Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2011

27 domingo TO 2011

NON TODAS AS UVAS DA PARRA SON BOAS.
APRENDAMOS A SELECCIONAR
Pórtico
    Agora que o tempo da vendima chega ao seu remate, as lecturas deste domingo lémbrannos algo que xa tod@s nós sabemos e mesmo experimentamos moitas veces: non por haber moita cantidade dunha cousa, significa iso que a súa calidade sexa directamente proporcional á cantidade. E algo así nos está a pasar tamén na Igrexa. Levados polo impulso de ter que ser moitos, resulta que acabamos perdendo a calidade do que supón e significa querer ser seguidor de Xesús, que non bautizados, no mundo de hoxe. Durante moito tempo, tamén agora, inda que menos, estivemos preocupados pola cantidade: ser moit@s era o que marcaba a pauta de que as cousas ían ben e se facían como é debido, pero o paso do tempo foi pondo todo no seu sitio: non é tan importante ter moitos bautizos, canto que os que se bautizan aprendan a vivir desde o camiño que marca o evanxeo; tampouco é importante casar pola Igrexa, senón vivir os valores que presenta o …

26 domingo TO A

O QUE VERDADEIRAMENTE CONTA: A EXPERIENCIA DE DEUS NO QUEFACER COTIÁN
PÓRTICO
Son bastantes as persoas que, dicíndose cristiás, terminan por instalarse comodamente na súa fe, sen que a súa vida se vexa afectada no máis mínimo pola súa relación con Deus. Cristiáns que se desdobran e cambian de personalidade segundo se axeonllen para rezar ou se entreguen ás súas ocupacións cotiás. Deus non penetra na súa vida familiar, no seu traballo, nas súas relacións sociais, nos seus proxectos e intereses. A fe é para eles un costume, un reflexo, unha medida de seguridade, unha relaxación persoal.
Porén, a Palabra que proclamamos invítanos a que, con sinceridade, nos preguntemos que significa realmente Deus no noso quefacer cotián. O que se opón moitas veces á fe non é a increnza, senón a falta de vida. Porque, que importa o credo que pronuncian os nosos beizos se falta logo na nosa vida un mínimo esforzo de seguimento de Cristo?; que importa que un fillo lle diga a un pai que vai traballar na viña s…

25 domingo TO A 2011

ONDE UNS POÑEN A PURA LEI ECONÓMICA, DEUS PON CORAZÓN E SENTIMENTO, QUE FAI IR MÁIS ALÁ DO QUE É SIMPLEMENTE LEGAL
PÓRTICOO mundo da economía vai marcando o noso tempo. Todo o traducimos a números. Todo o valoramos desde o punto de vista da rendibilidade económica. Todo ten un prezo... mesmo as persoas. E esta actitude mercantilista, máis pronto ou máis tarde, vólvese en contra nosa. Sabémolo ben, porque é o que estamos a experimentar nas nosas propias carnes coa forte crise económica que estamos a vivir e que ten a súa orixe en ter equivocado o punto de partida, cambiando as persoas pola economía.
Porén, Xesús volve lembrarnos hoxe algo que, nos tempos que corren, pode resultar, cando menos, chocante: para El o que menos importa é o valor económico das cousas. O verdadeiramente valioso é o valor humano: a nosa capacidade de tenrura, o noso esforzo, a nosa dispoñibilidade, a nosa coherencia.... a nosa capacidade de poñernos no lugar da outra persoa para compartir as súas inquedanzas, tr…

24 domingo TO

A GRANDEZA DE QUEN SABE PERDOAR E PEDIR PERDÓN PÓRTICO
A experiencia de pedir perdón e de perdoar é tan fundamental que quen non a coñece corre o risco de non medrar coma persoa. Quen non se sentiu nunca comprendido, non sabe comprender aos demais. Quen non experimentou nunca na súa vida o perdón entrañable e gratuíto de Deus corre o risco de vivir sen corazón, coma o servo da parábola que hoxe escoitaremos no evanxeo, endurecendo cada vez máis as súas esixencias e reivindicacións e negando a tenrura e o perdón. Quen esquece o moito que se lle perdoa, vólvese duro de corazón cos demais. Quen cre que o perdón a comprensión mutua son algo inútil, propio de persoas débiles e resignadas, afoga a convivencia e o evanxeo. Porque só quen ten a experiencia de sentirse perdoado por Deus e polos irmáns e as irmás sabe da importancia do perdón para a convivencia, o desenvolvemento humano e o gozo da Boa Nova. Que a celebración que imos comezar nos axude a descubrir que a tolerancia, …