Ir al contenido principal

Cristo Rei 2010

Unha creación ao noso servizo: o mellor vieiro da súa presenza

Pórtico

    "El é imaxe do Deus invisible…Nel foron feitas tódalas cousas". Esta frase que volveremos escoitar cando proclamemos a Palabra, e que tomamos da carta de Paulo aos Colosenses, ábrenos a perspectiva dun camiño novo polo que ir concretando o sentido e a importancia que a fe ha ter na nosa vida. Nada, nada do que fagamos debe estar afastado da presenza de Xesús, porque a fe non pode ser, non o é, inda que nos empeñemos en face-lo contrario, un ámbito aparte na nosa vida. Non pode ser que digamos, recemos e celebremos unha cousa dentro do templo, e que ao saír actuemos de xeito contrario, como se fe e vida camiñasen por corredoiras separadas e distantes. Porque todo foi creado téndoo a El como raíz, a celebración de hoxe vai ser un pulo de imaxinación e creatividade para que saibamos acompasar a fe que confesamos co noso xeito de comportarnos na casa, na parroquia ou no traballo. O persoal e o público non son dous mundos distintos e distantes en cada un de nós. E se Deus nos vai acompañando sempre, que canto puxo ao noso servizo saibamos vivilo polos vieiros da súa presenza e de respecto e coidado da creación.

Perdón

  • Señor, non temos entendido a invitación a coidar e conservar o mundo que nos deches, converténdonos en destrutores de canto creaches e puxeches ao noso dispor, SEÑOR, ACOMPAÑA O NOSO CAMBIO.
  • Cristo, temos esquecido que construír o Reino non é asumir poder e mando, senón servizo e acollida, CRISTO, ACOMPAÑA O NOSO CAMBIO.
  • Señor, cústanos, e moito, unir fe e vida. Aléntanos para que aprendamos a ser coherentes en cada un dos ámbitos da vida: persoal, familiar, laboral, parroquial… SEÑOR, ACOMPAÑA O NOSO CAMBIO.

Remuíño

Estamos pouco acostumados a dar grazas co corazón. Si, porque inda que usemos moitas veces a palabra grazas, en moitas das ocasión ocórrenos que non acabamos de entender que iso supón que lle estamos a dicir á persoa á que nos diriximos que é importante para nós, que ocupa un lugar de privilexio na nosa vida, que nos resultaría difícil entender esa vida sen esa ou esas persoas. Pero como moitas das veces nas que utilizamos a palabra grazas facémolo de maneira rutinaria ou por compromiso, descoidamos poñernos a pensar que nos supón e esixe; o que fai que esquezamos demasiado rapidamente rostros e accións de quen foi capaz de poñer o seu tempo ao noso servizo. Ben, pois todo iso é o que nos quere, unha vez máis, lembrar Paulo co himno da carta aos colosenses que vimos de ler. O Pai, que nos invitou a participar do seu proxecto de amor, dános o mellor e máis grande dos dons que un pai pode ofrecer: ao seu fillo. E faino sen retranca, sen esixirnos nada como contraprestación –Deus non traballa nun supermercado– senón que o fai por amor, porque nel "quixo habitar coa súa total plenitude". E que mellor que acoller ao seu Fillo a través de ir facendo da nosa vida experiencia da súa presenza!. Quen mellor ca El para poñer paz nas nosas vidas, alento no noso esforzarnos para que ninguén sexa reducido a cousa, número ou "dano colateral"!. Se El viu traer a paz, e non tivo medo a da-la vida por conseguilo, que estamos nós dispostos a ofrecer para que de verdade o noso chamarnos seguidores del, sexa crible?.

O remate do ano litúrxico e a festa de Cristo Rei poden ser o momento no que nos paremos a pensar como cada un de nós está a acoller esta intensidade de xenerosidade que Deus, en Xesús, nos ofrece; e nos faga asemade caer na conta que a fe non é algo periférico, externo a nós, senón que inunda todas e cada unha das facetas da nosa vida. Que non é separable rezar, vivir a caridade, coidar a familia, traballar nunha empresa ou disfrutar do tempo de lecer, coa afirmación de que cremos no Deus de Xesús. O verdadeiro reinado de Deus, entón, non é un reinado de poder, cartos, estética aparatosa ou manifestación de adhesión momentánea; senón,un verdadeiro esforzo, continuado e moitas veces débil e necesitado de mans abertas a acoller, que sen presa, pero tamén sen pausa, vai poñendo as cousas no lugar que lle corresponden, é dicir:

- onde hai violencia, sabe poñer paz

- onde hai tristura, esfórzase por poñer ledicia

- onde hai incomprensión, esfórzase por poñer tempo

- onde hai distancia, loita por construír pontes

- e onde hai desamor, é capaz de poñer servizo, sorriso e corazón.

A festa de Cristo Rei non ha ser logo unha celebración de exaltación, a modo dun desfile para mostrar o poder de convocatoria da Igrexa nun mundo no que cada vez Deus se mostra máis presente no pequeno e escondido, e non nas grandes manifestacións multitudinarias; senón de convicción de que só servindo e buscando poñer rostro amable diante de quen está triste ou crispado podemos facer posible o Reino de Deus no aquí e agora da existencia de cada un/a de nós.

Oración da comunidade

    Onda Ti, Señor, corremos a acubillarnos presentándoche a nosa oración e dicindo:

QUE O TEU REINO SEXA SINXELEZA E ACOLLIDA

  • Que na Igrexa aprendamos a descubrirte nos sinxelos e limpos de corazón, esquecendo os grandes fastos e manifestación multitudinarias, que moitas veces esconden o noso fracaso evanxelizador, OREMOS.

QUE O TEU REINO SEXA SINXELEZA E ACOLLIDA

  • Que nas nosas parroquias aprendamos a sementar canto dá froito que produce alegría, esperanza, traballo compartido e festa comunitaria, porque iso é construír Reino de Deus, OREMOS.

QUE O TEU REINO SEXA SINXELEZA E ACOLLIDA

  • Que tod@s nós saibamos coidar o mundo que con tanto amor puxeches nas nosas mans, sabendo que este é o mellor legado que lle podemos facer a cantos veñen tras de nós cando lles falamos de ser construtores do teu Reino, OREMOS.

QUE O TEU REINO SEXA SINXELEZA E ACOLLIDA

Veña o teu Reino, Señor. Agora e sempre, no aquí e no mañá da nosa vida. P.X.N.S. Amén.

Reflexión

Noso Señor, Xesucristo,

que quixeches nacer no seo dunha familia pobre e traballadora

e Ti mesmo traballaches coas túas propias mans,

escoita a oración dos teus irmáns e das túas irmáns

e concédenos a todos un traballo digno e estable,

para que, realizándoo con amor, alegría e responsabilidade,

contribuamos todos á construción do teu Reino de Xustiza,

de Paz e Amor.

Ti que vives e reinas por séculos dos séculos.

Amén.

Cantos

  • ENTRADA: Camiñando pola vida

  • LECTURAS: Sede o sal

  • OFERTORIO: Veña o teu Reino
  • COMUÑÓN: Ide e pregoade

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel