Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2010

Domingo 18 TO 2010

POLA CASA E MAIS O PAN, POLO TRABALLO ....GRAZAS, SEÑOR!!!!!!!!!!! PÓRTICO A nosa celebración de hoxe invítanos a agradecer e valorar o mundo laboral. Si, aínda que moitas veces dicimos aquilo de "a quen inventou o traballo había que matalo", desde a visión antropolóxica cristiá o traballo é camiño de realización persoal, xa que grazas a el colaboramos con Deus recreando a creación. E cando falamos de traballo non nos estamos a referir só a aquel que ten unha remuneración económica, senón que neste concepto tamén van incluídos (como non podía ser doutro xeito), aqueles outros que, sen que haxa salarios polo medio, a xente desenvolve como camiño de realización: amas de casa, voluntarios.... Por iso nesta mañá de domingo, vimos agradecidos onda o Señor para rezar xuntos, compartir a nosa fe e pedir polo mundo laboral e por tantas persoas que, por mor da crise económica, van vendo como van quedando ao marxe deste mundo. Oxalá nós esteamos sempre dispostos a acompañalas. O PERDÓN

Santiago Apostolo 2010

Confianza e servizo…o mellor camiño para vivir nesta Terra Pórtico      Nesta mañá de domingo na que estamos xunt@s para celebrar a fe, é importante facer memoria de que a presenza de Xesús hoxe entre nós ábrenos a unha comuñón solidaria coa terra - é o día de Galicia- e coas súas xentes, todos e todas nós, os galeg@s. Ademais, este vintecinco de xullo é tamén ano de perdoanza e misericordia, ano de proxectos e ilusións, ano de esforzo e cansazo… ano no que sabemos que todo paga a pena cando ao final se acada a meta. E a nosa meta non é xeográfica, senón de convición, sentido e horizonte vital. A meta non é a cidade de Santiago, senón Cristo, bo camiño. Deixemos que Xesús sexa o caxato no que nos apoiemos ao longo das etapas da nosa vida. Perdón Por non acabar de poñernos no camiño que dá sentido á nosa vida , SEÑOR, ALENTA O NOSO CAMIÑO. Porque moitas veces claudicamos diante do cansazo e as dificultades, renunciando a seguir camiñando, CRISTO, ALENTA O NOSO CAMIÑO. Porque non acabam

Domingo 16 TO 2010

A FORMACIÓN AXUDA A ROMPER CLICHÉS QUE ATENTAN CONTRA O REINO DE DEUS PÓRTICO Hoxe apenas nos decatamos do carácter revolucionario do comportamento de Xesús diante das mulleres, atentando contra os costumes máis venerables daquela sociedade. Rompendo os prexuízos e as costumes de manter ás mulleres á marxe da Escritura, Xesús acéptaas entre os seus seguidores e discípulos, nunha actitude nova para un xudeu. Aínda hoxe temos moito que aprender deste comportamento, tanto a nivel institucional como a nivel persoal. E é que calquera tipo de discriminación e marxinación, ás que seguimos sendo tan propensos, atenta contra o novo proxecto de relacións humanas que se inaugura coa chegada do Reino. O evanxeo que hoxe proclamamos lémbranos que para Xesús o xénero non é a liña divisoria para acoller e traballar polo Reino. Quen apela a iso segue aferrado a leis e costumes antigas e está ben lonxe de entender a súa mensaxe. Oxalá, formándonos, traballemos para romper clichés que atentan contra a d

Domingo 15 TO

ENFERMOS DE NARCISISMO PÓRTICO Mira pero non toques!. Este parece ser o lema do noso tempo. Á nosa memoria veñen os vídeos de pelexas, de vexacións a persoas que se colgan na rede, feitos por miróns que non teñen reparo en quedarse á marxe e non intervir. E baixo a escusa de non complicarnos a vida ou de non contaminarnos, deixamos que suceda todo como espectadores, sen máis. A celebración de hoxe, pídenos que nos impliquemos, que descubramos no outro a unha persoa que necesita de nós. Onde está o teu próximo?. Aí. Pois, a que esperamos para achegarnos?. O PERDÓN Señor, na nosa sociedade hai demasiado consumo inútil, superficial e egoísta. Para que nos decatemos de que é inxusto e inhumano seguir disfrutando sen límite, mentres deixamos a tant@s irmáns sen o que lles cómpre para vivir con dignidade, SEÑOR, QUE NOS FORMEMOS PARA COÑECERTE. Porque a nosa fe redúcese a un mero aparentar, pois non ten repercusións na nosa vida, CRISTO, QUE NOS FORMEMOS PARA COÑECERTE. Non