Ir al contenido principal

DOMINGO 33 to 2010

As pedras vivas da perseveranza van deixando regueiros de fraternidade

Pórtico

    Cando son tantas as voces que, desde un e outro lado, escoitamos falar cada día, con moita alegría e pouco criterio, do divino e do humano; e onde sempre hai solución sexa para o roto como para o descosido, resúltanos difícil, se non o temos pensado suficientemente, poder manter as nosas conviccións, os nosos valores e os nosos principios, o noso xeito de dicirnos: quérome e acéptome como son!. Porque se un só actúa, vive, reza ou cre de "orella", polo que outros din, diante da pluralidade de voces que escoitamos e o pouco asentado que un ten as razóns que @ levan a facer as cousas, corremos o perigo de deixarnos guiar da opinión que primeiramente escoitamos ou da que máis cómoda e fácil nos resulta. Porén, non deberiamos esquecer endexamais que sen perseveranza non hai paraíso. O que nos supón afrontar a vida como un reto –tarefa continua de construírmonos futuro-, difícil, pero sempre estimulante desde o que imos pondo en valor a nosa maneira e o noso xeito de entender e facer ben as cousas, sen deixarnos levar da opinión do que máis berra, do que máis aparece na televisión ou do que máis medo nos mete. A perseveranza é outra cousa, sempre fai referencia á identificación do que un di, cre, fai e celebra, sen deixar que outros, por moito que insistan, nos fagan esquecer o que é fundamental no camiño da nosa vida, que para nós os crentes é Cristo.

O PERDÓN

  • Da nosa inconstancia, QUE NOS AFASTEMOS, SEÑOR.
  • Dos nosos enredos baleiros, QUE NOS AFASTEMOS, CRISTO.
  • Da tentación do abandono e de aproveitarse do que outros fan, QUE NOS AFASTEMOS, SEÑOR.

Remuíño

  • En tódalas facetas da vida, as persoas necesitamos referentes desde os que ir construíndo, de xeito harmónico e racional, o que son os alicerces da nosa existencia persoal. Homes e mulleres que foron deixando pegada en cada un de nós e aos que tentamos seguir buscando facendo as cousas seguindo o camiño por eles aberto: un mestr@, un veciñ@, un parente, un cura….Non pretendemos imitalos, a vida non é mimetismo, senón seguir camiñando polo carreiro que eles foron abrindo. Así o entendeu tamén Paulo, e o deixou escrito na carta aos tesalonicenses cuxo fragmento acabamos de ler hoxe como primeira lectura. El, que tiña como referente a Xesús e a súa mensaxe, esfórzase por explicárllelo a aquel grupo de cristiáns de Tesalónica, e invítaos a que se vaian achegando a El para coñecer a súa mensaxe e buscar de levala á vida. Nesta tarefa Paulo pon a súa atención no seu xeito de actuar; fala de si mesmo, pero non o fai con afán de soberbia ou pretendendo poñerse como modelo a imitar, non, senón que lle vai contando a dureza da súa experiencia vital, e como nela o encontro con Xesús marcouno para sempre, e axudoulle a superar atrancos, que non foron poucos, e dificultades. Isto é o que Paulo tentaba transmitir naquel tempo, e téntao agora tamén con nós, no presente da nosa vida. Que tamén a nós o encontro con Xesús ha marcarnos, e para ben, de por vida. Isto esixe entrega e honestidade persoal, insistencia e superación de calquera desánimo que poida ir facendo a súa aparición. E finalmente, dilles, que iso só se pode ir acadando desde un sincero e constante espírito de perseveranza. E canto lle di Paulo aos de Tesalónica, nolo di hoxe tamén a nós. Estamos dispostos a camiñar, con esforzo e sen desanimarnos, polos vieiros da perseveranza?.
  • No evanxeo, e con un estilo –xénero literario– chamado apocalíptico, Xesús tenta tamén transmitirnos que na vida é necesario tomar decisións, facer opcións que non sempre son fáciles e que cuestionan o noso xeito de vivir, pois temos que aprender a vivir desde o radicalismo evanxélico que nos invita a non deixarnos mangonear polos que mandan ou polos que pretenden impoñer o que eles din sen respectar a nosa opinión, ou sen sequera pedírnola. E faino utilizando unha maneira extrema de dicilo. Pero non está a reflectir unha situación real na que tiveramos que estar matándonos e enfrontándonos uns contra dos outros, na casa ou fóra dela. A radicalidade da que fala Xesús no Evanxeo non é violenta, sectaria ou interesada, senón que é a radicalidade que nos vai convertendo en persoas cada vez máis humanas, máis preocupadas polo que lle pasa aos que están ao noso redor; a radicalidade que nos abre á solidariedade e quere deixar atrás o interese, o egoísmo, a búsquea do que só dá rendibilidade material. E isto é importante telo en conta, para evitar confundir a maneira en como o di Xesús, o xénero literario, co que nos quere dicir, que é o importante. Temos, entón, que esforzarnos por non caer nós no fundamentalismo dos que buscan impoñer a Palabra coma se fose un parvulario no que hai que aprender os textos de memoria e cantalos en voz alta como cando eramos pequenos e iamos á escola. O evanxeo non é a táboa de multiplicar que dese xeito aprendiamos, senón unha Boa Nova de humanidade que nos fala do amor que Deus nos ofrece cada día, e que nós somos invitados a compartir levándollo a quen del se sente necesitado. Só se somos verdadeiramente perseverantes neste camiño, podermos entender canto hoxe El nos quixo ensinar no Evanxeo. Non estraguemos entón esta invitación que se nos fai a estar sempre vixiantes para evitar perdernos no anonimato da masa. Para El, tod@s, sen distincións, somos importantes. E para nós?.

Oración da comunidade

    A oración comunitaria é momento de unión de corazóns e palabras, para deixar sentir a forza da unidade dos que nos sentimos ilusionados na construción das pedras vivas que se acollen, axudan e perdoan, por iso dicimos xunt@s:

QUE CONSTRUAMOS A VIDA SOBRE OS CIMENTOS DA PERSEVERANZA

  • A Igrexa, na que tod@s nos sentimos implicad@s quere ser comuñón de comunidades plurais, abertas, ledas e sempre acolledoras. Para que nunca esquezamos que é dende o exemplo dos seus membros e dende a colaboración de todos, o mellor xeito de dar testemuño da vida que nos trae Xesús, OREMOS

QUE CONSTRUAMOS A VIDA SOBRE OS CIMENTOS DA PERSEVERANZA

  • Que desde as nosas comunidades vaiamos tomando conciencia de que as pedras vivas son as realmente importantes, e ás que sempre debemos prestar atención, tempo, solidariedade e esforzo, OREMOS.

QUE CONSTRUAMOS A VIDA SOBRE OS CIMENTOS DA PERSEVERANZA

  • Por todos e todas nós, para que saibamos redescubrir o traballo como camiño de realización persoal, e non coma unha canga pesada enriba dos nosos ombreiros, e así esteamos sempre dispostos a loitar pola dignificación do mundo laboral, OREMOS.

QUE CONSTRUAMOS VIDA SOBRE OS CIMENTOS DA PERSEVERANZA

  • Que cada un e cada unha dos que hoxe nos xuntamos para compartir a oración, non esquezamos nunca que só poderemos ser pedras vivas se tomamos en serio ás persoas que están ao noso lado, prestándolle atención, tempo, conversa, axuda…e sempre desde o amor, OREMOS.

QUE CONSTRUAMOS VIDA SOBRE OS CIMENTOS DA PERSEVERANZA

    Co corazón disposto a abrirse diante de cantos senten paixón por tódolos humanos e todo o humano, agradecemos, Señor, a túa compaña e o agasallo do Espírito que vai alentado a nosa vida.P.X.N.S.Amén.

PARA A REFLEXIÓN

Crer de corazón e de palabra.

Crer coa cabeza e coas mans.

Negar que a dor teña a última palabra.

Arriscarnos a pensar que non estamos definitivamente solos.

Saltar ao baleiro en vida, de por vida,

e afrontar cada xornada sabendo que Ti camiñas connosco.

Avanzar a través da dúbida.

Atesourar, sen mérito nin garantía, algunha certidume fráxil.

Sorrir na hora escura coa risa máis lúcida que poidamos imaxinar.

Porque o Amor fala ao seu modo,

bendicindo aos malditos, acariñando intocables

e descravando das cruces aos benaventurados

CANTOS

Entrada: Pedras vivas

Lecturas: Escoita ao Señor

Ofertorio: Na nosa terra

Comuñón: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor