña cara dos insultos e das cuspiñadas.
Pero o Señor
axudarame, por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un
diamante, pois sei que non me avergonzarei.
PALABRA
DO SEÑOR
CANTO: A TÚA PALABRA
En cada un das nosas parroquias, tamén
nós, Señor, queremos acollerte con alegría e espírito de festa. Os ramos e
palmas que hoxe traemos ofrecémoschos como mostra da nosa disposición a ser
portadores de renovación, cambio e luz no medio do noso mundo; un mundo que
está falto delas e no que ti nos invitas a estar dando testemuño de que é
posible ser diferente e cambiar as cousas.
CANTO PROCESIONAL: CAMIÑANDO POLA VIDA
--------------------------DENTRO DO
TEMPLO-----------------
O PERDÓN
v Porque son moitas as veces nas que nos falta decisión e
nos sobra medo para dicir a verdade, CRISTO, QUE OS RAMOS DA ACOLLIDA ROMPAN AS NOSAS
ESCRAVITUDES.
v Porque somos de memoria fráxil e rapidamente
esquecemos ás persoas, para acabar buscando o noso propio interese,
SEÑOR, QUE OS RAMOS DA ACOLLIDA ROMPAN AS NOSAS ESCRAVITUDES.
GLORIA
ORACIÓN COLECTA
PROCLAMACION DA PAIXÓN SEGUNDO MARCOS
REMUÍÑO
CREDO
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Sentindo a
necesidade de expresar a nosa gratitude porque segues invitándonos a non
deixarnos levar do pesimismo diante da difícil situación que estamos a vivir,
dicimos:
QUE
OS NOSOS RAMOS SEXAN SIGNO DE ACOLLIDA
Dános folgos, Señor, para que sexamos unha Igrexa que non
se deixa levar das rutinas que apagan a frescura da nosa fe, Oremos.
QUE
OS NOSOS RAMOS SEXAN SIGNO DE ACOLLIDA
Dános folgos, Señor, para que as nosas comunidades sexan
verdadeiros berces onde se acolla, aloumiñe e agarime a quen sente a dor da
soidade, Oremos.
QUE
OS NOSOS RAMOS SEXAN SIGNO DE ACOLLIDA
Dános folgos para que o pan da fraternidade, da xustiza,
do compartir, do amor e da entrega rache as cadeas da crise, OREMOS.
QUE
OS NOSOS RAMOS SEXAN SIGNO DE ACOLLIDA
Dános folgos, para que este Domingo de Ramos sexa
verdadeiro día do Señor nas nosas vidas e no noso esforzo por facer da fe raíz,
horizonte e sentido no camiño que cada día temos que percorrer, OREMOS.
QUE
OS NOSOS RAMOS SEXAN SIGNO DE ACOLLIDA
Que os
folgos que recibimos de ti nos fagan superar a tentación de vivir a fe como un
costume aprendido dos nosos maiores, para convertela en compromiso esperanzado
por facer do lugar onde esteamos verdadeiro espazo de humanidade. P.X.N.S.Amén.
Canto do ofertorio: GRAZAS, SEÑOR, NA MAÑÁ
Canto da paz: QUE VEÑA A PAZ
Canto da comuñón: NON VOU SO
Para a reflexión
A SEMANA SANTA ESTÁ ÁS PORTAS”
Comezou o
tempo de graza,
vivamos a
Semana Santa santamente.
Fagamos
silencio, poñámonos en actitude de escoita.
Carguemos
as imaxes e os pasos, si, pero da vida.
Pasos
vivos;
que haxa
menos estacións, sen explotación, sen engano,
sen
utilización das persoas.
Suprimamos
os azoutes, as espiñas,
o simple
rito e as celebracións baleiras.
Que os
días da paixón e sufrimento sexan breves
e moito
máis longos os días da pascua,
o tempo da
nosa esperanza.
(Sobre un texto do libro de Cáritas, coresma pascua 2012)
CANTOS
·
COMEZO: Que ledicia a miña
·
DESPOIS DA LECTURA: A túa palabra
·
CANTO PROCESIONAL: Camiñando pola vida
·
OFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá
·
PAZ: Que veña a paz
·
COMUÑÓN: Non vou so
Comentarios