Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

Oracions SEMANA SANTA 2012

A Semana Santa sitúanos ante os momentos derradeiros da vida de Xesús, cando o inocente morre a golpe de abuso e prepotencia. Houbo e hai e hai moita máis xente que pasou pola mesma proba. Estes días son días para condoerse, para revisar as opcións máis fondas pólas que un se move na vida, para abrimos cara á solidariedade, para aprendera tomar máis en serio a Deus e á xente. Coma Xesús.
Discípulo que escoita               a Deus cada mañá,       porque de Deus recibe             a graza de escoitar.      
Discípulo que aprende                                                                                                                            a forza da palabra,           para instruír con paciencia      e animar ao que cansa.            
Discípulo disposto ao que o Señor dispoña,         sen recuar de medo,     sen contestar nin cousa.
Discípulo arriscado Na loita da xustiza, expoñendo o seu rostro, o corpo todo, a vida.
Discípulo confiado no Deus Pai que del terma, no Deus que está a ca…

Domingo de Ramos

ESQUEMA DOMINGO DE RAMOS FÓRA DO TEMPLO CANTO DE ENTRADA: QUE LEDICIA A MIÑASAÚDOPÓRTICOPROCLAMACIÓN DA PALABRA (Is. 50, 4-7)CANTO: A TÚA PALABRABENDICIÓN DOS RAMOSCANTO PROCESIONAL: CAMIÑANDO POLA VIDA
DENTRO DO TEMPLO PERDÓNGLORIAORACIÓN COLECTALECTURA DA PAIXÓNREMUÍÑOCREDOORACIÓN DA COMUNIDADEOFERTORIO: GRAZAS, SEÑOR, NA MAÑÁPAZ: QUE VEÑA A PAZCOMUÑÓN: NON VOU SOREFLEXIÓNBENDICIÓN
DOMINGO DE RAMOS Que os ramos da acollida, rompan as cadeas da insolidariedade (Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos). CANTO:QUE LEDICIA A MIÑA SAÚDO: Quen preside: A paz, o ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós. PÓRTICO Abrimos o portelo que nos invita a entrar no gran misterio da fe cristiá: a Semana Santa. Son sete días coma os outros, si, pero non son nin o mesmo nin os mesmos. O portelo polo que imos tentar pasar non é un portelo calquera. Dános acceso á esperanza, á renova…

5 coresma 2012

A BOA SEMENTE CAE NA TERRA E MORRE PARA VOLVER LOGO DAR MÁIS E MELLOR FROITO; O PAN DA SOLIDARIEDADE RACHA AS CADEAS DA CRISE
SIGNO DE CORESMA:A frase que escollemos para colocar este derradeiro domingo da coresma arredor do signo principal é MORRER PARA DAR FROITO. PÓRTICO
     Para que o gran de trigo, coma calquera outra semente, poida dar froito logo de sementalo, é necesario ter preparado antes a terra. De non ser así, o traballo sería baldío, e o froito nunca se tería acadado.

As cousas, cando as preparamos con paciencia, esforzo, cariño e tempo, acaban por dar os seus froitos; en todos e cada un dos ámbitos nos que as persoas nos vemos inmersas.
Unha boa sementeira sempre dá bos froitos. E na vida isto é fundamental sabelo e non esquecelo. Este tempo de coresma que estamos a vivir quere ser tamén para nós tempo de preparar a nosa vida para que a chegada da pascua poida dar en nós os mellores froitos. Que non deixemos pasar esta nova oportunidade que a liturxia pon diante …

4 Domingo Coresma

A LIBERACIÓN, PROXECTO DE AMOR DE DEUS PARA CON NÓS :O PAN DA SOLIDARIEDADE RACHA AS CADEAS DA CRISE

SIGNO DE CORESMA:A frase que escollemos para colocar este cuarto domingo da coresma arredor do signo principal é NON MANDOU DEUS O SEU FILLO AO MUNDO PARA XULGAR, SENÓN PARA AMAR. PÓRTICO
Neste domingo de Coresma, xa pasado o ecuador, invítasenos a dar vida, a poñer paz, servizo, alegría, fe, unión, amor...desde a cruz. Si, porque hoxe somos invitad@s a volver os nosos ollos, coma Nicodemo, cara á cruz para descubrir que non todas as cruces son salvadoras. Hai cruces inevitables (certos momentos, climas, traballos...) que debemos asumir Hai cruces que che endosan (en forma de calumnia, illamento, contaxio....) que temos que evitar. Hai cruces que te atrapan (cartos, poder, fama, envexa....) e das que temos que fuxir. Hai cruces de temporada (Coresma, Semana Santa, enterros, xaxún...) que o mellor é miralas ben e non facelas máis pesadas. Tamén hai cruces de competición (traballo, aguanto,…

3 Coresma

ESCÁNDALO PARA OS OPULENTOS E ESPERANZA DOS EMPOBRECIDOS: O PAN DA SOLIDARIEDADE RACHA AS CADEAS DA CRISE SIGNO DE CORESMA:A frase que escollemos para colocar este terceiro domingo arredor do signo principal é NON FAGADES DO CULTO UN NEGOCIO. PÓRTICO Temos unha fe que moitas veces atopa coa tentación de usar a Deus para conseguir os obxectivos da vida de cadaquén. Así elementos coma a saúde, o traballo, o amor, a seguridade... aparecen na nosa oración; e, a cambio deles, ofrecemos sacrificios, promesas, cartos ou misas. Porén, Xesús volve lembrarnos que o sentido da vida e da relixión ten máis que ver cunha actitude de agradecemento e confianza cara aquel que nos amou primeiro que co intercambio de favores entre Deus e cada un de nós. Que a celebración que agora comezamos nos axude a vivir co corazón aberto para comprender que con cartos podemos mercar unha cama cómoda, pero non un sono tranquilo; con cartos podemos comprar novas relacións, pero non unha verdadeira amizade; con cartos podem…