Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

5 domingo TO 2011

Nin luces de neon nin lámpadas de baixo custo. Unha única e sempre activa luz: Xesús de Nazaré Pórtico Nunha sociedade plural coma a nosa, e diante dun clima social indiferente ao relixioso, moitos cristiáns terminan por vivir a súa fe cunha especie de complexo de inferioridade. Séntense crentes no máis fondo do seu corazón; pero non se atreven a confesarse como tales diante dos demais, nin no seu ámbito profesional nin nos seus círculos sociais. Porén, nun tempo no que tanto se fala de autenticidade, sería un contrasentido que os crentes ocultaramos as convicións que poñen luz e sabor na nosa vida. Entre o cristián intolerante e agresivo (que tristemente tanto prolifera) e o cristián acomplexado e avergoñado, está a persoa de fe, que sabe presentar e testemuñar a súa propia experiencia de crente dun xeito sinxelo e profundo. A nosa sociedade precisa destas persoas mensaxeiras do Reino, testemuñas que demostren que a vida pode ser vivida con dignidade e confianza, con fondura e esperan

Domingo 4 2001 A

Cando un busca, por moito que nos escondamos… sempre nos atopan. Deus sae na nosa procura, e sempre acaba atopándonos. Grazas. Pórtico     Estar orgullos@ do Señor, un orgullo que nos fai ditos@s. Esta é a invitación que nos dirixe a celebración de hoxe. Que non nos sintamos avergoñados por manifestarnos e sentírmonos crentes, ao contrario, que iso supoña na nosa vida ledicia, gozo, frescura, creatividade e forza para que, canto fagamos, o saibamos poñer na man e protección do Señor. Que mellor cousa para chamarnos ditos@s!. E que maior e mellor recompensa: o agarimo de Deus para sempre. Esta é a nosa esperanza, e por iso nos volvemos xuntar hoxe aquí. Perdón Por todas as veces nas que a nosa mala conciencia nos leva a apartarnos de Ti, SEÑOR, GÁRDANOS NA TÚA MISERICORDIA. Por todas as veces nas que temos esquecido que só na sinxeleza e no respecto dos demais poderemos acadar a túa benaventuranza, CRISTO , GÁRDANOS NA TÚA MISERICORDIA. Porque con moita facilidade esquecemos c

3 domingo TO 2011

PORQUE O REINO XA ESTÁ AQUÍ.... CELEBRÉMOLO UNID@S PÓRTICO O noso mundo está cheo de modelos, de persoas ás que admiramos polas súas calidades, polo seu xeito de ser, de actuar ou de afrontar a vida. Futbolistas, políticos, actores, cantantes... e , en menor escala escritores, poetas, músicos... Porque todos necesitamos reflectirnos nalgunha persoa, especialmente para proxectar o que nos falta a nós. O problema quizá sexa cando non temos referentes, cando non existen esas persoas ou son mediocres. Hoxe a celebración fálanos que os cristiáns non necesitamos buscar moito para a topar un modelo a quen seguir: Xesús, que non falla nunca e é luz na nosa vida. A que esperamos para dicirlle que si?. O PERDÓN Porque moitas veces fáltannos iniciativa, ilusión e imaxinación á hora de botar as redes, caendo na imposición e na vulgaridade, SEÑOR, PERDOA O NOSO EGOÍSMO. Porque moitas veces o noso individualismo, a nosa autosuficiencia e o noso afán de protagonismo fan que se rompa a unidade nas nos

2 domingo 2011

Nun mundo cargado de luces e sombras, deixémonos iluminar pola luz que non cega Pórtico     A sociedade da que formamos parte insiste tanto en vestir todo de luz, que moitas veces o exceso acaba cegándonos. É unha cegueira que leva a que vaiamos dando tombos dun lado ao outro sen atopar o noso verdadeiro sitio. E iso pode acabar converténdonos en monicreques. Porén, Xesús, preséntasenos coma a luz que sabe respectar ao que vén de fronte, coma a luz que sabe iluminar sen molestar; ao contrario, a súa luz mesmo fai posible que moit@s que nin o coñecen nin son dos del, acaben sendo iluminados por ela. Que esta luz que vai facendo que non trabuquemos o camiño, nos acompañe nas nosas decisións, e sexa tamén luz para cantos no mundo de hoxe se atopan perdidos. Perdón Polas veces nas que nos deixamos cegar polas luces da aparencia e da falsa felicidade, SEÑOR, GRAZAS POR SER LUZ. Polas veces nas que o noso saúdo non é de acollida, senón de violencia, CRISTO, GRAZAS POR SER LUZ. Polas veces na

REMOL BAUTISMO SEÑOR 2011

Sen Ti non somos nós...... e sen ti, tampouco PÓRTICO Xa chega ao final o tempo de Nadal. E máis alá da contaminación consumista que leva ao gasto, moitas veces desmesurado e innecesario, para os cristiáns foi un tempo de graza, de vida, de renovación: Deus, o Salvador, asume a nosa condición humana, quere camiñar á nosa beira sufrindo e gozando con nós. Non quixo quedarse á marxe, senón ser un máis. El é o que sempre está aí. Por iso nin o consumismo, nin a alegría superficial, nin o divertirse por decreto, porque o fan todos, porque toca, conseguirán apagar o gran anuncio da salvación: Deus xa está entre nós. Hoxe a celebración quere ser unha invitación a que lembremos que un día fomos acollidos no seo dunha comunidade para sentir a ledicia de ser e chamarnos seguidores de quen pasou polo mundo facendo o ben. Porque esa foi a súa invitación, reunímonos hoxe para compartir a calor agarimosa dos que nos sentimos necesitados de encontrarnos para comparti-la fe a encher a nosa vida de no

REMOL EPIFANÍA 2011

Sen Ti non somos nós...... e sen ti, tampouco PÓRTICO Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus sen os mostra a tod@s, sen reparar na nosa condición social, na cor da nosa pel, no xénero ou en calquera outra cousa. Deus móstrasenos como brazo sempre aberto para acoller sen exclusións e para darnos tódalas apertas posibles. Acaso isto non é máxico para ilusionarnos e ilusionar?. Pero tamén é día de verdadeira maxia, a maxia onde a ilusión, a sorpresa e a capacidade de sorprendernos non ten límites, tanto para os pequenos como para os grandes. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. PERDÓN Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos , SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos , CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAX