Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

5 domingo TO B

O ERMO DUNHA VIDA SEN ESPERANZA
PÓRTICO Cando unha cousa está erma non nos serve, non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces tamén estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.          Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos que nos acompañe.
PERDÓN Porque nos deixamos levar polo derrotismo e a preguiza, SEÑOR, QUE NON SEMENTEMOS EN BALDÍO.Porque poñemos atrancos ao noso medrar en madurez e …

4 domingo TO B

UN CORAZÓN SEN DIVIDIR QUE SIRVA ÁS PERSOAS E NON AO PODER Pórtico A historia da Igrexa é longa e vén de moi atrás. Non xurde agora, senón que ten dous mil anos de historia; unha historia na que van aparecendo luces e sombras. Unha destas sombras que se repite moito é a da unión entre o poder e a acción da Igrexa, como se o seu fin fose crecer e desenvolverse como institución poderosa, rica e aliada cos que mandan. Inda que a realidade, considerada nunha visión ampla e verdadeiramente eclesial –a Igrexa somos tod@s–, non foi así, na súa cúpula, nos que mandan, podemos dicir que é verdade que sempre buscou ter poder, mandar, acumular capacidade de influencia. Porén, os textos que hoxe imos proclamar fálannos de que é necesario que o noso corazón estea sempre ao servizo das persoas, non do poder e dos que mandan. A autoridade da que nos fala Xesús non é a que se impón polas leis, as normas ou o control da conciencia, senón a autoridade de quen fala con liberdade, de quen busca a solidarie…

3 domingo TO B

SOMOS PERSOAS VOCACIONADAS: XUNTÉMONOS E VAIAMOS PÓRTICO Hoxe, a nosa celebración ten como eixo fundamental o da vocación. Podemos dicir, sen medo a equivocármonos, que a presenza de Xesús, a forza da súa palabra, a orixinalidade dos seus comportamentos, o atractivo de toda a súa persoa, foi facendo que houbese xente contemporánea súa, que decidise seguilo no que facía e dicía. Hoxe, vinte séculos despois, cabería preguntármonos se nós tamén o seguimos polo que nos aporta ou se estamos diante dun seguimento meramente costumista, sen ningún peso na nosa vida. Porque, certamente, con algúns dos seus discípulos e discípulas, Xesús recorreu vilas e aldeas de Galilea, anunciándolle á xente un xeito novo de entender a Deus e de facer vida en comunidade. Pero onte, coma hoxe, non se trata só de falar: hai que achegarse á xente do pobo, principalmente a aquela que ten a vida máis ameazada e diminuída por pobrezas, enfermidades, marxinacións, desesperanzas ou depresións. A comunidade nova de Xesú…

2 Domingo TO B 2012

DEUS FALA, PERO NÓS NON O DAMOS ESCOITADO PÓRTICO
Como lle ocorreu a Samuel, tamén nós somos moitas veces incapaces de escoitar a voz de Deus. Unha voz que nos chega de moitas maneiras e xeitos; unha voz que non se pon afónica, ao contrario, segue permanentemente invitando, chamando, consolando... a quen precisa dela. A mágoa é que nós, precisando e moito desa voz esperanzada e clara, non acabamos de prestarlle a atención debida. Mesmo ás veces manifestamos que El deixou de falarnos, porque non damos percibido a súa voz. Non será que, atarefados como andamos en cousas menos importantes, queremos xustificarnos, cargando sobre El unha ausencia, que só indica que non foi El, senón nós os que nos temos apartado?. Rompamos, logo, este círculo vicioso, e dispoñámonos a escoitar a súa voz. Hoxe pode ser ese día.

PERDÓN
Cando falas, Señor, dámosche as costas porque a túa voz nos compromete e esixe, por iso che dicimos: SEÑOR, QUE DEIXEMOS RESOAR A TÚA VOZ EN NÓS. Cando falas, Cristo, …

Bautismo do Señor

PORQUE SEMPRE NOS COLLES DA MAN E MESMO NOS LEVAS NO TEU COLO.................... GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!!!!!! PÓRTICO A tod@s nos ten pasado que en momentos importantes, mesmo decisivos da nosa vida, cando tiñamos que dicir e expresar o que pensabamos, o xeito de abordar unha cuestión ou a necesidade de mostrar a desconformidade diante dunha cuestión que nos ocupaba, temos calado. Si, demos a calada, o silencio, por resposta, converténdonos en acomplexados, cómplices ou colaboradores dunha situación coa que non estabamos de acordo. Verdade que nos ten pasado así?. Pois ben, a celebración de hoxe móstranos a Xesús manifestándose como o Mesías, o enviado de Deus, o Fillo que comeza a facer publica a encomenda do seu Pai. E faino sen medo, consciente de cal era a súa tarefa, e sen ningún tipo de medos nin complexos. Todo o camiño que nos abriu para que o seguiramos!. Que canto hoxe celebremos e compartamos neste momento de oración, nos axude a manifestar con ledicia a misión recibida no b…