Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2010

A Trindade 2010

UNHA MAN QUE TOCA E QUENTA O CORAZÓN

Pórtico

Que mágoa ver tantos e tantos cristiáns que lle teñen medo a Deus!. Para moitas persoas, está inseparable e exclusivamente unido á lei que hai que cumprir ("non sexa que nos castigue"), á moral que El ditamina ao seu antollo ("así o quere Deus"); aos nosos méritos ou deméritos ("dará a cadaquén o seu merecido")... de xeito que, para moitos crentes, Deus é ante todo e sobre todo, xuíz rigoroso, recto, temible, que sempre nos vixía, que non deixa pasar a mínima... Que mágoa, porque ese Deus non existe, é froito do seu maxín!.
O noso Deus é amor; e o amor non xulga, non rexeita, non separa... Non veu para atemorizarnos, senón para proclamar un evanxeo de confianza. Para que a confianza no seu amor sexa coma o sangue das veas. Respectando a nosa liberdade, Deus non pode máis que amarnos desesperadamente, como unha chamada a vivir no amor, a cambiar o que está mal na nosa vida.
A festa da Trindade que hoxe celebramos qu…

Pentecostes 2010

Soprar, sopra calquera. Non enganes ao Espírito

Pórtico

Remata hoxe o tempo de pascua. Atrás quedaron os 50 días nos que, de xeito constante e continuo se nos foi invitando a anovarnos, a non deixarnos levar dos problemas e preocupacións, a poñer a nosa esperanza no fundamental, deixando atrás canto nos distrae e enreda. Toca agora construír, continuar, desenvolver toda esta bagaxe de responsabilidade acolledora que foron sementando en nós as experiencias vividas por aqueles primeiros seguidores de Xesús; toca agora que, esa enerxía que nos foron transmitindo desde a vida as primeiras comunidades, a saibamos nós poñer a render.
Que o efecto fervorín ou gasosa, como o chaman outros; que fai que non asentemos nin vivamos con estabilidade esta experiencia de gozo e traballo solidario, non nos impida sentir o gran agasallo que nos deixou Xesús: o Espírito Santo. Que El sexa sempre o que nos manteña ben espertos e dispostos a non perder folgos no anuncio e vivencia da Boa Nova de Xesús.Pe…

Ascensión 2010

Non é tempo de estratexias, senón de testemuños: pés no chan e corazón quente
SIGNO:
Seguimos co signo neste tempo de pascua: aspersión da comunidade e a renovación das promesas bautismais
Pórtico
    Dinos o Evanxeo de hoxe que ao final -mira que tiveron oportunidades!-, os Apóstolos acabaron entendendo a Xesús. Custoulles, vaia se lles custou!; pero conseguírono. Entenderon que El non era un rei de poder nin de dominio, senón de servizo e acollida. Un servizo e unha acollida que llelas foi mostrando cada día no seu contacto con eles e na súa relación coa xente.
Do mesmo xeito que lles pasaba aos Apóstolos, tamén a nós nos custa entender que o Reino de Deus esixe de nós servizo e acollida. Mira que nos empeñamos en facer o contrario!. Por iso non está de máis que neste domingo da Ascensión, prestemos atención á Palabra que imos proclamar, e saibamos tamén nós, como ao final lles pasou aos Apóstolos, descubrir e entender que non é desde o poder, a soberbia, o ordeno e mando… senón desde a …

5 pascua 2010

DA ENFERMIDADE DE SERMOS DOUTRINALMENTE SEGUROS, RÍXIDOS E FRÍOS.... LÍBRANOS, SEÑOR!
SIGNO:
Seguimos co signo neste tempo de pascua: aspersión da comunidade e a renovación das promesas bautismais

PÓRTICO

Son moitas as persoas que gardan pedras no seu corazón. Si, son demasiados os conflitos que sacoden hoxe a nosa sociedade (políticos, económicos, sociais....) e que impiden entre nós unha convivencia pacífica. E para resolver estes conflitos, só hai dúas opcións: a do diálogo e o mutuo entendemento e a da violencia e o enfrontamento destrutor. Fronte desta cultura de violencia, o Resucitado invítanos, dun xeito especial neste tempo de Pascua, a promover a cultura da paz, que esixe buscar a eliminación das inxustizas sen introducir outras novas; que esixe diálogo social, promovendo actitudes de respecto e escoita, que esixe coherencia e verdade, sen dobres morais.
    E no marco desta celebración, hoxe tamén celebramos a Pascua do Enfermo. A enfermidade plantéxanos dúbidas e, en ocasións,…