Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2011

Domingo 17 TO A

ATOPAR O TESOURO DA FE..... ISO NON TEN PREZO!!!!!!!!PÓRTICOProbablemente unha das maiores desgrazas do noso tempo sexa que a escala de valores que rexe na nosa sociedade e á que se agarran moitas persoas, non serve para facernos felices nin para realizarnos, senón que nos domina e nos manipula, quitándonos a paz. Cal é senón, a orixe da profunda crise económica que estamos a vivir?, por que a xente nova busca o éxito rápido e fácil, desterrando do seu vocabulario palabras como esforzo, renuncia e compromiso?, cal é o porqué de tanta violencia e tanta corrupción?. Si, podemos dicir sen medo a equivocarnos que os tesouros nos que poñemos o noso corazón non liberan, senón que escravizan máis e máis. Hoxe, de novo, a Palabra que proclamaremos pon diante de nós a realidade de que non todo dá o mesmo; pois a fe dinos que hai valores e VALORES, tesouros e TESOUROS. Oxalá sempre saibamos ver no Señor, que nos convoca nesta mañá de domingo, o TESOURO e así adiquemos a nosa vida á súa causa, s…

16 domingo TO A

Que coa a sega saibamos encher de bo trigo os nosos canastros
Pórtico
Todos lembramos que ata non hai moito os canastros dos nosos eidos enchíanse de millo, patacas ou calquera outro froito. O canastro tiña entón unha función de axudar a secar este froito recollido e gardalo para ilo utilizando ao longo do inverno. Hoxe, cando moitos dos nosos campos están a ermo, os canastros acaban sendo patrimonio a conservar, si, pero baleiros. Xa non teñen trigo, patacas ou cebolas que secar. Están para contemplar, pero xa non cumpren coa súa misión. Algo parecido pódenos pasar tamén a nós: a forza de deixarnos ir, de acostumarnos ao cómodo e fácil, acabemos facendo da vida algo baleiro e sen sentido. Simple costume e rutina á hora de facer as cousas, tomar decisións ou defender valores e principios que noutro tempo nos serviron e axudaron a crecer. Que nos esforcemos por non deixar a ermo a construción da nosa vida, para que as malas herbas non acaben facendo estragos con ela.
Perdón
Porque moitas v…

15 domingo TO A 2011

UNHA SEMENTE QUE CHEGA A TOD@S E QUE PIDE SER ACOLLIDA
PÓRTICO
Estamos en época de recoller froitos: patacas, cebolas, tomates, pementos… Atrás quedaron os días de ter medo a que non viñeran arriba, o tempo de sulfatar e de quitar herbas, pulgóns, da xunquilla que todo o invadía. Só con coidados, dedicación, ilusión e esperanza fomos quen de ir día a día ata chegar a este momento.
Ben, pois hoxe a palabra fálanos de que como testemuñas do Reino temos que sementar con ilusión, coidala coa nosa vida e ir pouco a pouco quitando as malas herbas da rutina, da deixadez, da negatividade. Oxalá descubramos nesta celebración que Xesús deixou unha semente en nós e que espera que sexamos quen de plantala con ilusión e con xenerosidade.
O PERDÓN
Porque en demasiadas ocasións deixamos que prendan as malas herbas no noso corazón, facéndonos egoístas, apáticos e interesados, SEÑOR, REGA O NOSO CORAZÓN RESECO CO TEU AMOR.
Porque moitas veces as nosas precipitacións e as nosas présas non deixan que a túa P…