Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2011

14 domingo TO 2011

Unha bendición sen auga bendita que non busca votos, senón acoller co corazón e vivir coas actitudes o día a día da súa presenza Pórtico Acostumados a ver nas bendicións das cousas, non a decisión de facer presente a Deus na vida, senón o culto á imaxe da autoridade de " turno ", a palabra de Deus invítanos hoxe a cambiar esta falsa imaxe que temos do que significa querer ser bendicidos pola presenza de Deus na nosa vida. Aquel que é a nosa bendición preséntasenos de xeito modesto, sinxelo e sen facer apenas barullo, como sen que se note; pero si que está, e faino para converter a nosa vida nunha treboada de disposición e esforzo por levar sorriso de dignidade e xustiza alí onde a violencia, o abuso e a utilización das persoas para fins interesados acabaron impóndose. Si, a bendición da que Deus nos fala non sae nos xornais nin tampouco abre os programas de información, pero si que alenta e enche a nosa vida de valores, actitudes e opcións nas que a igualdade e a dignidade hu
AS COUSAS IMPORTANTES FANSE CON CORAZÓN (CAMPAÑA CÁRITAS CORPUS 2011) PÓRTICO Din que hai crise económica e crise de valores. O certo é que hai crise económica porque hai crise de valores, xa que: se prevalecese a xustiza, ninguén tería fame se prevalecese a fraternidade, ninguén se sentiría so se prevalecese a solidariedade, ninguén quedaría fóra da mesa da creación se prevalecese a persoa sobre a economía, ninguén estaría no paro se prevalecese o amor, ninguén tería frío se prevalecese a fe, ninguén viviría desesperanzado Hoxe, na festa da gratuidade total, na festa do Corpo e do Sangue do Señor, a campaña de Cáritas chámanos a non esquecer que os xestos verdadeiramente importantes saen do corazón: a entrega, o cariño, o compromiso. De certo que "as cousas importantes fanse co corazón". Que sempre o teñamos presente. O PERDÓN Acompañámoste en procesión triunfal polas nosas rúas e prazas, pero seguimos marxinando aos pobres, os teus preferidos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á GRATU

Remol Trindade 2011

UN DEUS QUE NON QUERE CAMIÑAR SO PÓRTICO Nunha sociedade na que as redes sociais, en cuestións de segundos, son quen de poñer en contacto a milleiros de persoas dun cabo a outro do mundo e de mobilizar e convocar a xente que, malia non coñecerse, comparte uns mesmos ideais; paradoxicamente atopámonos co feito de que moita xente, moitas familias viven hoxe na máis absoluta das incomunicacións: comparten a mesma casa, entran en saen pola mesma porta, sentan na mesma mesa, viven no mesmo espazo…pero pouco falan e non se coñecen entre eles. Son incapaces de abrir o corazón para compartir desánimos, plans, proxectos ou ilusións. Porén, a festa que celebramos hoxe, a Trindade, que nos mergulla de novo no tempo ordinario, vén dicirnos que o Deus que se manifesta en Cristo e que envía o Espírito para alentar a nosa vida non quere camiñar só e incomunicado, senón que entra en comuñón con nós. Que non pechemos o corazón á súa chamada. O PERDÓN Pai bo e amigo, ábrenos a descubrir a túa presenza

Pentecostes 2011

UN ESPÍRITO QUE NON UNIFORMA, SENÓN QUE POSIBILITA O ENTENDEMENTO NUNHA SANA PLURALIDADE PÓRTICO A celebración de hoxe, domingo de Pentecostes, quere ser para cada un e cada unha de nós unha chamada de atención sobre o feito de que tod@s estamos chamad@s a entendérmonos, porque o Espírito que se nos deu fai posible a comunicación nunha única linguaxe: a do amor e o servizo, a linguaxe da entrega en favor da construción dun mundo novo no que a dignidade das persoas sexa sempre respectada, a linguaxe do compromiso a prol dos máis desfavorecidos e esquecidos.... Certamente, esta linguaxe ten distintos acentos segundo os falantes, recalcando uns sons máis ca outros, pero no fondo tomos remamos na mesma barca da Igrexa e como cantamos moitas veces: "por riba das nosas distancias hai unha fe que nos une". Que sempre respectemos o acento d@s compañeir@s de navegación e lle deamos grazas a Deus, unha vez máis, pola pluralidade de opcións, de decisións, de camiños, de xeitos de compro