Ir al contenido principal

Domingo 32 TO 2010

PORQUE NOS TROUXO A VIDA..... CELEBRÉMOLO!!!!!!!!!!!

PÓRTICO

Hoxe, se cadra máis ca nunca, fálasenos de compromiso, de solidariedade, de axuda, de traballo común.. Pero, por que estes reclamos non teñen éxito?, por que nos queixamos tanto do medo que ten a xente a comprometerse en calquera ámbito da vida?. Se miramos cara dentro de nós, pode ser que descubramos que ou ben non presentamos estas opcións axeitadamente ou ben o noso testemuño de compromiso é inexistente. O que nos chama máis é vivir o presente sen mirar nin preocuparnos polo futuro, vivindo nun individualismo que nos converte en illas, facendo que todo nos moleste, porque nos quita tempo, porque nos quita esforzo, porque nos quita enerxía. Si, comprometémonos, pero puntualmente. Cando nos piden constancia, esforzo, facer ben as cousas .. entón desaparecemos.

A celebración de hoxe invítanos a comprometernos mirando ao futuro, sendo conscientes das esixencias; pero ao mesmo tempo non tendo medo a embarcarnos nesta tarefa, non só dos cristiáns senón de todas as persoas. A que esperamos?.

PERDÓN

  • Porque dicimos que queremos vivir, e pola contra facemos imposible a vida contaminando, explotando e asolando, SEÑOR, LÉVANOS NO TEU COLO.
  • Porque pola febleza da nosa fe seguimos vendo a morte como final de meta, cando en realidade é comezo de vida en plenitude, CRISTO, LÉVANOS NO TEU COLO.
  • Polas veces en que non somos canle de unión alí onde estamos, senón que somos orixe de enfrontamento, de xenreiras e rancores, SEÑOR, LÉVANOS NO TEU COLO.

REMUÍÑO

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

  • Deus que sorprenda ás persoas nun pecado de debilidade,
  • no Deus que ame a dor,
  • no Deus que lle poña luz vermella ás ledicias humanas,
  • no Deus que esterilice a razón das persoas,
  • no Deus que bendiga aos novos Caíns da humanidade,
  • no Deus mago e feiticieiro,
  • no Deus que se fai temer.

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

  • no Deus que non se deixa chamar de ti,
  • no Deus que non precisa das persoas,
  • no Deus quiniela, co que se acerta só por sorte,
  • no Deus árbitro, que xulga só co regulamento na man,
  • no Deus incapaz de sorrir diante das trasnadas das persoas,
  • no Deus que manda ao inferno,
  • no Deus que non sabe esperar

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

  • no Deus que adoran os que son capaces de condenar ás persoas,
  • no Deus incapaz de amar o que moitos desprezan,
  • no Deus incapaz de perdoar o que moitos condenan,
  • no Deus incapaz de redimir a miseria,
  • no Deus que lle impida ás persoas medrar, conquistar, transformarse,
  • no Deus que esixa renunciar a ser persoa para crer,
  • no Deus que non acepte unha cadeira baleira nas nosas festas.

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

  • no Deus que só poden entender as persoas maduras, sabias e ben situadas,
  • no Deus a quen lle agrade a beneficencia de quen non practica a xustiza,
  • no Deus que condena a sexualidade,
  • no Deus que se arrepinte de terlle dado a liberdade ás persoas,
  • no Deus que prefira a inxustiza á desorde,
  • no Deus mudo e insensible nos problemas da humanidade,
  • no Deus que cre discípulos desertores das tarefas do mundo.

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

  • no Deus que poña a lei por riba da conciencia,
  • no Deus que dea por boa a guerra,
  • no Deus que cause o cancro, a sida ou calquera enfermidade,
  • no Deus que non saia ao encontro de quen o abandonou,
  • no Deus que non tivese unha palabra distinta, persoal, propia para cada persoa,
  • no Deus que non tivese misterio,
  • no Deus que non fose maior ca nós,
  • no Deus incapaz de facer novas todas as cousas.

A Palabra que vimos de escoitar é clara. A que tren subimos, ao de vida ou ao de morte?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Pondo a nosa esperanza no Deus que sabe acompañar as nosas vidas e respectar a nosa liberdade, compartamos agora a nosa oración, sabéndoa por ao seu dispor para dar froitos de amor solidario e confiado, e digamos.

GRAZAS, SEÑOR DA VIDA

  • Dámosche grazas pola Igrexa, que en todas as circunstancias aposta pola vida, especialmente no caso daquelas persoas que van esmorecendo e morrendo día a día por non ter unhas condicións dignas de vida, de traballo, de dignidade, OREMOS

GRAZAS, SEÑOR DA VIDA

  • Cando acabamos de comezar un novo curso de pastoral, dámosche grazas polos nosos grupos cristiáns, parroquiais ou non, e pedímosche que non nos deixemos levar pola indiferenza, de xeito que convertamos a nosa resposta de fe en acción a favor dos que máis necesitan do noso tempo: os que están solos, os vellos, os enfermos, os que son mal vistos, os que teñen pouca relación cos outros veciños, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR DA VIDA

  • Dámosche grazas tamén pola vida, por cantos estamos agora compartindo a fe desde a escoita da palabra e o pan compartido, para que nos esforcemos cada día por saír da burbulla do individualismo para afrontar o futuro con ilusión e gañas de traballar, sendo conscientes de que de nós depende que as graves situacións de morte (paro, fame, guerra, crise...) se volvan situacións que potencien a vida, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR DA VIDA

Grazas, Señor, por lembrarnos unha vez máis que Ti es un Deus de vida e que por iso podemos atoparte sempre onde as persoas traballan por unha humanidade máis humana. P.X.N.S. Amén.

REFLEXIÓN

(Propoñemos coller unha parte do remuíño, cadaquén a que queira, e lela como reflexión)

CANTOS

  • ENTRADA: Pedras vivas
  • LECTURAS: A túa Palabra
  • OFERTORIO: Eu soñei
  • COMUÑÓN: Ide e pregoade

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel