Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2009

Todos os Santos

AS BENAVENTURANZAS, CAMIÑO DE FELICIDADE
Pórtico
Vivimos nun mundo cada vez máis apático, no que medra a incapacidade para percibir o sufrimento alleo. Evitamos de mil xeitos a relación e o contacto con quen sofre, levantamos muros que nos separan da experiencia e da realidade do sufrimento; e mesmo a organización da vida moderna parece axudar a agochar a miseria e a soidade da xente, e así raramente experimentamos, de forma sensible e inmediata a miseria de tantas persoas ao noso redor. No medio desta apatía social, faise aínda máis significativa a mensaxe das benaventuranzas que hoxe proclamaremos. Porque, non nos enganemos, seriamos tomados por tolos se ao perdedor, ao que non lle saen os plans, aos enfermos, aos pobres e perseguidos, lles chamásemos triunfadores ou ditosos. Porén hoxe a celebración vén a poñernos no noso sitio. No día de tódolos santos celebramos aos triunfadores; pero non do noso pensar, senón do pensar de Deus, dos benaventurados. Que esta celebración festiva e al…

Domingo 30 TO

DETENSE E CHAMA POR TI... ¿ESTÁS DISPOST@ A DEIXAR O TEU MANTO PARA SEGUILO?
PÓRTICO
Moitas veces ten vantaxes non mirar, non ter luz, vivir na escuridade e no descoñecemento. Ten vantaxes porque permite non valorar, non interpretar os sinais, non significarse, non tomar partido... Para chegarse a Xesús, podemos facelo sen luz, pero necesitamos atopar a coraxe dentro de nós para erguernos dos lugares de escuridade e camiñar apenas uns pasos onda El. Daquela si, todo se volve luz e seguimento verdadeiro.
Que a celebración que agora comezamos nos poña en camiño para saírmos das nosas rutinas e das nosas cegueiras.
O PERDÓN
A miúdo a nosa vida está falta de fe, de confianza, de ilusión; SEÑOR, ÉNCHENOS COA TÚA LEDICIA.
En demasiadas ocasións, as nosas cegueiras impiden que te saibamos descubrir e recoñecer camiñando connosco, CRISTO, ÉNCHENOS COA TÚA LEDICIA.
Porque a pesares de que sabemos que Ti nos chamas non estamos dispost@s a tirar a un lado o noso manto de comodidades, superficialidades …

DOMUND 2009

REMOL DOMINGO XXIX
A PALABRA, LUZ PARA OS POBOS
Pórtico
Aínda que digan que a época das clases xa pasou, a realidade móstranos que aínda hoxe o mundo está dividido entre os opulentos, que o temos todo e que sempre aspiramos a ter máis, e os que non teñen nada, que aínda por riba son pisoteados polo noso egoísmo, polo noso afán de ter a calquera prezo e. E todo isto, no só a nivel de países, que nos pode quedar lonxe, senón a nivel do máis cotiá: así, no traballo queremos o mellor posto; nos repartos, queremos sempre a mellor parte....
Porén, a celebración deste domino no que celebramos a xornada do DOMUND, reforza a mirada universal que temos que ter na igrexa. Cristo faise presente en todos os pobos, sobre todo nos máis desfavorecidos. Que non o esquezamos.
Perdón
Polas veces en que non temos compaixón polo que sofre e somos incapaces de poñernos no seu lugar, SEÑOR, DANOS UN CORAZÓN DE CARNE.
Porque a meirande parte das veces aspiramos aos primeiros postos, a destacar sobre os demais con …

DOMINGO 28 TO

DA EXPLOTACIÓN DO IRMÁN…. LÍBRANOS SEÑOR
PÓRTICO
Non hai máis que botar unha ollada ao noso redor, para decatarnos que o que priva é a especulación e a ganancia sen límites; de xeito que o noso mundo considera astutas e intelixentes a aquelas persoas que saben acumular cartos, xa que estes son a suma de todo canto desexamos: poder, prestixio social, cultura, comodidade, beleza, placer…
Hoxe a Palabra alértanos contra o perigo que encerra o consumismo, que nos fai insolidari@s, que pecha os nosos ollos diante das necesidades e sufrimentos dos nos@s irmáns. Por iso, Xesús non cansa de lembrarnos que non podemos servir a Deus e aos cartos, que non podemos vivir consumindo egoistamente toda clase de bens e pretender, ao mesmo tempo, sermos fieis a un Deus que é e que pide amor, xustiza e fraternidade.
Que a celebración que agora imos comezar nos dea azos para non axeonllarnos diante do deus mercado.

Perdón
Polas veces en que non somos capaces de renunciar aos nosos dogmatismos e caprichos a fa…