Ir al contenido principal

3 Coresma 2011

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE

SIGNO SINXELO E EXPRESIVO

Colocamos a terceira póla na nosa árbore da Coresma. Lembramos as frases escollidas polo noso equipo:

1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME

2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO!

3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE

4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO

5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PÓRTICO

É difícil asomarse á vida de cada día sen percibir como medra entre nós a sensación de desencanto. Imos tomando conciencia e mesmo sufrindo en propia carne unha crise económica cuxa solución parece cada vez máis complicada. Medra o medo social, a necesidade de defenderse, a impotencia.... Parece coma se estivésemos tocando fondo.... E diante desta situación, coma voitres atraídos polos restos, aparecen os profetas de calamidades, esas persoas agoreiras que falan de castigo de Deus, de xustiza divina, de .... ao tempo que non moven un dedo para que a situación cambie.

Porén, hai un xeito de ler esta realidade con outros ollos, que nos axuden a ver este momento coma un momento privilexiado, porque espertamos do soño de depositar a seguridade e a confianza na sociedade de produción e consumo. Tal vez este tempo de desencanto sexa un momento preñado de posibilidades e de futuro, porque pode ser punto de arranque para unha busca máis axeitada da salvación: un momento que nos permita experimentar a verdade das palabras que hoxe escoitaremos: "Quen bebe desta auga que eu lle dou, nunca volverá ter sede".

O PERDÓN

  • Porque seguimos mirando por enriba do ombreiro e considerando de segunda o papel das mulleres, o seu traballo, a súa opinión, SEÑOR, DANOS DA AUGA DA IGUALDADE.
  • Porque se non coincide co noso acento, coa nosa fala, coa nosa cultura, coa nosa clase social ou coa nosa relixión, consideramos á outra persoa coma unha descoñecida ou inimiga, CRISTO, DANOS DA AUGA DA IGUALDADE.
  • Porque preferimos acaparar opinións, vontades e compromisos a favor do que é noso e non en ben de todos. SEÑOR, DANOS DA AUGA DA IGUALDADE.

REMUÍÑO

  • A nós pásanos moitas veces, non sempre coido, o que lles pasaba aos israelitas no deserto: non acabamos de entender que ou nos fiamos de verdade e enteiramente de Deus ou a vida acaba por non ter sentido, por non saber elixir o camiño que nos conforta e reconforta en canto facemos para nós, os demais e o mundo. Si, o mundo, porque moitas das veces, ou case que sempre, non somos conscientes de que as nosas covardías ou as nosas arroutadas non inflúen soamente en nós e nos que están na nosa contorna, senón que van moito máis alá, acabando por facer da sociedade un ámbito de insensibilidade, desapego, despreocupación por conservar canto temos recibido e así poder legarllo aos que veñen detrás... E ao non entender isto pasamos máis de media vida laiándonos de todo e todos, como se a culpa fora dos outros, e nós simples vítimas do quefacer dos demais. Porén, as palabras que Deus vai deixando ao longo do tempo a través da fala e o comportamento dos que no seu nome falan, móstrannos que acollelo supón seguir o seu camiño, esforzarse por vivilo con alegría e paz, traballar para que o amor solidario e xusto agrome en nós, nos demais e no mundo. Este tempo de coresma sempre é un bo momento para que revisemos, para que nos preguntemos e decidamos deixar atrás dúbidas e desconfianzas e comezar a dar froitos no tempo de pascua. Non perdamos tempo, non sexa que logo sexa tarde.
  • E como ben di Paulo, este camiño que nós temos elixido vainos dando paz, ledicia, esperanza… desde as que ir afrontando todo o desgaste que supoñen os avatares da vida. A fe ofrécenos a esperanza que, se ben non nos saca os problemas, si que nos axuda a velos doutro xeito. Non para ser sufridores permanentes e sumisos, senón para loitar con novos folgos contra canto vai entorpecendo que poidamos ser felices e axudar a que os demais tamén o sexan. É dicir, a fe axúdanos a loitar contra a tentación do desalento e da comodidade. Estariamos moi ben e moi cómodos metidos no noso mundo e nas nosas cousas, tantas veces temos cedido a iso!, pero non é o que quere Xesús. Polo que non nos queda máis remedio que espabilar e comezar a tirar do carro.El demostrounos que amar é posible, mesmo esixe sacrificio, esforzo, renuncias… pero deixa a mellor das gratificacións: o sorriso naquel@s que se senten amad@s.
  • Coma a samaritana, tamén hoxe Xesús se fai o encontradizo con nós e pídenos de beber. Pero non é a auga nin dos nosos mananciais nin das nosas traídas, senón a auga que cambia, limpa, transforma, renova, alenta… a nosa vida, a auga da súa palabra, da súa mensaxe, anunciada a invitada a ser vivida por cada un/ha de nós. A auga que fomos bebendo desde o día do noso bautismo: no testemuño dos noso pais e familiares, na catequese coa palabra dos catequistas e o descubrimento da persoa de Xesús a través deles, cos valores que día a día nos invitan a ser persoas de paz, libres e liberadoras, honestas, xustas, solidarias… e que imos descubrindo desde as páxinas do Evanxeo e o testemuño de tantos homes e mulleres ao longo da historia que van deixando pegada en nós. A auga que calma as nosas sedes de vinganza, odio, alporizamento, xenreira… que tanta sede nos producen e que moito dano nos fan. Agradezamos ao Señor a súa auga, e bebamos dela ata fartar a nosa sede, para que, deste xeito poidamos tamén nós dar de beber a cantos atopemos sedentos do que lle impide quererse e querer aos demais. Só saciando a nosa sede, poderemos compartir a auga do Señor.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Señor, bebemos da auga que ti nos das e somos capaces de renovar as nosas forzas, agradecidos dicímosche:

SEÑOR, QUE SEMPRE BEBAMOS DA TÚA FONTE

  • Pola Igrexa, que formamos todos e todas nós, para que no noso camiño esteamos sempre ben atentos para poder ofrecer a auga da comprensión, da escoita, da voz, do agarimo... a todas as persoas que, sentíndose cansas polo peso da súa carga, non poden seguir adiante, porque non teñen forza, OREMOS.

SEÑOR, QUE SEMPRE BEBAMOS DA TÚA FONTE

  • Polas nosas comunidades, para que nos deixemos de tonterías do tipo: este non é do noso barrio, aquel é moi raro, esoutro non pensa coma nós... e sexamos capaces de vivir esta Coresma como verdadeira conversión, deixándonos enchoupar pola misericordia dun Deus que é incluínte e nunca excluínte, OREMOS.

SEÑOR, QUE SEMPRE BEBAMOS DA TÚA FONTE

  • Por tod@s nós, para que tomemos en serio o noso ser cristiáns e sexamos capaces de unir fe e vida, deixándonos enchoupar desa auga que dá Xesús e que pode saciar tantas pequenas sedes que nos levan á desesperación e ao abandono, OREMOS.

SEÑOR, QUE SEMPRE BEBAMOS DA TÚA FONTE

Unímonos a Ti, Señor, para sentir a túa forza e o teu alento, dispostos sempre a escoitar a túa voz e a beber da túa auga. P.X.N.S. Amén.

PARA A REFLEXIÓN

- Dáme de beber.

- Señor, tan sedento estás que non te decatas de quen son?

- Dáme de beber

- Estás de broma, Señor?.

- Dáme de beber

- Que esquemas me queres romper?

- Non me preguntes. Ti, dáme de beber.

- O que me faltaba escoitar de Ti!.

- Dáme de beber

- Eu non teño auga, senón que teño sede.

- Dáme, pois, a túa sede

- Negaríaste a soñar e a camiñar outra vez.

- Dáme a túa sede

- Ninguén me calmou. E ti non es quen de facelo

- Dáme a túa sede... e verás!

- Secaron as miñas entrañas, eu non son fácil de convencer

- Vamos!. Dáme a túa sede

- Non sei que pretendes facer

- Non te resistas, dáme a túa sede.... Quero mirarte correr, e vivir, e suar, e rir...Só quero que sexas feliz.

Cantos

  • ENTRADA: Camiñando pola vida
  • LECTURAS: Oxalá escoitedes hoxe a súa voz
  • OFERTORIO: A auga do Señor
  • COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel