Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010

5 pascua 2010

Un tsunami de esperanza: construír o Reino, testemuñar a vidaPÓRTICOO tempo de pascua vaise desenvolvendo pouco a pouco, case sen darnos conta, como quen vai pasando de puntillas e sen facer moito barullo. Pero neste non facer balbordo, vainos deixando a súa pegada. Si, porque como quen non quere a cousa, insiste na importancia de dar testemuño de canto cremos e celebramos, na necesidade de ir perdendo os nosos medos, na insistencia en que só desde a esperanza poderemos entender e vivir a pascua como unha experiencia gozosa, alegre e transformadora da nosa vida e das situacións que necesitan cambio e empuxe no noso contorno. Podemos dicir que o tempo de pascua é un verdadeiro tsunami de esforzo por construír o Reino, e de facer que o testemuño de cantos nos chamamos cristiáns non quede reducido á celebración do domingo ou á rutina dunhas oracións que non falan da vida.Poñámonos en actitude de permitir que este alento de forza positiva irrompa na nosa vida.Perdón(Aspersión)·Porque as v…

4 Pascua 2010

E O TEU TDT.... COLLE A SÚA ONDA?
SIGNO:
Seguimos co signo neste tempo de pascua: aspersión da comunidade e a renovación das promesas bautismais
PÓRTICO
    Paseniñamente imos debullando este tempo de Pascua. Hoxe chegamos xa ao cuarto domingo, tradicionalmente coñecido coma o domingo do bo pastor. As persoas que temos a sorte de ter nado nun medio rural, sabemos ben de qué fala o Señor cando di que as ovellas coñecen e recoñecen a voz do seu pastor. E é que esta imaxe de pastor serve para expresar a relación de Deus co seu pobo. Fronte aos dirixentes, que non serven nin se preocupan da xente, Xesús móstrase coma aquel que coñece o seu rabaño, condúceo aos pastos, deféndeo dos perigos, entrégase totalmente e dá a súa vida por el. Nunha palabra: a súa autoridade vén da adicación que lles presta.
    Que a celebración que agora comezamos nos axude a ter os oídos ben abertos para non deixarnos engaiolar por cantos de sereas que só queren confundirnos e que nos fan infelices.
O PERDÓN
(Aspersió…

3 Pascua 2010

Non o dubides, El si está ao teu lado
SIGNO:
Seguimos co signo neste tempo de pascua: aspersión da comunidade e a renovación das promesas bautismais
PÓRTICO
Paz e ben. Xesús Resucitado vaise manifestando na horta, no camiño, na casa... Este domingo maniféstase nunha xuntanza de amigos (na comunidade), na noite (que dá medo e tristura), no mar (que é perigoso), no traballo solidario (duro e difícil), na fatiga de cada día (tantas veces aparentemente inútil), no medio da frustración (tanto esforzo para nada)....
Porque o Señor é imprevisible. O mesmo aparece no norte que no sur, na noite que no día, cando amañece e cando atardece, cando se reza e cando se come, cando se descansa e cando se traballa, cando se goza e cando se sofre, na agonía da Madalena, no desencanto dos camiñantes de Emaús, nas bágoas de Pedro, na carraxe de Saulo.... faise presente o Señor.
E o mesmo na nosa vida: sempre camiñamos acompañados por El. O problema está en que ás veces non sabemos descubrir a súa presenza ao n…

2 Pascua

FELICES NÓS, SE CREMOS SEN VER
SIGNO
Facemos da fonte bautismal o signo central da Pascua. Ao lado dela colocamos o cirio pascual, para seguir traballando a partir dos símbolos que utilizamos na noite de Pascua: auga e lume. Collemos a auga para a aspersión que substitúe á petición de perdón ou que pecha o rito penitencial de cada domingo.
Durante o tempo pascual, despois do remuíño, tamén renovaremos as promesas bautismais.
PÓRTICO
As persoas que nos consideramos crentes vivimos a miúdo, coma os discípulos do Evanxeo, "ao anoitecer", "coas portas pechadas", "cheos de medo".... Estamos inmers@s na vella creación, non miramos nin experimentamos ao Resucitado, a humanidade nova parece ausente das nosas vidas. As nosas comunidades están ás veces repregadas, ocultas, sen dar testemuño. É coma se non tiveran alegría, perdón e vida que transmitir. A pesares de ser "o primeiro día da semana", o primeiro da nova creación, nós seguimos ancorados ao vello, ao …

VIXILIA PASCUAL 2010