Ir al contenido principal

4 Pascua 2010

E O TEU TDT.... COLLE A SÚA ONDA?

SIGNO:
Seguimos co signo neste tempo de pascua: aspersión da comunidade e a renovación das promesas bautismais

PÓRTICO

    Paseniñamente imos debullando este tempo de Pascua. Hoxe chegamos xa ao cuarto domingo, tradicionalmente coñecido coma o domingo do bo pastor. As persoas que temos a sorte de ter nado nun medio rural, sabemos ben de qué fala o Señor cando di que as ovellas coñecen e recoñecen a voz do seu pastor. E é que esta imaxe de pastor serve para expresar a relación de Deus co seu pobo. Fronte aos dirixentes, que non serven nin se preocupan da xente, Xesús móstrase coma aquel que coñece o seu rabaño, condúceo aos pastos, deféndeo dos perigos, entrégase totalmente e dá a súa vida por el. Nunha palabra: a súa autoridade vén da adicación que lles presta.

    Que a celebración que agora comezamos nos axude a ter os oídos ben abertos para non deixarnos engaiolar por cantos de sereas que só queren confundirnos e que nos fan infelices.

O PERDÓN

(Aspersión)

  • Porque non lle prestamos atención á túa voz, que nos fala nas persoas enfermas, nas que precisan alento, nos maiores, nas desesperanzados, nas que requiren do noso tempo, SEÑOR, ARREDA DE NÓS O FANATISMO.
  • Porque moitas veces andamos sen rumbo, como borregos, deixándonos levar polo que pensa, di e fai a maioría, para non ter que tomar nós decisións propias e que comprometen a nosa vida, CRISTO, ARREDA DE NÓS O FANATISMO.
  • Porque, créndonos persoas distinguidas e devotas, pensamos que só nós temos a posesión da verdade, e non estamos dispost@s a deixarnos contaminar por quen pensa distinto, SEÑOR, ARREDA DE NÓS O FANATISMO.

REMUÍÑO

  • A lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos que vimos de escoitar, reflicte un problema antigo, un problema que xa xorde nas primeiras comunidades cristiás e que, despois de dous mil anos, segue vixente dentro da nosa Igrexa: o fanatismo ou integrismo. Si, porque se cadra hoxe máis ca nunca hai demasiadas persoas que seguen facendo leiv motiv da súa vida aquilo de "ou comigo ou contra min", e que non son capaces de abrirse ao novo, ou mellor dito, non son quen de discernir os sinais dos tempos e de descubrir as pegadas de Deus na historia.

    O problema que se presenta (a universalidade da salvación) segue a ser unha ferida aberta para moitas persoas dentro da nosa comunidade eclesial. E é que en demasiadas ocasións sentímonos identificados coas señoras distinguidas e devotas que, incitadas polo poder xudeu, usadas na súa ignorancia como pobres cabezas de turco, verten toda a súa frustración e incompetencia sobre Paulo e Bernabé por teren perdido o seu tempo cos xentís. Sóanos familiar o conto?. Quizais se facemos unha traslación e cambiamos algún detalliño, de seguro que se nos fai tremendamente coñecido.... Como pode ser que alguén non se axeonlle na consagración?; a comuñón hai que recibila na boca e hai que evitar recibila dalguén que non sexa sacerdote; como unha celebración da palabra dirixida por unha persoa seglar pode substituír a unha Eucaristía?; como aquela persoa ou aqueloutra pode ir comulgar cos pecados que ten?; como pode haber un viacrucis que non siga o esquema tradicional?; como se nos ocorre falar dun Deus PaI-Nai que nos quere a todas as persoas se, como ben sabemos, Deus premia aos bos e castiga aos malos?; como se pode ser bo veciño ou bo cidadán se non temos a referencia de Cristo?; como hai catequistas que nunca fixeron uns exercicios espirituais?; como.....?. Se sempre se fixo así!!!!!!. Con tanta modernidade, acabamos con todo!.

    Nunha palabra, perdémonos en integrismos e fanatismos estúpidos e inútiles pasando por alto a misericordia de Deus, esquecendo que, como ben di a Palabra que proclamamos, a salvación é universal, obviando a importancia da inculturación da fe, que aquilo que nos serviu hai anos agora xa non ten sentido e hai que renovalo e abrir as ventás para que marche o tufo a naftalina, incenso e reseso.

    Os xudíos practicantes, as señoras distinguidas e devotas eran... e son....os de sempre: os que están seguros de si mesmos, os que non teñen nada que aprender, os que teñen fío directo con Deus, os que non dubidan de nada, os que o saben todo e viven ben...

  • Por iso cómpre ter os ollos, os oídos e sobre todo o corazón ben abertos para saber recoñecer a voz do Señor que nos vai falando a través da vida e da historia. Non vaia ser que esteamos tan atentos ao accesorio, á rixidez da letra e ao doutrinalmente seguro que deixemos de lado o fundamental: a cercanía, o diálogo, a xustiza, a comprensión, o poñerse no lugar do outro.... nunha palabra: O AMOR!. Esa é a boa onda que o TDT no noso corazón está chamado a sintonizar. Seremos capaces de cambiar o noso chip integrista?.

RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS

(A poder ser, desde a fonte bautismal)

Renovamos agora as promesas que o día do noso bautismo fixeron por nós os nosos pais e padriños. Sentímonos comunidade viva que se reúne para escoitar a palabra, repartir o pan e renovar a súa esperanza. Por iso, pregúntovos:

  • Credes no Deus da luz e da auga, que ilumina o noso camiño, limpa canto nos luxa e renova a nosa confianza nel; que é Pai que nos agarima co seu amor, e nos acompaña coa súa presenza?. Si, creo.
  • Credes en Xesucristo, o seu Fillo, que, enviado polo Pai, pasou polo mundo facendo o ben, compartindo tristezas e ledicias, que se erixiu na voz dos sen voz, no defensor dos pobres e excluídos, e que desde o amor nos deixou as benaventuranzas como camiño a percorrer por cantos nos chamamos seguidores seus?. Si, creo.
  • Credes no Espírito Santo, fonte de vida e presenza viva que vai actuando na nosa vida, enfortecendo as nosas comunidades e invitándonos a non deixarnos levar da desgana e do derrotismo?. Si, creo.
  • Credes na Igrexa, comunidade nacida en Pentecostes e que ao longo de dous mil anos, non sen dificultades, e caendo moitas veces na escuridade, ten desenvolvido no medio do mundo a misión recibida de Xesús, que a envía a anunciar a súa Boa Nova, sendo a súa man, o seu corazón e a súa voz?. Si, creo.
  • Credes na esperanza da resurrección, que compartimos e actualizamos en cada celebración, facendo presenza viva de Deus entre nós, o Deus que nos invita a ser construtores do Reino, no aquí a agora do noso tempo, e nos abre á plenitude do encontro con El e para sempre, onde compartiremos en totalidade a esperanza que nos leva a vencer a morte?. Si, creo

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Señor, sabemos que Ti queres ser para cada un e cada unha de nós auga que limpe o noso corazón do fanatismo e luz que alumee unha salvación universal. Porque estamos dispost@s a estar atentos á túa voz, dicímosche:

SEÑOR, QUE OS NOSOS PASTORES NON NOS IGNOREN

  • Para que na Igrexa os seus pastores se esforcen e comprometan a súa vida para servir, e non para situarse e impedir a pluralidade, OREMOS.

SEÑOR, QUE OS NOSOS PASTORES NON NOS IGNOREN

  • Hoxe, na nosa oración queremos ter presente dun xeito especial ao noso novo bispo, Luís. Para que sempre sexa un pastor cercano, agarimoso e caracterizado pola súa capacidade de servizo cara a todas as persoas que constituímos a súa nova diocese, OREMOS.

SEÑOR, QUE OS NOSOS PASTORES NON NOS IGNOREN

  • Para que nas nosas comunidades nos esforcemos por crecer en confianza, dispoñibilidade e colaboración de tod@s: pastores, leig@s e consagrad@s, OREMOS.

SEÑOR, QUE OS NOSOS PASTORES NON NOS IGNOREN

  • Por todos e todas nós, que nos xuntamos para escoitar a Palabra e compartir o pan da vida; para que nunca deixemos que a soberbia do fanatismo e do integrismo, de crernos mellores e superiores aos demais aniñe no noso corazón, OREMOS.

SEÑOR, QUE OS NOSOS PASTORES NON NOS IGNOREN

Grazas, Señor, porque a pesares de que moitas veces nos cremos superiores, Ti segues chamándonos á igualdade e á fraternidade. Dános azos para que ese sexa sempre o noso compromiso. PXNS. Amén.


 

PARA A REFLEXIÓN

Aquí estamos, Señor,

con fame e sede de vida.

Pero amando só a sorbos,

para non crear lazos;

rebaixando o evanxeo,

para facelo cómodo....

Soñando utopías sen realidades,

camiñando detrás das túas pegadas,

sen romper lazos que nos escravizan.

E a nosa fame e a nosa sede non desaparecen.

Asubía, Señor, a túa canción,

coma un bo pastor;

que se escoite por outeiros e montañas,

pradeiras e desertos.

Espértanos desta sesta.

Sacúdenos de tanta indolencia.

Deféndenos de tanto fanatismo.

Condúcenos cara ós pastos da túa terra.

Dános, Señor, vida verdadeira.

CANTOS

  • ENTRADA: Pedras vivas
  • ASPERSIÓN. A auga do Señor
  • GLORIA
  • LECTURAS: Canta aleluia
  • OFERTORIO: O Señor é o meu pastor

COMUÑÓN: O amor é o meirande

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor