Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2010

REMOL DÍA DE SANTOS

Santos e benaventurados onte, hoxe e sempre. Testemuño de esperanza e autoestima gozosa Pórtico     Benaventurados!!!!!!!!!!!. Si, benaventurados cantos souberon entender que dicir creo, confeso e amo, non eran só tres palabras, senón unha auténtica e fonda expresión da experiencia de entrega xusta, gozosa e sempre solidaria ás persoas, sen atender ao seu rango social –os santos estiveron, están e estarán sempre moi afastados da prensa do corazón– ou á importancia política,cultural ou económica. A súa benaventuranza non foi herdanza material, que se poxa na mellor das subastas, senón ter aprendido a facer da súa vida un canto de amor e servizo calado e nas máis das veces descoñecido aos ollos dos que buscan converter as persoas en xoguetes rotos, mercadeando coas súas vidas para gañar anunciantes. Os santos, sempre benaventurados, souberon recoñecer e tratar coma fillos de Deus e irmáns a homes e mulleres aos que a inxustiza, a pobreza, a exclusión, o desamor, a vinganza, as intrigas…

Domingo 31 TO 2010

A discreción de quen está sen que se note. Sempre en boas mans PÓRTICO Hoxe, máis ca nunca, tanto na sociedade como na Igrexa, parece que non se quere que as persoas medremos. Estamos mellor pequenos, sen miras, sen horizonte, dándonos todo feito e ser sermos responsables das decisións, que outros toman por nós. Porén, a celebración quere que miremos mais alá, que poñamos medios propios para salvar os obstáculos e descubrir a realidade e as persoas. Só dependerá de nós, do noso esforzo, da nosa creatividade, da nosa coherencia, da nosa valentía. E así atoparemos ao Señor, que virá á nosa vida, non para dicirnos o que temos que facer, senón para darnos a oportunidade de responder, dende o que somos e temos, ao reto de sermos cristiáns no medio do noso mundo. Non desaproveitemos esta nova oportunidade e baixemos da figueira. PERDÓN Porque , a diferenza de Zaqueo, non estamos dispost@s a baixar da figueira e deixarte entrar na casa da nosa vida, SEÑOR, QUE NON CHE PECHEMOS A PORTA .

Domud_2010

OS BOS NON SON PERMEABLES Á GRAZA PÓRTICO Constancia e perseveranza son dúas palabras que hoxe se escoitan pouco. Para quen está disposto a aprender, a deixarse guiar, a recoñecer que necesita dos demais, estas dúas palabras teñen pleno sentido. Porén, para quen se cre perfecto, seguro, inamovible nos seus plantexamentos e visións, nin a constancia nin a perseveranza son importantes nin teñen valor; para que si xa o ten todo claro?. Pois ben, os textos de hoxe non deixan de repetirnos que só quen é capaz de seguir a pesares de que as dificultades non son poucas; só quen sabe buscar portas abertas e ventás de aire fresco de renovación e cambio; só quen vai descubrindo que a universalidade da fe leva unida a solidariedade dos cristiáns, pode entender por qué, una vez máis, celebramos o día das misións, compartindo gozos e esperanzas cos homes e mulleres que, en situacións e mundos difíciles, están a traballar polo Reino, dándose en entrega xenerosa de vida, tempo e capacidades. Só quen é

Domingo 19 TO 2010

O TEMPO QUE PERDECHES POLA TÚA ROSA É O QUE A FIXO TAN IMPORTANTE (O Principiño) PÓRTICO Inmersos nunha cultura na que todo é efémero, na que a todo se lle pon data de caducidade, a Palabra segue a falarnos de constancia, insistencia, esforzo, paciencia... valores todos eles á baixa nesta sociedade de "mercaderes" na que temos convertido o mundo. E claro, a Igrexa, que forma parte del, non queda allea a este mercadeo: todo se rebaixa con tal de non perder número, e en pouco se ten a calidade. Que máis dá se detrás da celebración dun sacramento hai ou non fe!. Que máis dá se a preparación foi pausada, comunitaria, integradora da persoa na vida social e na comunidade cristiá!. Que importa que reduzamos a vivencia da fe a unha pura pastoral funeraria, pero que proporciona moitos e bos beneficios!. Que importa cales son as motivacións que hai detrás e animan a pedir da Igrexa isto ou aquilo!. Que... Deste xeito acabamos tamén nós máis agoniados polo número que pola calidade. Impó

Domingo 28 TO 2010

Deixemos atrás o barro e mergullémonos na auga fresca da vida: Deus é auga de gratuidade purificadora Pórtico Saber dar grazas estílase pouco hoxe en día. Vendo o xeito de actuar de moita xente parece que saber agradecer, poñer unha cara amable, mirar con limpeza aos ollos dos demais, tender unha man sen tensión nin desconfianza son rarezas do pasado. O que se leva, o que mola, o que tod@s aplauden e "xalean" é o mal gusto e a desconsideración cara aos demais. Diante disto o que hoxe imos celebrar e compartir preséntasenos como unha experiencia de agradecemento, bo gusto e educación, de preocupación polas persoas, moito máis importantes que as ideas e que tantas veces esquecemos. Si, educación, algo que non se estila nin valora no momento actual no que todo é falar de política, de cartos, corrupción, engano… sen que quede tempo para a tenrura, o sorriso, a sinceridade ou as relacións de verdadeira amizade. Xesús volve dicirnos que o camiño non ha ser outro, que estamos chamad