Ir al contenido principal

1 Domingo coresma 2011

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE

SIGNO SINXELO E EXPRESIVO

Nunha cartolina debuxamos unha árbore sen pólas e con raíz. Ao longo dos domingos de coresma iremos engadindo as pólas, nas que escribiremos unha frase que dalgún xeito englobe o sentido dos textos que se van proclamar. Ao final do tempo de coresma teremos a árbore completa, que quererá significar que coresma é tempo de ir medrando e preparándonos para participar na pascua. As pólas vannos indicando canto nos falta para poder chegar ao final do camiño. A árbore completa é expresión da plenitude da resurrección de Xesús.

As frases que escolleu o noso equipo para os cinco domingos son as seguintes:

1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME

2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO!

3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE

4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO

5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PÓRTICO

Que difícil é manterse fiel a uns ideais!. Que mágoa dá ver a facilidade coa que nos deixamos arrastrar por costumes e xeitos de vivir que se van implantando pouco a pouco na nosa sociedade baleirando de contido as experiencias máis nobres do ser humano. Pensemos, por exemplo, no que chamamos a cultura do "tírese despois de usalo", que tende a impor un xeito de vida no que tiramos ás persoas cando xa non nos serven; ou no fenómeno da corrupción, en xente que vende o seu cargo, a súa responsabilidade e a súa dignidade por un prato de lentellas, aínda que sexan millóns de lentellas; ou como damos culto a modas que terminan por deshumanizarnos, converténdonos en escravos dos cartos, do éxito, do prestixio....sacrificándolles todo. familia, amigos, veciños... a vida enteira.

E é que a tentación é sempre a mesma: ter en vez de ser. Que este tempo de coresma que hoxe comezamos, nos axude a discernir, a tirar polo camiño da opción fundamental: abrirnos a Deus e adoralo só a El.

O PERDÓN

  • "Di que estas pedras se convertan en pan". Porque en demasiadas ocasións seguimos empreñando do aire e tentando comerciar contigo, caendo na tentación do consumir en vez do compartir, SEÑOR, NECESITAMOS CAMBIAR.
  • "Tírate de aquí abaixo". Polas moitas veces nas que che seguimos pedindo probas e solucións aos nosos erros, caendo na tentación da infantilidade en lugar da liberdade e a responsabilidade, CRISTO, NECESITAMOS CAMBIAR.
  • "Dareiche todo isto se te postras ante min". Polas veces nas que buscamos ser centro de atención, que nos recoñezan o moito que valemos e facemos, que nos rendan pleitesía, caendo na tentación da egolatría, sen ter descuberto que o noso é o servizo, SEÑOR, NECESITAMOS CAMBIAR.

REMUÍÑO

  • Deus é o Señor da vida, dinos hoxe o texto do libro da Xénese. El vai pondo ao noso dispor todo aquilo que pode levarnos a ter unha vida chea de sentido. Unha vida chea e sempre aberta a ir avanzando, facendo que canto recibimos poidamos deixalo mellorado aos que veñen tras de nós. O que ocorre é que este proxecto que Deus ten, moitas veces nós truncámolo co noso xeito de facer as cousas: temos ansias de poder e dominio (o que supón moitas veces oprimir ao irmán); temos ínfulas de crernos mellores e superiores aos demais (o que acaba traendo que humillemos e pasemos por riba de quen sexa para conseguilo); temos ansia de acaparar (o que nos leva a tratar de xeito inxusto a aqueles dos que queremos aproveitarnos polo que son ou teñen); temos… por isto, e moitas máis cousas que poderiamos seguir enumerando, o proxecto que Deus puxo nas nosas mans, ímolo escurecendo cada vez que xustificamos canto supón tratar ao irmán, que é fill@ de Deus coma nós, coma se fose unha cousa que puideramos utilizar ao noso antollo. As nosas ansias de querer ser e ter máis van facendo que nos afastemos da man e do abeiro de Deus. Ata cando seguiremos trabucados e camiñando polo vieiro torto?.
  • Tamén nós cremos que abrir os ollos supón non esquecerse de Deus. Dicimos que o cremos, pero o que mostramos á hora de facer as cousas di todo o contrario. Abrir os ollos debe levarnos a ser moi conscientes de cal e como é a realidade da que formamos parte, espertar de calquera sono que pretenda afastarnos do coñecemento de canto pasa ao noso redor, ou como diriamos de xeito que o entendamos tod@s, "vivir nos mundos de Yupi". Si, moitas veces parece que o mundo no que estamos non é o noso, que non somos capaces de coñecelo, comprendelo, e así non seremos capaces de transformalo. Este é o derrotismo que agochamos en expresións ao uso, tales como: as cousas son así e non se poden cambiar, non hai nada que facer, por moito que fagamos todo vai seguir sendo igual… Este tempo de coresma no que agora comezamos a camiñar, é unha nova oportunidade para que non cedamos á tentación de evadirnos, de darlle as costas a canto pasa ao noso redor, a tomar en serio que as cousas son dun xeito ou de outro segundo sexa o grado de implicación, de compromiso dos que as realizamos. Nada está determinado, nin o que pasa nin nós. Só Deus é eterno, todo o demais é modificable e está suxeito a transformacións. Volvamos a vista cara atrás e aprendamos da historia: cantos cambios foron posibles grazas ao esforzo, mesmo da vida, de tantas persoas que crían que elas e canto as rodeaba era posible cambialos, facelos distintos e para mellor?. Só depende dunha cousa: a nosa vontade, querelo; pero antes temos que cambiar nós, recoñecer os nosos medos, as nosas angustias, as nosas teimas, as nosas… Somos libres, e en nós está a capacidade de facelo mellor e cambiar todo aquilo que sabemos que nin fai ben nin supón liberación e xustiza. A fe non é opio que nos durma ou nos ille da realidade, ao contrario: a fe úrxenos a tomar en serio a nosa vida desde a necesidade de poñela ao servizo de canto supoña facer presente entre nós o amor e a solidariedade de Xesús de Nazaret: a salvación. El foi o primeiro en tomalo en serio. E nós esquecémolo moitas veces. Este tempo de coresma pode ser un bo momento para espertar do sono. Só así poderemos conseguir converter a coresma en tempo de conversión, interior e exterior, e transformación do corazón. Desterrando, como fixo Xesús, a tentación de poñernos a o servizo dos poderosos, para facelo a prol da causa dos esquecidos e excluídos. Que o deserto, como tempo de reflexión, renovación e cambio, no que nos invita a camiñar a coresma nos leve a saír enfortecidos para poder celebrar en plenitude a pascua que nos chama a ver o mundo con ollos de esperanza.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Chámasnos, Señor, a non caer na tentación da mediocridade e no desencanto. Porque sabemos que camiñarás con nós nesta travesía dicimos agora xunt@s:

QUE VENZAMOS A TENTACIÓN DE ACOMODARNOS

  • Pola Igrexa, que formamos cada un e cada unha de nós, para que descubramos que Deus nos quere no mundo, no conflito, alí onde se xogan os intereses de Deus, que son os intereses das persoas pobres e marxinadas, OREMOS.

QUE VENZAMOS A TENTACIÓN DE ACOMODARNOS

  • Polas nosas comunidades, para que este tempo de renovación e cambio non quede só nun intimismo superficial e individualista, senón que nos leve a unha entrega cada vez mais forte, OREMOS.

QUE VENZAMOS A TENTACIÓN DE ACOMODARNOS

  • Por todos nós, para que non caiamos na tentación de pechar a Deus no ceo, convertendo a nosa vida de fe nunhas prácticas baleiras e carentes de sentido, que só nos afastan máis da realidade e dos nos@s irmáns e irmás, OREMOS.

Iniciado este camiño de recoñecer que nin somos os mellores nin o podemos todo, agradecemos, Señor, que nos deas este tempo para afondar con sinceridade en canto vai supondo atranco na nosa vida. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Fiad@s e confiad@s en ti,

dispoñémonos a comezar este tempo da coresma

aínda que pensemos que non temos forzas para cambiar.

Tentaremos cambiar e ser mellores,

por moito que o intentaramos outras veces e

pensemos que xa nada podemos facer.

Apostaremos cada vez por unha parroquia máis unida,

aínda que entre nós siga habendo receos e desconfianzas.

Soñaremos un mundo sen abusos e sen inxustizas,

por moito que o vexamos roto e tan dividido entre pobres e ricos.

Poñeremos o noso esforzo ao lado das amigas da paz,

por moito que levemos a violencia no corazón

e a vexamos tamén en tanta xente ao redor noso.

Seguiremos defendendo as nosas casas e aldeas,

por moito que a maioría siga escapando cara ás cidades.

Creremos nunha vida completa e feliz nas mans coidadoras de Deus,

aínda que esta terra se nos faga feliz e agradable.

Apostaremos pola honradez e pola legalidade no trato cos veciños,

por moito que as trampas se nos ofrezan como camiño de éxito rápido.

Loitaremos por unhas comunidades cristiás apegadas ao Evanxeo de Xesús, por moito que a rutina nos poida e a falta de fe nos achique.

Fiarémonos de Deus sempre, en calquera circunstancia da nosa vida,

aínda que sexan moitos os que se rían da fe e da vida relixiosa.

Manuel Regal Ledo: Xesús, aquel home de aldea

Cantos

  • ENTRADA: Non vou só
  • LECTURAS: Na noite escura
  • OFERTORIO: Acharte presente na vida
  • COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor