Ir al contenido principal

2 Coresma 2011

A XUSTIZA DE CRISTO ÁBRENOS CADA DIA O CAMIÑO DA SALVACIÓN E DA FRATERNIDADE

SIGNO SINXELO E EXPRESIVO

Colocamos unha segunda póla na nosa árbore da Coresma.

Lembramos que as frases que escolleu o noso equipo para os cinco domingos son as seguintes:

1) NON SÓ DE PAN VIVE O HOME

2) ERGUÉDEVOS, NON TEÑADES MEDO!

3) SEÑOR, DÁME LOGO DESA AUGA PARA NON TER SEDE

4) SÓ SEI UNHA COUSA: QUE EU ANTES ERA CEGO E QUE AGORA VEXO

5) EU SON A RESURRECCIÓN E A VIDA. QUEN CRE EN MIN, AÍNDA QUE MORRA, VIVIRÁ.

PÓRTICO

Tod@s corremos o risco de instalarnos na vida, buscando un refuxio cómodo que nos permita vivir tranquilos, sen sobresaltos nin preocupacións excesivas. Vivir relaxad@s nun ambiente feliz, deixándonos atrapar por un conformismo cómodo que nos permita seguir camiñando do xeito máis agradable.

E·a vida de fe non é allea a isto. Hai un xeito de instalarse que pode ser falsamente reforzado con "tonos cristiáns". É a eterna tentación de Pedro que espreita sempre aos crentes: "plantar tendas no alto da montaña", ou o que é o mesmo, conformarnos co que xa facemos, eludir a nosa responsabilidade, esperar que Deus realice a salvación.

Porén, a mensaxe de Xesús é clara: o que nos illa dos irmáns, o que nos instala comodamente na vida, tranquilizándonos e afastándonos do compromiso e do servizo aos máis necesitados non é unha experiencia cristiá. Temos que baixar do monte, chegar onde está a xente e traballar contra todo aquilo que nos respecte a dignidade da persoa.

O PERDÓN

  • Porque non somos capaces de dar o paso que nos leve a saír de nós mesmos, dos nosos egoísmos e das comodidades, SEÑOR QUE A TÚA MISERICORDIA VEÑA SOBRE NÓS.
  • Porque facemos oídos xordos á túa voz, que nos chama a saír de nós mesmos para ir ao encontro do irmán e da irmá, CRISTO, QUE A TÚA MISERICORDIA VEÑA SOBRE NÓS.
  • Porque facemos oídos xordos á túa voz, que nos invita a baixar da póla da autosuficiencia, do pasotismo e do medo, SEÑOR, QUE A TÚA MISERICORDIA VEÑA SOBRE NÓS.

REMUÍÑO

  • Do mesmo xeito que, tal e como nos di hoxe a primeira lectura, Deus chamou a Abrahán, e despois del a moit@s homes e mulleres ao longo da historia grazas aos que nós hoxe podemos xuntarnos para celebrar a fe de maneira comunitaria e gozosa; tamén nos chama a nós para que respondamos a esta chamada acollendo valores que logo saibamos converter en actitudes que van facendo que o noso actuar leve paz polo xeito de relacionarnos con nós mesmos e cos demais; sexa imaxe da xustiza polo xeito respectuoso e sen favoritismos de abordar os conflitos e de solucionar diferenzas; e sexa mostra de esperanza á hora de integrar a dor e o fracaso cando chegan a nós e ao noso contorno. Deus, entón, chámanos cada día e de formas e xeitos plurais; o que temos é que estar sempre atentos para poder escoitar a súa chamada. É verdade que a diferenza do tempo de Abrahán, hoxe son moitas e moi diferentes as voces que se escoitan, e non todas valen, pois só unha é a voz de Deus. Simplemente temos que estar cos ollos ben abertos e cos oídos atentos para saber identificar esa voz e responderlle. Na longa historia de amor entre Deus e os seres humanos, foron moitas as persoas que souberon identificar esa voz e responder á súa chamada. Se miramos cara atrás, non buscando nostalxia, senón para asentar e unir o noso hoxe co onte dos que estiveron antes, descubriremos rostros con nome e apelido que foron capaces de converter a súa vida nunha experiencia de realización persoal, realización do ben común e testemuño de entrega á causa de cantos se sentían necesitados e buscaban un sorriso, unha man, unha palabra, un pouco de tempo… que lles facía entender quen e como se mostraba Deus. E se agora estamos neste tempo de coresma, e constantemente estamos escoitando que é tempo de conversión, preparación para a pascua, revisión de actitudes nas que fallamos, etc; e non queremos facer da coresma unha palabra, unha rutina ou unha cousa da que falan os curas, ben poderíamos aproveitar para convertelo verdadeiramente nun tempo de gozo e de graza. De nós depende.
  • Aos que lles gusta o fútbol seguro que teñen escoitado máis dunha vez o lema do Liverpool, un equipo de fútbol inglés, que di: "nunca camiñarás só". Este lema que lles serve a eles para sentirse unidos, formar grupo e animar ao seu equipo, non lle estraña a ninguén, ao contrario, é motivo de admiración por moita xente máis alá do fútbol. Ben, pois os cristiáns, e sen que soe raro nin supoña que nos volvésemos tolos, tamén dicimos o mesmo. É máis, moito antes ca eles, desde o principio os primeiros seguidores de Xesús e nas diferentes comunidades viñan dicindo e sentindo iso mesmo. Non se sentían solos, percibían na súa vida e no seu actuar a presenza do Espírito que os facía sentir fortes e os levaba a perder os medos e as desconfianzas. Porén nós, como que temos vergoña de dicilo, ou de estar atentos para sentilo, dándose así unha contradición, pois namentres ao falar de deporte, música ou afeccións nada nos avergoña, cando nos referimos as cuestións da fe, calamos, cambiamos de tema ou mesmo evitamos manifestar por que e que supón a fe na nosa vida. Como se aquí, ao contrario que nos outros campos, si que nos gustara camiñar solos. A pesares de que nós somos así, o Espírito teima, unha e outra vez, para que nós vaimos descubrindo a súa presenza ao noso lado, e non teñamos medo nin desconfianza para afirmar que, desde sempre e polo tanto, tamén hoxe, os cristiáns non camiñamos solos.
  • E diante da tentación de agocharnos e reducir a fe ao ámbito do íntimo, do individual ou a dentro da Igrexa, Xesús vennos dicir no Evanxeo de hoxe que a súa mensaxe hai que comunicala, anunciala a cantos a descoñecen. Non do xeito escandaloso de quen fai moito barullo, senón co bo facer por parte da cada un/ha de nós na casa, na parroquia, no traballo, cos amigos… no medio da sociedade, facendo as cousas de xeito responsable, non deixando que comportamentos corruptos aniñen na maneira de actuar; non sendo violentos nin tampouco desprezadores dos demais. Ser cristián, hoxe e sempre, lévanos a converter en praxe, vida e acción, a chamada que Xesús nos dirixe hoxe a nós. E fronte a actitude de Pedro de escapar da dureza do mundo e refuxiarse na comodidade dos grupos estufa –onde nos sentimos a gusto, acollidos pero totalmente inactivos e deixando que fóra do grupo as cousas sigan sempre igual– chámanos a comprometernos en todo aquilo que supoña avance na sociedade, traballo a favor do ben común, defensa da persoa e dos seus dereitos, especialmente concretado nos máis desfavorecidos. A fe non é algo estático e inamovible, todo o contrario, é esforzo cotián e tarefa sempre activa e permanente para que canto Deus puxo nas nosas mans o dispoñamos ao servizo e para uso e disfrute dos seres humanos. E, temos que recoñecelo, moitas veces non a vivimos así. Máis ben pásanos como a Pedro, sentímonos cómodos e a gusto cunha das súas dimensións, a litúrxica, pero perdemos a referencia, ou esquecemos que xunto á necesidade de celebrar hai que situar o anuncio –"non teñades medo"– e o compromiso –a caridade–, e que é esta última a que expresa que crer é amar; e non debemos esquecer que cando me sirvo, non sirvo, senón que me aproveito. E iso non é o que Xesús esperaba de nós. Deixemos de facer tendas que entreteñen e poñámonos a traballar para que as miñas conviccións xunto coas dos outr@s acaben facendo do mundo a casa de todos. Utopía ou posibilidade?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Señor, queremos nós, membros da comunidade de S./Sta. …………….., compartir a oración e responder coa nosa vida a túa chamada, por iso dicimos xunt@s:

QUE O MEDO NON ESCUREZA A NOSA RESPOSTA

  • Pola Igrexa, para que sexa máis evanxélica e menos institucional, máis testemuña e menos mediática, máis reflexiva e moito menos superficial nos seus membros, OREMOS

QUE O MEDO NON ESCUREZA A NOSA RESPOSTA

  • Polas nosas comunidades, para que nunca caiamos na tentación de instalarnos na comodidade de tantos Tabor, senón que pola contra camiñemos cara ao Monte Calvario onde atoparemos a Cristo que sofre cos parados, coas mulleres maltratadas, cos vellos que están solos, coa xente que vive na desesperanza, na dor e na tristura, OREMOS.

QUE O MEDO NON ESCUREZA A NOSA RESPOSTA

  • Abramos corazón e ollos, e teñamos neste momento presentes a aquelas persoas ás que, cando nos necesitaron, fomos incapaces de estar ao seu lado: enfermos, persoas que viven solas, veciñ@s que están no paro, cant@s andan sen rumbo nas súas vidas, e necesitan unha voz amable que lles diga cal é o camiño que dá a verdadeira felicidade e lles tenda a man, Oremos.

QUE O MEDO NON ESCUREZA A NOSA RESPOSTA.

Sentindo a ledicia da forza comunitaria da oración, queremos , Señor, que deixando a tras a mediocridade, non teñamos medo de expresar co noso comportamento que Ti alentas cada día a nosa vida.P.X.Noso Señor.Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Somos construción de Deus,

non nos pertencemos.

Somos cidade no alto.

É absurdo achegarse; pero estamos feitos todos e todas

para a colaboración mutua,

para a iluminación mutua,

para o reforzamento mutuo.

Somos feitos para a comunidade,

para dar e recibir,

luz, calor, ánimos, ideas…

A primeira luz son os feitos bos, non as palabras;

e o fin non é o propio lucimento, senón a bendición de Deus.

Porque o Deus que hai en nós, o Deus que somos,

é o autor de todas estas humildes marabillas.

(Manolo Regal, A Graza…)

Cantos

  • ENTRADA: Seguirei os teus pasos
  • LECTURAS: Arrepentido
  • OFERTORIO: Camiñarei na presenza do Señor
  • COMUÑÓN: Acharte presente

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor