Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2010

Domingo Ramos 2010

ESQUEMA FÓRA DO TEMPLO CANTO DE ENTRADA : QUE LEDICIA A MIÑA SAÚDO PÓRTICO PERDÓN PROCLAMACIÓN DA PALABRA - Is 50, 4-7 - CANTO: AMÓSTRAME SEÑOR OS CAMIÑOS DA VIDA - Lc. 22, 14-23 BENDICIÓN DOS RAMOS CANTO PROCESIONAL : CAMIÑAREI NA PRESENZA DO SEÑOR DENTRO DO TEMPLO GLORIA ORACIÓN COLECTA LECTURA DA PAIXÓN REMUÍÑO CREDO ORACIÓN DA COMUNIDADE OFERTORIO : A AUGA DO SEÑOR CAMBIOUME O CORAZÓN PAZ : TÉNDEME A TÚA MAN COMUÑÓN : DÉIXATE QUERER / EU SEI DE QUEN ME FIEI REFLEXIÓN BENDICIÓN DOMINGO DE RAMOS Seguiremos os teus pasos (Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos). CANTO : QUE LEDICIA A MIÑA SAÚDO: Quen preside : A paz, o ben e máis a x ustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós. Pórtico Xa alá van as cinco semanas da coresma! . Nelas quixemos ir mostrando a necesidade de c onverternos en peregrinos poñ

5 Coresma 2010

UNHA MIRADA QUE LEVANTA @S CAÍD@S SIGNO: Colocamos a quinta e derradeira cuncha de cartolina coa frase "EU NON CONDENO". PÓRTICO Nunha sociedade na que cada vez escoitamos máis falar de paridade, a realidade vainos demostrando que aínda queda moi lonxana a utopía da igualdade entre home e muller nos distintos eidos: a empresa, a política, a investigación…. E non digamos dentro da Igrexa, na que a muller, na meirande parte dos casos, é unha voz non escoitada e o que é peor, silenciada. Por iso o encontro de Xesús coa muller adúltera que hoxe escoitaremos no Evanxeo constitúe unha bocanada de aire fresco e, ao mesmo tempo, unha chamada de atención neste tempo coresmal que está chegando ao seu fin, para arredar de nós todo fariseísmo, toda hipocrisía e todo prexuízo. Que a celebración que agora comezamos nos axude a non facermos distincións, pois todos somos fill@s dun mesmo Deus e posuímos a mesma dignidade. O PERDÓN Porque somos extremadamente tolerantes con nós mesm@s e cos n

4 Coresma 2010

VOLVEREI Á CASA DO MEU PAI SIGNO: Colocamos a cuarta cuncha de cartolina coa frase: "VOLVEREI Á CASA DO MEU PAI". PÓRTICO Paseniñamente ímonos adentrando na profundidade do tempo de coresma. Deus vaise manifestando, vai saíndo ao noso encontro, vainos levando da man, esforzándose porque non vaiamos solos. Que ledicia saber que Aquel no que pomos a nosa forza e a nosa confianza non nos defrauda!. Son moitos os nosos esquecementos, as nosas paradas, os nosos retrasos, as nosas esixencias da parte da herdanza…pero El segue ao noso lado, a súa man segue agarrando a nosa, cada mañá sube á ventá do faiado confiando na nosa volta; porque El non quere que nos perdamos.     Nesta mañá, unha vez máis, vólvenos demostrar que paga a pena seguilo: dinos que non condena nin enfronta, non xulga nin aparta, só ama incondicionalmente, sen esperar nada a cambio, como só saben facelo un pai e unha nai. Grazas, Señor, por lembrárnolo unha vez máis, e por invitarnos a facer o mesmo. O PERDÓN Fált