Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2011

23 domingo TO A 2011

A ausencia de compromiso moral converte o cumprimento da lei en mentira totalitaria
Pórtico
    Pouco a pouco as sociedades van deixando atrás o seu compromiso moral para quedarse no dominio da lei. Non nos resulta estraño escoitar que as convicións morais son algo individual, e que nunha sociedade democrática o que ha primar é o cumprimento da Lei. E de tanto escoitalo, resulta que tamén nós acabamos por crelo. O resultado está á vista, non fai falta dar moitas explicacións: non cremos no que facemos, fáltanos capacidade para a tenrura, non distinguimos a persoa da norma, buscamos facer o que manda a lei esquecendo valores e convicións. E deste xeito ímonos baleirando por dentro ata non quedar en nada; convertémonos en robots que cumpren o que lles mandan, pero non pensan nin buscan razón de por que deben facer así e non doutro xeito. Este é un dos moitos males do noso tempo e da nosa xente, quizais tamén noso. Somos incapaces de sentir algo por alguén, só nos vale na medida en que lle…

21 domingo TO A

UNHAS CHAVES PARA ABRIR E INVITAR A ENTRAR, NUNCA PARA BOTAR FÓRA
Pórtico
Houbo un tempo, que lonxe nos parece que quedou!, no que se nos invitaba a abrir portas e ventás para que entrara aire novo e renovador na Igrexa. Hai un tempo, que preto o temos!, en que xa non se nos invita, senón que se nos impón pechar as ventás e as portas por medo a que entre un aire que sexa tan frío que nos enferme. Volvemos ao mesmo, ao que xa pensabamos que hai moitos anos quedara desterrado: o paternalismo, a submisión, o medo á autonomía… o infantilismo da fe. Non perdamos a memoria, non deixemos que outros nos sometan e digan o que temos ou non temos que facer. Deus entréganos as chaves como mostra de que confía en nós, de que nos dá liberdade, de que nos crea responsables e libres para que tomemos decisións, acertadas ou equivocadas; pero sempre propias, sen deixar que ninguén nos domine e manipule. Que as chaves que en Pedro o Señor nos dá a tod@s, non as convertamos nas chaves que algúns quere…

20 domingo TO 2011

UN DEUS INCLUÍNTE QUE NON EXCLÚE A NINGUÉN
Pórtico
    Escoitamos dicir moitas veces, ou mesmo ata podemos chegar nós a pensalo, que o Evanxeo pouco ou nada pode aportar ao mundo e á cultura de hoxe. Que é algo do pasado, que valeu pero xa non vale. Porén, unha vez máis a Palabra de Deus, que non a actuación e maneiras de Papa, bispos, curas ou cristiáns, vén rebater esta afirmación e preséntasenos coma unha Palabra, e polo tanto como unha mensaxe fresca, renovadora e incluínte. Todo o contrario do que ocorre hoxe na nosa sociedade occidental, na que nos queremos únicos e na que nos imos esforzando en poñer dificultades a quen vén de fóra ou se mostra distinto.
É unha mensaxe incluínte porque non discrimina; incluínte porque acolle; incluínte porque non diferenza; incluínte porque volve proclamar a súa universalidade: é para todas as persoas, non só para unhas poucas, elixidas e de clase alta. Por iso dicimos que indo contracorrente ás modas que hoxe tanto priman, a mensaxe cristiá non e…

19 domingo TO 2011

SUPERAR A SOBERBIA DO FARAÓNICO, AXÚDANOS A VER A DEUS NO PEQUENO E SINXELO
Pórtico
A sociedade occidental, á que nós pertencemos, é unha sociedade marcada fundamentalmente por dous elementos: a dúbida diante de todo e todos e o afastamento de Deus. E a pouco que o pensemos, as dúas están en moi estreita relación; xa que se sobre todo se dubida e nada hai de certo sobre o que asentar principios, valores ou actitudes; e se non temos certezas, se os principios están ao servizo do que conveña ou non en cada momento, e se as actitudes todas son iguais e valen o mesmo, para que ter a Deus como referente?. Xa nos valemos nós mesmos para facer, desfacer, alentar ou desalentar momentos, situacións e circunstancias. Este escepticismo que respiramos en occidente vai facendo que crezamos planos e sen horizontes. E xa sabemos, se na vida non hai horizontes máis alá do que vemos e tocamos, todo se nos volve sen sentido e innecesario.
Porén, no Evanxeo de hoxe, Xesús invítanos a non deixarnos afogar …