Ir al contenido principal

15 domingo TO A 2011

UNHA SEMENTE QUE CHEGA A TOD@S E QUE PIDE SER ACOLLIDA

PÓRTICO

Estamos en época de recoller froitos: patacas, cebolas, tomates, pementos… Atrás quedaron os días de ter medo a que non viñeran arriba, o tempo de sulfatar e de quitar herbas, pulgóns, da xunquilla que todo o invadía. Só con coidados, dedicación, ilusión e esperanza fomos quen de ir día a día ata chegar a este momento.

Ben, pois hoxe a palabra fálanos de que como testemuñas do Reino temos que sementar con ilusión, coidala coa nosa vida e ir pouco a pouco quitando as malas herbas da rutina, da deixadez, da negatividade. Oxalá descubramos nesta celebración que Xesús deixou unha semente en nós e que espera que sexamos quen de plantala con ilusión e con xenerosidade.

O PERDÓN

  • Porque en demasiadas ocasións deixamos que prendan as malas herbas no noso corazón, facéndonos egoístas, apáticos e interesados, SEÑOR, REGA O NOSO CORAZÓN RESECO CO TEU AMOR.
  • Porque moitas veces as nosas precipitacións e as nosas présas non deixan que a túa Palabra enchoupe a nosa vida de amor, perdón e coherencia, CRISTO, REGA O NOSO CORAZÓN RESECO CO TEU AMOR.
  • Por non ter prestado a atención debida á Palabra que proclamamos nas celebracións, o que nos impide poñela en relación coa nosa vida, SEÑOR, REGA O NOSO CORAZÓN RESECO CO TEU AMOR.


 

REMUÍÑO

Unha vida sen ilusións, proxectos, horizontes... é unha vida chamada a esmorecer, a perder o seu sentido, a resecar. Deus non quere vidas así, por iso lle vai dando á nosa vida, a todas as vidas, a auga que fai que teña sentido dicir: paga a pena ter nado. E nesta tarefa tod@s nós estamos implicad@s, xa que tod@s nós somos mediacións a través das cales Deus vai falando e vainos mostrando camiños de traballo compartido que, desde o amor, imos facendo en comuñón con outras moitas persoas. Esta é a mellor resposta para ter unha vida chea.

Claro que haberá momentos de dor, de fracaso ou mesmo de dúbida; pero na visión cristiá non hai espazo para o pesimismo ou o derrotismo. Estes malos momentos, que poñen de manifesto a nosa limitación, temos que ilos pasando agarrándonos da man daquel que nos crea libres e que non quere manipularnos coma monicreques, senón que respecta a nosa liberdade e as nosas decisións.

E desde esta liberdade, que nos descobre que a fe ten que ser acollida sen coaccións e que nos chama a actuar por convición, reflectimos na nosa vida o evanxeo de hoxe, a parábola do sementador, que vimos de escoitar, e que nos presenta a salvación-liberación coma unha obra de colaboración das persoas con Deus na que o primeiro paso parte de Deus e a liberdade humana queda intacta. A Palabra de Deus nunca actúa automaticamente, senón coma un don que se nos ofrece e que nós podemos aceptar ou rexeitar.

Porque o sementador sae sementar ao chou, non escolle o terreo, bota a semente por todo o campo, e esta semente cae en catro terreos diferentes, que adoitan darse mesturados e mesmo poden coexistir na mesma persoa:

a) Á BEIRA DO CAMIÑO: Parte da semente caeu á beira do camiño, eses pequenos camiños que atravesan os campos, os camiñantes pisárona e os paxaros, sempre atentos, comérona. Perdeuse. Este terreo representa cando a Palabra queda á marxe da nosa vida, cando non a compromete. Non a rexeitamos abertamente, pero tampouco a integramos. Adaptámonos externamente á mensaxe que escoitamos, pero non a asimilamos porque non nos parece algo válido para a vida. Son os cristiáns sociolóxicos, que se bautizan e mesmo cumpren cos ritos establecidos; pero para os que interiormente a fe non importa nada, non cuestiona nada, non move nada. Escoitamos sen entender, por ser terreo duro, empedrado e machacado pola rutina e polo costume. Todo o escoitamos como xa sabido. A semente cae, pero rebota.

