Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2011

9 domingo TO 2011

Invitad@s a camiñar sabendo poñer os pés no camiño adecuado: amor e servizo
Pórtico
Basta con botar unha ollada superficial aos medios de comunicación para decatarnos de que estamos pasando por un momento de crise, non só económica, senón tamén de valores. Palabras como responsabilidade, honestidade, sinxeleza, compromiso ou sinceridade parece que quedaron obsoletas e que pertencen a un pasado que non queremos lembrar.
Pero hoxe o Señor volve lembrarnos que temos que ter coidado á hora de edificar a nosa vida, que temos que construír sobre rocha firme, porque no caso contrario, cando veñan as dificultades, que virán, quedaremos ao pairo e non seremos quen de afrontalas serena e esperanzadamente.
Que o Deus que nos convoca aquí nesta mañá de domingo nos dea sentidiño para edificar a nosa vida sobre o cimento firme do Evanxeo do amor e da xustiza.
O PERDÓN
Porque esquecemos que ter fe esíxenos manifestalo coas nosas obras, SEÑOR, ACOMPAÑA A NOSA CONSTANCIA.
Porque nos cansamos demasiado rápid…

7 domingo TO 2011

A confianza en Deus afástanos do desacougo e ábrenos ao seu reinado
PÓRTICO
A nosa sociedade caracterízase principalmente pola agonía, a agonía das présas, a agonía de non chegar a fin de mes, a agonía de non ter traballo, a agonía de non quedar ben diante dos outros, a agonía do que dirán. E así metémonos nunha espiral que non nos deixa ser nós, que fai que pensemos en todo menos no importante. Xesús hoxe invítanos ao contrario, é dicir, a sentir que, sen desprezar as nosas responsabilidades, estamos chamados á confianza: en Deus, nas persoas e en nós mesmos. Unha confianza que fará que busquemos o diálogo, o perdón, a dispoñibilidade, a gratuidade... Unha confianza que nos levará a descubrir que si é importante no noso tempo, xa que moitas persoas están faltas diso precisamente e enchidas de moitas cousas que só producen soidade.
O PERDÓN
Diante de Ti, Señor, recoñecemos a nosa pobreza, que nos leva a utilizarte como se foses un vendedor de valores e actitudes de saldo, por iso che dici…

7 domingo TO 2011

Nin nos compran nin nos vendemos. Somos agasallo de Deus: somos para o amor
Pórtico
Unha das maiores aspiracións que temos as persoas é a vivir en paz, sen conflitos; pero pensamos que iso se reduce a que non haxa guerra nin violencia. Porén, somos consumidores de programas na televisión e na radio que nin fomentan nin educan na paz e moito menos no amor, especialmente a aquela persoa que nos fixo mal. A celebración de hoxe é unha chamada de atención a nós que nos consideramos cristiáns, para que fomentemos o amor dende o mais cotiá, dende a familia, o barrio, as parroquias e que sexamos quen de non quedar calados diante de tanta inxustiza e de tanta prepotencia. Non esquezamos que é a raíz e o profundo do noso sermos cristiáns.
O PERDÓN
Porque confundimos amor con comodidade e utilización dos demais, SE NOS FALTA O AMOR, SEÑOR, NON NOS SIRVE DE NADA.
Porque esquecemos que sen amor falar de felicidade, xustiza e liberdade é baldío, SE NOS FALTA O AMOR, CRISTO, NON NOS SIRVE DE NADA.
Porque …

Mans Unidas 2011

O SEU MAÑÁ... É HOXE
(LII CAMPAÑA DE MANS UNIDAS)
PÓRTICO
Paz e ben. Neste segundo domingo do mes de febreiro, ao xuntarnos para facer memoria de Cristo encarnado, morto e resucitado, celebramos tamén a XORNADA NACIONAL DE MANS UNIDAS, coñecida tamén coma CAMPAÑA CONTRA A FAME. Mans Unidas é unha organización da Igrexa católica que nos invita ao compromiso coas persoas máis desfavorecidas do planeta en forma de colaboración económica, escoita, conciencia solidaria e fraternidade.
Este ano Mans Unidas adica a campaña a súa campaña LII a tomar conciencia dun dos problemas máis grandes que asolan o noso mundo: a mortaldade infantil. Cando miramos cara ao noso país e aos países desenvolvidos, podemos dicir con ledicia e orgullo que os dereitos do neno cúmprense sobradamente... tan sobradamente que ás veces mesmo os convertemos nos dictadores da casa. Porén, cando volvemos os nosos ollos cara aos países do sur, decatámonos de que estes dereitos parece que non foron promulgados para eles.
Pero.…