Ir al contenido principal

DOMINGO 13 TO


 

DO EU EN TI AO TI EN MIN: SÓ NA CONFIANZA ACADAMOS A IGUALDADE


 

PÓRTICO

Acoller a quen non conta é acoller a Xesús, é acoller a Deus. Acoller e servir a Deus, pertencer á comunidade de Xesús, pasa por acoller e servir aos últimos, aos que non contan, como fixo El coas mulleres do evanxeo que hoxe proclamaremos. A opción prioritaria polos pobres debe romper moitos comportamentos viciados nas nosas relacións cos demais, axudándonos a redescubrir a gratuidade, e nas relacións políticas, económicas e internacionais. Non acoller aos pobres, aos pequenos, aos marxinados, é renunciar á nosa identidade cristiá, aínda que conservemos o nome.

A Igrexa está chamada a trastocar os esquemas da sociedade, que encumbra aos primeiros e menospreza aos últimos. Así, os pequenos deben ter na comunidade de Xesús unha importancia destacada.

Que a celebración que agora comezamos nos axude a saber descubrilo.

O PERDÓN

  • Porque deixamos escapar a nosa vida, afogándonos no materialismo, no consumismo e no acaparar, primando o ter sobre o ser, SEÑOR, AUMENTA A NOSA FE.
  • Por todas as ocasións nas que buscamos disimular a falta de fe en Xesús utilizando palabras grandilocuentes, cerimonias pomposas ou linguaxes incomprensibles, CRISTO, AUMENTA A NOSA FE.
  • Porque falamos moito de igualdade, pero non a pomos en relación coa nosa convivencia sinxela e sincera cos demais, SEÑOR, AUMENTA A NOSA FE.

REMUÍÑO

  • En tempos de crise coma os que estamos a vivir, nos que cada día son máis as persoas abocadas ao paro, nos que os comedores sociais cada vez están máis ateigados de xente que non ten nada para comer, nos que en demasiados fogares hai que facer verdadeiros milagres para chegar a fin de mes, a lectura de Paulo que vimos de escoitar é toda unha chamada para que os que nos consideramos seguidores de Xesús aprendamos a estar neste noso mundo no que os ricos cada vez son máis ricos e os pobres cada vez son máis pobres: "non se trata de que vós pasedes apretos por aliviardes a outros, senón de que exista igualdade". Porque cando a economía deixa de estar ao servizo da persoa para pasar a ser dominadora, atopámonos con estas consecuencias que estamos a vivir nas nosas propias carnes. A Palabra que vimos de proclamar chámanos a facer unha parada, a mirar dentro de nós e a redescubrir o valor da XENEROSIDADE, non só económica, senón que tamén estamos chamad@s a ser xeneros@s co noso tempo, cos nosos sorrisos, co noso traballo, coa nosa adicación, coas nosas actitudes....
  • Porque pode ocorrer que, coma sempre que facemos mal as cousas, sexamos demasiado proclives a culpar a Deus do que se debe única e exclusivamente ao noso egoísmo. Temos escoitado moitas veces, demasiadas, mesmo na boca dos nosos pastores, que a crise, o paro, as catástrofes, as enfermidades, a pobreza... son un castigo de Deus. Pero, como poder casar este Deus que castiga sen piedade coa lectura do libro da Sabedoría que nos lembra que Deus non se recrea na destrución dos viventes?. Como poderemos confiar nun Deus que nos manda morte, dor, destrución e desamor?. Como é que Xesús nos fala dun Deus que é pai-nai mentres que nós seguimos escoitando falar ou nós mesmos falamos dun Deus que xulga, rexeita e escolle?...Non será que estamos manipulando ao noso antollo a imaxe de Deus para, desde o medo, seguir mantendo un poder que tanto botamos en falta?. Hoxe é un bo día para abrir os nosos corazóns a un Deus que non xulga e que só quere unha cousa: que sexamos felices.
  • E porque quere que sexamos felices, Deus pon ás persoas no centro de todo o creado. Ás persoas.... non só aos homes. Hoxe, no evanxeo, descubrimos que Xesús, diante das mulleres, adoptou unha postura novidosa e sorprendente. Naquela sociedade xudía na que os varóns daban grazas a Deus cada día por non ter nado mulleres, non é fácil de entender a nova postura de Xesús, acollendo sen discriminacións a homes e mulleres na nova comunidade da Igrexa. Para El, ambos teñen a mesma dignidade, sen que a muller teña que ser obxecto de dominio do varón. Nunha Igrexa dirixida por homes, non nos decatamos do grande erro que supón o dominio que eles exercen sobre elas, consideradas na meirande parte dos casos inferiores, tentadoras e superficiais. Porén, no é esta a actitude de Xesús coa hemorroísa e coa filla de Xairo. El chama a unha revolución que nos faga vivir doutro xeito as relacións que nos unen a uns cos outros. As diferenzas entre sexos deben ir encamiñadas cara á cooperación, o apoio e o crecemento mutuo. Por que non o entendemos e comezamos a traballar xenerosamente pola igualdade?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Desde a confianza á que sempre nos invita Xesús, presentamos agora as nosa oración comunitaria, e dicimos xuntos:

QUE A CONFIANZA ENCHA A NOSA VIDA

  • Pola Igrexa, que formamos tod@s nós, para que neste tempo de crise e dificultade nos esforcemos por saber acoller, axudar e acompañar a todas as persoas que sofren as consecuencias dunha sociedade baseada no ser e non no ter, OREMOS.

QUE A CONFIANZA ENCHA A NOSA VIDA

  • Para que nas nosas comunidades saibamos vencer as desconfianzas, os medos e comentarios ferintes de uns para cos outros, OREMOS.

QUE A CONFIANZA ENCHA A NOSA VIDA

  • Por nós, para que non teñamos medo a confiar nos demais, aprendendo a dar oportunidades, coma Xesús nolas vai dando a nós cada día, OREMOS

QUE A CONFIANZA ENCHA A NOSA VIDA.

Grazas, Señor, por invitarnos a vivir na confianza, e a deixar atrás canto nos fai desconfiados e inseguros. P.X.N.S.Amén

PARA A REFLEXIÓN

Pai póñome nas túas mans.

Fai de min o que queiras.

Sexa o que sexa, douche grazas.

Estou disposto a todo, acéptoo todo, con tal que a túa vontade

se cumpra en min e en todas as túas criaturas.

Non desexo máis, Pai.

Confíoche a miña alma, doucha con todo o amor de que son capaz.

Porque te amo e necesito darme a Ti, poñerme nas túas mans,

sen limitacións, sen medida, cunha confianza infinita,

porque Ti es o meu Pai. Amén.

Ch. Foucauld

CANTOS

  • ENTRADA: Camiñando pola vida
  • LECTURAS: Louvarei ao meu Señor
  • OFERTORIO: Todo o mundo unha familia

COMUÑÓN: Acharte presente

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel