Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2010

23 Domingo TO 2010

REMOL DOMINGO XXIII
Por que os mediocres dan mellor imaxe que os arriscan no nome de Xesús?.
Veña, acabemos dunha vez co conto!!!!!!!!!!!!
Pórtico
Todo proxecto, dígase empresarial, educativo ou cultural, necesita unha reflexión pausada previa, que nos leve a valorar e buscar obxectivos e liñas de acción axeitadas para responder a uns retos. E isto tamén nos vale na nosa vida de fe. Calcular os gastos é un elemento de todas as invitacións a entrar no Reino. Non podemos actuar por arroutadas, senón que temos que reflexionar, ponderar, examinar a nosa realidade persoal. Non se constrúe como é debido nin se traballa con posibilidades de éxito se non se coñecen os efectivos. O seguimento de Xesús non pode, entón, depender dun impulso fácil, dunha necesidade de seguridade, dunha herdanza e moito menos dunha rutina. É unha decisión que non se pode facer á lixeira. El invítanos a escoller o mellor; pero, a diferenza de nós, non obriga, só ofrece e invita. E con claridade fala dos custos... Oxalá…

Domingo 22 TO 2010

A grandeza da misericordia de Deus pasa polo compromiso dos cristiáns e das cristiás en saberse construtores do Reino: misioneir@s a tempo completo dunha fonda e fermosa historia de amor
Pórtico
    Estamos moi acostumados a escoitar a expresión "historia de amor". Con ela quérese significar unha relación chea de positividade entre dúas persoas que consideran que teñen moitas cousas en común, mesmo a capacidade de compartir unha vida en diálogo e solidariedade, de entrega de un para co outro, de dispoñibilidade e sinxeleza que sabe vencer dificultades e resaltar logros. Moitos de nós seguro que temos sido testemuñas de historias de amor de entre a xente que coñecemos: familiares, amigos, veciños… E tamén todos nós somos o suficientemente realistas e intelixentes para darnos conta de que nesta historia de amor non teñen faltado dificultades, e non pequenas, moitas veces; pero con esforzo por ambas partes fóronse vencendo. Nada que ver entón coas historias de amor das que nos fa…

Domingo 21 TO 2010

Fronte ao orgullo do que xa se cre invitado, Deus rompe esquemas e senta ás persoas sinxelas e ignoradas á súa mesa
Pórtico
    Si, hai moita xente que considera que ten dereitos adquiridos: dereitos para non gardar cola, para non facer as xestións que aos demais lles toca facer, para non ter que pasar por múltiples e diferentes traballos ata acadar unha certa estabilidade laboral, para... Son os privilexiados deste noso mundo tan desigual, e moitas veces, demasiado inxusto. Diante disto. que ben podería ser unha pequena, nunca universal, radiografía da realidade na que vivimos, Xesús volve darnos unha nova lección, e dinos que hai que curralo!, que ninguén está predestinado a nada, senón que será o esforzo, o saber aproveitar as oportunidades que a un se lle van presentando, a ilusión que se vai pondo nos proxectos, o non contentarse co que un recibe para saber poñelo a render, coma os talentos, para que dea moito froito, o que acabará facendo que nos poidamos sentar á súa mesa.
    A f…

A ASUNCIÓN DE NOSA SEÑORA

A visita de Deus… Parabéns para as mulleres!
"Veo más urgente una toma de conciencia de todo el pueblo de Dios sobre la necesidad de estudiar, rezar y aplicar el Concilio Vaticano II. Su aplicación quedó a mitad de camino. El tema del celibato, divorciados, escándalos, etc., son problemas de todo el pueblo de Dios y no sólo de la jerarquía. En una eclesiología de comunión no encaja que las mujeres sigan en la Iglesia sin tener poder de decisión. Muchas reformas habría que emprender en la Iglesia desde las visiones evangélicas y dinámicas del Concilio Vaticano II, en el contexto plural, complejo, intercultural, interreligioso en el que nos encontramos". (Nicolás Castellanos Bispo español misioneiro en Bolivia)
Pórtico
    Na nosa Igrexa vivimos nunha confusión que vén de lonxe, e que é moi difícil de clarexar. Si, porque por una banda temos a Xesús esforzándose, coas súas palabras e xestos, por poñer de manifesto a igualdade do home e da muller; por destacar a necesidade de romp…