Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010

Advento é amor

En tempo de crise, Advento é Amor
Signo: Colocamos o segundo dos pétalos en forma de corazón do logotipo de Cáritas.
PÓRTICO
O protagonista por excelencia deste segundo domingo de Advento é Xoán Bautista, un home que a pesares de que non pertencía a xerarquía algunha e de que non posuía poder, cartos ou autoridade é o único que escoita a Palabra de Deus.
Tamén hoxe un berro doloroso resoa no noso mundo. É o clamor dos pobres, dos indefensos, dos parados, dos atropelados pola inxustiza, dos anciáns, dos humillados, dos manipulados, dos emigrantes, dos que viven nun sensentido... E a súa voz, coma a de Xoán Bautista, ten que urxirnos a socializar máis a nosa vida e a empeñarnos en proxectos e camiños novos que pairan unha nova sociedade, organizada non en función dos intereses duns privilexiados, senón das necesidades dos débiles e indefensos. Esa voz que fala de converterse, de endereitar, de igualar.... é a que nos convoca nesta mañá para que, deixando atrás tanto lastre que nos impide a…
En tempo de crise, Advento é Amor
Signo:
Nun taboleiro colocamos unha cartolina na que pegamos ou escribimos a frase que eliximos como lema para o Remol ao longo de todo o tempo de Advento: "En tempo de crise, Advento é amor". Farémolo deixando un oco no centro. Logo, ao longo de cada un dos catro domingos iremos axuntando no oco que deixamos un dos pétalos en forma de corazón que conforman o logotipo de Cáritas. Deste xeito, ao final do tempo de Advento, e como remate do camiño de renovación interior ao que nos invita este tempo forte que agora iniciamos, presentarémoslle ao Deus que nace en nós e no mundo un corazón, noso e de tod@s, expresión do amor co que queremos ir loitando contra da crise, non só económica, que estamos a vivir.
(Para darlle unidade a este tempo litúrxico, utilizaremos a mesma resposta no perdón e na oración da comunidade durante os catro domingos. Asemade, tamén propoñemos os mesmos cantos ao longo de todo o tempo).
PÓRTICO
Un dos grandes problemas da nos…

Cristo Rei 2010

Unha creación ao noso servizo: o mellor vieiro da súa presenza
Pórtico
    "El é imaxe do Deus invisible…Nel foron feitas tódalas cousas". Esta frase que volveremos escoitar cando proclamemos a Palabra, e que tomamos da carta de Paulo aos Colosenses, ábrenos a perspectiva dun camiño novo polo que ir concretando o sentido e a importancia que a fe ha ter na nosa vida. Nada, nada do que fagamos debe estar afastado da presenza de Xesús, porque a fe non pode ser, non o é, inda que nos empeñemos en face-lo contrario, un ámbito aparte na nosa vida. Non pode ser que digamos, recemos e celebremos unha cousa dentro do templo, e que ao saír actuemos de xeito contrario, como se fe e vida camiñasen por corredoiras separadas e distantes. Porque todo foi creado téndoo a El como raíz, a celebración de hoxe vai ser un pulo de imaxinación e creatividade para que saibamos acompasar a fe que confesamos co noso xeito de comportarnos na casa, na parroquia ou no traballo. O persoal e o público non s…

DOMINGO 33 to 2010

As pedras vivas da perseveranza van deixando regueiros de fraternidade
Pórtico
    Cando son tantas as voces que, desde un e outro lado, escoitamos falar cada día, con moita alegría e pouco criterio, do divino e do humano; e onde sempre hai solución sexa para o roto como para o descosido, resúltanos difícil, se non o temos pensado suficientemente, poder manter as nosas conviccións, os nosos valores e os nosos principios, o noso xeito de dicirnos: quérome e acéptome como son!. Porque se un só actúa, vive, reza ou cre de "orella", polo que outros din, diante da pluralidade de voces que escoitamos e o pouco asentado que un ten as razóns que @ levan a facer as cousas, corremos o perigo de deixarnos guiar da opinión que primeiramente escoitamos ou da que máis cómoda e fácil nos resulta. Porén, non deberiamos esquecer endexamais que sen perseveranza non hai paraíso. O que nos supón afrontar a vida como un reto –tarefa continua de construírmonos futuro-, difícil, pero sempre estimula…

Domingo 32 TO 2010

PORQUE NOS TROUXO A VIDA..... CELEBRÉMOLO!!!!!!!!!!!
PÓRTICO
Hoxe, se cadra máis ca nunca, fálasenos de compromiso, de solidariedade, de axuda, de traballo común.. Pero, por que estes reclamos non teñen éxito?, por que nos queixamos tanto do medo que ten a xente a comprometerse en calquera ámbito da vida?. Se miramos cara dentro de nós, pode ser que descubramos que ou ben non presentamos estas opcións axeitadamente ou ben o noso testemuño de compromiso é inexistente. O que nos chama máis é vivir o presente sen mirar nin preocuparnos polo futuro, vivindo nun individualismo que nos converte en illas, facendo que todo nos moleste, porque nos quita tempo, porque nos quita esforzo, porque nos quita enerxía. Si, comprometémonos, pero puntualmente. Cando nos piden constancia, esforzo, facer ben as cousas .. entón desaparecemos.
A celebración de hoxe invítanos a comprometernos mirando ao futuro, sendo conscientes das esixencias; pero ao mesmo tempo non tendo medo a embarcarnos nesta tarefa, non …