Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2010

DOMINGO 14 TO

No colo do Deus nai atoparemos consolo
PÓRTICO
Estamos tan afeitos a escoitar que temos que ser testemuñas daquel en quen cremos, que o dicimos coma un sonsonete rutinario, sen pararnos a pensar qué supón iso para a nosa vida de crentes. Porque que é unha testemuña?. Pois é aquela persoa que coñece un determinado feito e pode dalo a coñecer a outras persoas. De verdade nós vivimos a experiencia da fe coma algo liberador, que aporta algún sentido á nosa vida, que pode ilusionarnos e facernos contaxiar en abano esta ledicia e estas ganas a quen camiña con nós?; ou máis ben convertemos a nosa fe nun tranquilizante, nun cumprimento, nunha canga insoportable que poñemos sobre os nosos ombreiros e mesmo tentamos impoñela sobre os dos demais?.
    A nosa celebración de hoxe invítanos a reflexionar sobre o feito de que, se nós non estamos convencid@s de que paga a pena seguir a Xesús, que El nos fai mellores persoas, mellores cidadáns, mellores veciños, mellores compañeir@s de traballo.... non e…

DOMINGO 13 2010

DETENTE!!!!!!!! A INTOLERANCIA E O FANATISMO NON CONSTRÚEN REINO
PÓRTICO
Hoxe toda a celebración xira ao redor do seguimento. Un seguimento que se nos mostra como alegría e dispoñibilidade. Un gozo que soamente o pode entender quen é capaz de poñer a Xesús coma guieiro da súa vida. É verdade que ao noso redor vemos moitas persoas, homes e mulleres, que din seguir a Xesús, pero logo na súa vida, nos seus feitos, esta afirmación queda baleira. Miran atrás non con gozo, senón con nostalxia, buscando repetir o que noutro tempo foi pero agora xa non pode ser; e como miran con nostalxia son incapaces de descubrir que a fe é esperanza, gozo, liberación. Si, son incapaces porque seguen a estar no onte, e non entenden que só orientando a vida cara a plenitude do mañá se lle pode dicir a Xesús; "aquí estou, Señor."
O PERDÓN
Cantas veces. Señor, temos convertido o noso seguimento en nostalxia dun pasado que non acabamos de deixar atrás, por iso che dicimos, SEÑOR, ENSÍNANOS TI O CAMIÑO DA…

Domingo 12 TO

Non oias simplemente. Aprende tamén a escoitar, porque só así saberemos dicir quen é El. Abride os ollos, movede os pés!!

Pórtico
    Cada día é maior o número de xente que se esforza por buscar as súas raíces, saber de onde xurde a súa identidade, coñecer a súa propia cultura e lingua… é dicir non esquecer que a memoria histórica, persoal e colectiva, é fundamental. Pois se no noso ámbito de cidadáns é importante non esquecer de onde vimos e onde estamos, moito máis importante, fundamental teriamos que dicir, é cando nos referimos ao mundo da fe, a canto se refire ás conviccións persoais; esas conviccións que van modulando e configurando a nosa vida. Tamén a nós Xesús nos fai a pregunta, nada retórica por certo, como lla fixo aos seus discípulos: e vós, quen dicides que son?. E para respondela xa non nos valen as respostas que lle temos escoitado a outros, non, o que nos pide Xesús a cada un de nós é o esforzo por pararnos a pensar e responder de xeito persoal a esta pregunta. Noutro t…

DOMINGO 11 2010

Como nos gusta alternar cos poderosos e que pouco caso lle facemos aos pobres e marxinados!.
Unha igrexa para isto?.
PÓRTICO
    A tod@s nos gusta que nos inviten, que nos rían as grazas, que nos valoren, que… pero xa nos gusta menos que nos critiquen, que nos digan que non gusta o que facemos, que ninguén se lembre do noso esforzo e traballo para facer unha cousa que logo é disfrutada polos demais, que.... É dicir, somos moito do "lalailo", pero pouco do silencio, do estar como se non estiveramos, do facer sen necesidade de que os demais saiban quen o fixo. Hoxe vai ser un bo día para recoñecer este noso equivocado xeito de facer e ver as cousas, e poder empezar de novo, recoñecendo que non importa tanto que nos digan o ben que o facemos, senón que descubramos que temos que facelo.
    Aprendamos de Xesús, e non nos deixemos levar de falsos cantos de serea. A celebración que agora comezamos é una invitación a este cambio. Respondamos.
O PERDÓN
Polas moitas veces nas que actuamo…

REMOL CORPUS 2010

FRONTE AO EGOÍSMO, GRATUIDADE
(Cáritas 2010)
PÓRTICO
No día da caridade miramos cara este mundo noso e berramos: que pouca caridade, que pouca solidariedade, que pouca xustiza, que pouca liberdade… que pouca humanidade!!!!!!!!!. A imaxe que nos dá o noso mundo non é a do bo samaritano, senón a do rico Epulón: uns poucos "epulóns" e unha morea de "lázaros" agoniantes.
Pero no día de Corpus levantamos tamén a nosa mirada cara ao Corpo e o Sangue de Cristo, e non podemos menos que exclamar : que xenerosidade, que amor, que proximidade, que liberdade, que humanidade…que gratuidade!!!!!!!!!!.
Porque viu aos homes famentos, Cristo multiplicou os pans, gratis, sen buscar sequera o aplauso ou o afecto. Porque viu aos homes con fames máis fondas, Cristo fíxose pan e partiuse para que o comesen, gratis, sen esixir recompensa algunha. E porque viu aos homes tristes, Cristo fíxose viño e ofreceuse para ser bebido, gratis, sen pedir contrapartidas.
Pero quen come deste pan, ten que a…