UNHA CASA SEMPRE ABERTA E NA QUE SE NOS INVITA A ENTRAR
Pórtico
Cando a tod@s nos dá por padecer o síndrome de ser roubados e investimos cartos e medios en preparar as nosas casas para evitar que alguén entre e nos leve o que nelas temos, atopámonos co feito de que o evanxeo de hoxe fálanos de que ao banquete do Reino estamos tod@s invitados, que a porta está aberta, sen exclusións. Se queremos participar nel non atoparemos nin portas blindadas, nin alarmas, nin pechaduras de seguridade nin nada que lle poida impedir entrar a quen queira achegarse. As portas da fe están sempre abertas para quen chama nelas; pero inda que iso sexa así, non podemos esquecer que cando imos a unha casa á que nos invitan non debemos ir de calquera xeito. Por respecto e cariño a quen nos invita, imos asead@s, co mellor dos sorrisos e dispostos a pasar e facer pasar un momento agradable. Pois isto mesmo é ao que hoxe se nos invita: cando participamos nas celebracións, cando pedimos libremente os sacramentos, cando queremos entrar a formar parte da familia dos cristiáns, temos que saber onde chamamos e o que nos supón a cada un/ha de nós. Non é ir por ir nin entrar por entrar. Hai que ser coherentes. Porque Deus chama; pero nós, sabemos responder?. Para axudarnos están os testemuño dos membros da comunidade, o tempo dedicado á formación cando somos adultos, os diferentes momentos da catequese… para que ao entrar nin nos sintamos estraños nin queiramos ser o centro de atención. Queda moi mal cando non somos os anfitrións. Como ten dito Xesús tantas veces: o que teña oídos... que escoite!
Perdón
Remuíño
ORACIÓN DA COMUNIDADE
PARA A REFLEXIÓN
evocando a miña presenza...
Entrade ao meu banquete.
CANTOS
- ENTRADA: Pedras vivas
- LECTURAS: Veña o teu reino
- OFERTORIO: Traede para quen escoite
- COMUÑÓN: Quédate Señor connosco
Comentarios