b) EN TERREO PEDREGOSO: O que se sementa aquí, tamén se perde. Ao ter pouca terra, sen raíces profundas, o sol sécao. Son aquelas persoas que aceptan a palabra sen profundizala e, cando chegan as dificultades, déixano todo.

c) ENTRE SILVEIRAS: A terra era fecunda e profunda, nela a semente podía ter xerminado. Porén, tamén secou. Aquí estarían representadas as persoas que teñen moito que deixar para poder ser cristiáns: as riquezas, o poder, a posición social.... Por iso afogan a semente, porque teñen medo ás complicacións que lles podería ocasionar. Pretenden enganarse compaxinando os valores de Deus cos que representan os cartos. Adoitan ter boa reputación e ocupar postos preferentes na Igrexa.

d) EN TERRA BOA: O resto da semente caeu en terra boa e deu froito, aínda que desigual. Escoitaron e entenderon, puxeron en práctica e van dando froito... ao seu tempo, co seu ritmo. Neste grupo están as persoas que entenden que, aínda que recibiran o evanxeo con corazón sincero, as situacións externas poden cambiar e mesmo facelas entrar en crise. Entenden que cada etapa da vida ten as súas dificultades, que non seres xa feitos, senón en constante crecemento, que as situacións son sempre diferentes, que cada día trae as súas inquedanzas e dúbidas e que diariamente deben replantexarse o que onte parecía seguro...

Acollamos este agasallo e preparemos a terra para que a semente poida ir medrando ata dar froito.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Nun mundo que adoece de falta de esperanza e ao que lle sobran palabras baleiras, ás veces resúltanos complicado responder á túa chamada, por iso che dicimos xunt@s:

QUE NON AFOGUEMOS A TÚA SEMENTE

  • Por toda a Igrexa, chamada a anunciar unha Boa Nova de liberación e salvación, para que anunciemos sempre unha fe viva, salvífica e transformadora de persoas e sociedades, OREMOS.

QUE NON AFOGUEMOS A TÚA SEMENTE

  • Polas nosas comunidades, para que sexan o bo terreo no que a semente dará froito acompañando a quen está so, alentando a quen está triste, escoitando a quen se sente desesperanzado, visitando a quen está enfermo, OREMOS.

QUE NON AFOGUEMOS A TÚA SEMENTE

  • Por tod@s nós, para que tomemos en serio a urxencia de ser testemuñas vivas de Xesús, de xeito que a familia, o pobo, as amizades e o traballo, se vexan iluminados pola forza da Palabra que escoitamos nas celebracións, OREMOS.

QUE NON AFOGUEMOS A TÚA SEMENTE

Grazas, Señor, por chamarnos non a empreñar do aire, senón a aterrar no aquí e no agora para que deamos froitos de xustiza, solidariedade, diálogo e renovación. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Sodes sementes do Reino plantadas na historia.

Sementes boas e tenras, cheas de vida.

Téñovos na miña man,

arrólovos e quérovos,

e por iso vos lanzo ao mundo: perdédevos!.

Non teñades medo a treboadas nin a secas,

a pisadas ou a espiños.

Bebede dos pobres e enchoupádevos do meu orballo.

Fecundádevos, rebentade,

non quededes enterradas.

Florecede, dade froito.

Deixádevos arrolar polo vento.

Sodes sementes do meu Reino!.

CANTOS

  • ENTRADA: Non vou so
  • LECTURAS: Bendito Ti, Señor Resucitado
  • OFERTORIO: Sementar, sementarei
  • COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel