Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012
NO AMOR DE CRISTO, O PAN DA SOLIDARIEDADE RACHA AS CADEAS DA CRISE SIGNO DE CORESMA : A frase que escollemos para colocar este segundo domingo arredor do signo principal é TAN ASUSTADO ESTABA, QUE NON SABÍA O QUE DICÍA. Con ela queremos expresar de que moitas veces a nós tamén nos pasa que estamos tan asustados que non sabemos o que dicimos, e a solidariedade convértese en avaricia e egoísmo. PÓRTICO                 Dinos o Evanxeo de hoxe que Pedro, co susto que tiña ao descubrir quen era Xesús e como se lles acababa de manifestar, non sabía o que dicía. E cando un non sabe o que di, pola súa boca acaban saíndo cousas sen sentido, e das que moitas veces acaba arrepentíndose. Que mellor invitación entón, á luz do Evanxeo que logo proclamaremos, para que fagamos o esforzo de pensar as cousas antes de dicilas; de introducir a reflexión no canto do arrouto; de non falar para o aire. Non é doado, pero estamos na coresma, un tempo privilexiado para buscar, cambiar e rectificar

pan de solidariedade

O ARCO DA VELLA FAINOS PRESENTE A ALIANZA DO DEUS QUE NON EXCLÚE NIN DIFERENZA: O PAN DA SOLIDARIEDADE RACHA AS CADEAS DA CRISE SIGNO DE CORESMA : Nunha cartolina (podemos aproveitar o envés da que utilizamos no Advento), debuxamos unhas cadeas rotas, e no centro unha boliña de pan. Con este sinal queremos expresar un dos valores fundamentais do noso sermos cristiáns e cristiás: A SOLIDARIEDADE , unha solidariedade que se expresa a través do pan partido, repartido e compartido e que queremos que rache as cadeas da crise. Cada domingo, destacaremos unha frase da Palabra que iremos incorporando no taboleiro, arredor deste signo principal. Neste primeiro domingo, a frase escollida é ARCO DA VELLA. Pórtico             Entre nós estamos acostumados a ver moitas veces saír o arco da vella. Gústanos e, sen importar se somos nen@s ou grandes, provoca sempre expectación e ilusión. Pois ben, a Palabra hoxe preséntanos a aparición do arco da vella como un signo da presenza de Deus entre

Celebración Coresma 2012

ReCÁRGAte MATERIAIS Fotocopia en A3 do cartel. Pila xigante na que iremos colocando as 4 liñas da batería. 4 liñas da batería recortadas para colocar. Canón, ordenador e altofalantes. Descargar “Bendita tu luz” de Maná: http://www.youtube.com/watch?v=44kityInDvM Descargar vídeo do texto evanxélico: http://www.youtube.com/watch?v=TGmQh-LiKrU IDEA PRINCIPAL A Coresma prepáranos durante corenta días para celebrar a Pascua do Señor. Aínda que é un tempo penitencial, non é un tempo triste. Trátase dun tempo especial de renovación da vida cristiá para poder participar de xeito máis pleno do misterio pascual do Señor. A Coresma é un tempo privilexiado para intensificar o camiño da propia conversión. Pero non o facemos sós. É Deus quen nos converte, cando o deixamos. É Deus quen transforma as nosas vidas e lles dá fondura e plenitude. É Deus quen nos fai madurar e crecer, asumir a vida con toda a súa complexidade. O Deus que, infatigable, está traballando en cada un de

7 Domingo TO B

CONTRA DOS BADULAQUES, FIDELIDADE Á PALABRA DADA E ÁS SÚAS CONSECUENCIAS PÓRTICO Día a día sorprendémonos con novas que nos informan de enganos, falta de palabra, renuncia a cumprir acordos previamente asinados, rexeitamento para asumir pagos por parte de institucións públicas ou privadas... o que nos leva a pensar que nun mundo no que hai tantas palabras, a palabra que se dá, e que noutro tempo era o mellor dos documentos, non vale nada. Lévaa o vento, caendo así nunha fonda desconfianza cara todo e cara todos. Fronte disto non deberiamos quedar calados: xa está ben. Como seguidores de Xesús que queremos tomalo en serio e vivir a súa mensaxe nos nosos quefaceres cotiáns, temos a obriga moral non só de non permitir isto, senón de loitar contra a tentación de caer nós no mesmo. Porque as cousas, como nos di Paulo na Carta aos Corintios, non son agora si e despois non, senón coherencia e transparencia. Por iso os cristiáns, diante deste panorama, estamos chamad@s a ser, unha v

6 domingo TO B

A SAÚDE, DEREITO DE TODAS AS PERSOAS...... ACTÚA!!!!!!!!!!!!!!!!!!! (CAMPAÑA DE MANS UNIDAS 2012) PÓRTICO A todas as persoas nos preocupa gozar de boa saúde, sobre todo cando a perdemos, cando corremos o risco de perdela ou cando somos conscientes de como se vai deteriorando. Cando estamos che@s de vida e de forza, frecuentemente vivimos alle@s ao valor real do que temos. Ademais, o feito de que na nosa sociedade rica, afeit@s como estamos a poñernos nas mans dos médicos e a acudir aos centros de saúde ou aos hospitais, esquecemos con frecuencia que cadaquén é responsable da súa saúde. Pero, é este un dereito do que todas as persoas disfrutamos?. Desgrazadamente non. Por iso, a campaña deste ano de Mans Unidas intenta chamar a nosa atención sobre o feito de que temos que traballar para que este dereito fundamental sexa unha realidade para todas as persoas do mundo. Temos que romper ese círculo vicioso da fatalidade de que hai enfermidades de ricos e enfermidades de