Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2009

DOMINGO 23 TO

Se Deus nos quere iguais, por que facemos distingos e nos empeñamos en ser o que non somos ?
PÓRTICO
Hoxe máis ca nunca, a maxia e o esoterismo están de moda: o tarot, as adiviñanzas, a sorte,... teñen un posto importante nas nosas decisións e mesmo poden chegar a mover a nosa vida. O futuro é algo que non chegamos a controlar e polo tanto danos medo non ser capaces de conseguir as nosas metas, ou quedar polo camiño. Recorremos entón ao que faga falla para lograr "coñecelo". Isto mesmo pasa coa nosa fe: recorremos a unha fe máxica, superficial, que non compromete a nosa vida nin nos fai cambiar, senón que só nos deixa tranquilos, xa que o noso está seguro, e o dos demais non importa.
A invitación de hoxe vai dirixida a nós que temos medo, para que confiemos no Señor, para que nos deixemos transformar pola súa palabra e o seu corpo, para que nos deixemos cuestionar pola comunidade e os acontecementos que pasan ao noso carón. Deixemos pois que o Señor nos abra os oídos, os ollos …

DOMINGO 22 TO

Grazas por acollernos na túa casa

Pórtico
Na casa do Señor cabermos tod@s, porque a porta está sempre aberta. Pero sabemos que cando entramos nunha casa debemos saber estar e comportarnos, non nos vale estar de calquera xeito. Por iso o Señor, se ben é verdade que nos invita á súa casa e tennos sempre a porta aberta, pídenos tamén que saibamos estar nela, que nos comportemos co xeito que corresponde. Saber responder a quen nos invita, supón actuar de xeito que non firamos a quen nos abriu a porta, coñecer que pide de nós o que tivo a delicadeza de invitarnos a entrar e corresponder de xeito respectuoso e educado á confianza que nos deron. Comportándonos deste xeito, seguro que sempre poderemos non só entrar, senón tamén quedarnos na casa do Señor.
    Que a nosa celebración nos leve tamén a nós a abrir a porta do corazón a quen de nós necesita.
Perdón
Porque moitas das veces, fronte da porta aberta que nos ofreces, nós respondemos dándoche as costas, SEÑOR, ACÓLLENOS NA TÚA CASA .
Porque so…

Domingo 21 TO

Elixir en liberdade para medrar en madurez
Pórtico
    Sempre que temos que tomar unha decisión importante para nós, non nos resulta doado, xa que son moitos os elementos que debemos ter en conta. Iso fai que dediquemos un tempo a pensalo, a buscar clarificar as posibles consecuencias de escoller isto ou aquilo; como nos vai esixir esforzo, tempo ou cambio nas relacións coas persoas do nosos contorno… en fin, que nos leva tempo, se queremos facelo con responsabilidade e madurez.
Pois disto é do que nos queren falar hoxe os textos que imos proclamar na celebración: que saibamos escoller ben cal queremos que sexa o camiño da nosa vida, e quen han ser os que nos axuden a ilo facendo. Porque non é o mesmo deixarnos acompañar pola forza da presenza de Xesús na nosa vida, que prescindir del, e vivir como se Deus non existira. Da decisión que tomemos vai resultar o sentírmonos ou non a gusto co que somos e coas esixencias do que supón dicir si a Cristo.
Que saibamos escoller ben, para logo act…