Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2010

Domingo 5 to 2010

SEMENTADORES DE ILUSIÓN
Pórtico
Estamos cansos de palabras. Sobran. Parece que cada un/ha de nós vémonos obrigados a dar sentencia, a opinar, e sobre todo a sentírmonos sempre importantes e protagonistas. Porén a mecánica de Deus é ben distinta; sóbranlle as nosas palabras e fáltanlle os nosos feitos.
    Que pouca atención lle prestamos!. Segue a faltarnos o máis importante: a vida. Onde está o noso testemuño?. As enquisas dinnos que a Igrexa é a institución da nosa sociedade menos valorada. Tan pouca ilusión temos para transmitir?.
    A nosa celebración de hoxe xira arredor do tema do seguimento: Isaías, Paulo, Pedro... son chamados por Deus, coma cada un e cada unha de nós, que vimos aquí convocados por El para celebrar a nosa fe. Non é un mago nin un tapaburacos que vaia resolver os problemas que temos, pero si nos vai alentar, agarimar e acompañar para que fuxa de nós a soidade. Que saibamos descubrilo!.
Perdón
Porque seguimos tentando pescar coas vellas redes do cumprimento, da impos…

Domingo 4 TO

Chamados a sermos profetas do amor na nosa terra
PÓRTICO
Que sería de nós sen amor?. Seguro que moitas veces témonos feito esta pregunta, seguro tamén que lle teríamos atopado máis dunha resposta. Respostas que non irán moi lonxe de afirmar que nos sentiríamos perdidos, tristes, sen ilusións... por que?, pois moi sinxelo, porque é o amor o que nos dá vida. Desde o amor viñemos á vida, desde o amor fomos acollidos nela, desde o amor fomos descubrindo a existencia de persoas que se preocupaban, que puñan a súa vida ao noso servizo. Tamén desde o amor fixemos proxectos de vida compartida con outras persoas, de decisións para vivir na solidariedade e o ben común, de causas na defensa dos pequenos e necesitados.
    E todo isto desde onde?. Pois moi sinxelo, desde Aquel que nos quere, que nos buscou desde sempre, que estivo, está e seguirá a estar a noso lado nas ledicias, que foron moitas, e tamén nas dificultades, que non deixaron de chamar na nosa porta. Por El, con El e Nel, xuntámonos aq…

Domingo 3 TO 2010

DE NÓS DEPENDE QUE SE CUMPRA A PALABRA QUE PROCLAMAMOS
Pórtico
Cando alguén empeza nun cargo ou ten unha responsabilidade que facer durante un tempo, sempre presenta un programa, unhas liñas de actuación que van marcar o período, como ocorre por exemplo cos políticos cando están en campaña electoral ou co alto cargo dunha empresa de cara á xestión que ten que realizar.
Pois ben, a celebración de hoxe móstranos o programa de Xesús, o que el vén realizar, coa garantía de que sabemos que El o que promete cúmpreo.
Que a celebración de hoxe nos faga conscientes da gran responsabilidade que temos para con tódalas persoas, xa que Xesús invítanos a ser os seus colaboradores na súa tarefa.
Perdón
Polas veces en que preferimos mirar para outro lado e deixar ao marxe a tantas persoas que precisan a nosa axuda, SEÑOR, ARREDA DE NÓS O MEDO.
Porque preferimos ter unha fe que non nos comprometa, que se refuxie no noso interior e non se complique a vida cos demais, CRISTO, ARREDA DE NÓS O MEDO.
Porque non …

2 domingo TO 2010

"FACEDE O QUE EL VOS DIGA"
Pórtico
Anda… pero se xa rematou todo… Tanto preparar… tanta ilusión… tantos kilos de máis… e ao final volvemos á normalidade. Que depresión!... Resúltanos familiar esta sensación?. E é que cando reducimos o Nadal a un puro consumismo, á xuntanza familiar, a unha opípara comida..., gastamos moitas forzas en preparar todo, en facer cousas, en ter todo perfecto.. pero corremos o risco de non decatarnos de que realmente o que celebramos é que o amor de Deus é tan grande que envía ao seu Fillo feito Neno para que sexamos felices.
Hoxe, na Igrexa, volvemos ao tempo ordinario despois do Advento e o Nadal. O extraordinario pasou e é tempo de poñelo en práctica... Tódalas ilusións, tódolos propósitos, toda esa vida proxectada para este ano. Que alegría sentir esa nova vida que vai revolucionando e transformando o cotiá, o día a día, pois diso se trata.
Que a celebración de hoxe sexa un motivo de encontro co Pai que nos anima a comezar esta nova xeira.
PERDÓN
Por…

Bautismo 2010

O BAUTISMO É ALGO MÁIS CA UN RITO, É UN COMPROMISO DUNHA VIDA ENTREGADA
Pórtico
Nalgunhas sociedades ou para pertencer a un grupo concreto, ás veces cómpren uns ritos de entrada, e faise un compromiso de pertenza asumindo uns compromisos concretos e o ideario do grupo ao que se quere pertencer. Márcase así un punto de partida e o comezo dunha relación entre os seus membros. Eu comprométome a… Pois ben, a nosa fe tamén ten no bautismo un rito de entrada na comunidade e unha asunción de responsabilidades, que nun primeiro momento fixeron os nosos pais e as nosas nais e que logo nós persoalmente renovamos coa nosa vida. Pero non queda só na pertenza a un grupo, senón que nos fai fillos e fillas dun Deus Pai que sae ao noso encontro.
A festa que celebramos hoxe, o bautismo de Xesús, que pecha o tempo litúrxico do Nadal, é unha chamada a que revisemos os compromisos do noso bautismo, a que sexamos conscientes da pertenza á Igrexa dende o noso compromiso con tódalas persoas desde unha identida…

EPIFANÍA 2010

SABER SER ESTRELA PARA OS ESTRELADOS
PÓRTICO
A celebración de hoxe quere ser para todos nós unha chamada a descubrir ao Señor presente nas nosa vidas como luz e, ao mesmo tempo, a tomar conciencia de que esta luz é para tódalas persoas, sen distincións de razas, nin de credos, nin de ideoloxías. Todos estamos chamados a construír un mundo cada vez máis humano e humanizador, no que non haxa persoas estreladas pola falta de condicións de vida, pola falla da educación, pola falla de oportunidades.
Pidamos pois, que o Espírito nos mostre o camiño que nos leve a construír este mundo dende o proxecto de Deus.
PERDÓN
Polas veces nas que lle agochamos luz aos demais, excluíndoos, negándolles a palabra, non valorándoos como o que son, SEÑOR, ILUMINA A NOSA NOITE.
Polas moitas veces nas que o noso actuar e o noso dicir non son luz para os demais, senón polo contrario, somos motivo de escándalo, CRISTO, ILUMINA A NOSA NOITE.
Porque o nacemento do neno Deus non é motivo de alegría e cambio, senón que pe…