Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2009

DOMINGO 14 T.O.

Cando o escándalo agocha a envexa…
só sabemos desprezar
Pórtico
Moitas veces manifestamos a nosa desconformidade diante de diversas situacións que pasan no ámbito no que nos movemos. Nunha grande maioría de veces esta desconformidade non vai acompañada dunha proposta alternativa, senón que é un fundir o que hai pero sen presentar outro xeito de facer as cousas ou algunha idea nova. Isto pasa no mundo da política, na cultura, no ensino…tamén nas nosas parroquias. E o que esta actitude case sempre agocha non é máis que envexa e ganas de que todo veña abaixo, para logo poder dicir que non se fai nada, que todo é o mesmo, que isto morre, que o mellor é deixalo que rebente. Canta hipocrisía se esconde tras desta maneira de facer as cousas!.
    Pois ben, Xesús, diante desta actitude, volve hoxe darnos unha nova lección e fálanos de que no pequeno, no que aparentemente non é importante -non é fillo do carpinteiro?- está presente a man de Deus e toda a capacidade de unir e remar na dirección do …

DOMINGO 13 TO

DO EU EN TI AO TI EN MIN: SÓ NA CONFIANZA ACADAMOS A IGUALDADE

PÓRTICO
Acoller a quen non conta é acoller a Xesús, é acoller a Deus. Acoller e servir a Deus, pertencer á comunidade de Xesús, pasa por acoller e servir aos últimos, aos que non contan, como fixo El coas mulleres do evanxeo que hoxe proclamaremos. A opción prioritaria polos pobres debe romper moitos comportamentos viciados nas nosas relacións cos demais, axudándonos a redescubrir a gratuidade, e nas relacións políticas, económicas e internacionais. Non acoller aos pobres, aos pequenos, aos marxinados, é renunciar á nosa identidade cristiá, aínda que conservemos o nome.
A Igrexa está chamada a trastocar os esquemas da sociedade, que encumbra aos primeiros e menospreza aos últimos. Así, os pequenos deben ter na comunidade de Xesús unha importancia destacada.
Que a celebración que agora comezamos nos axude a saber descubrilo.
O PERDÓN
Porque deixamos escapar a nosa vida, afogándonos no materialismo, no consumismo e no acaparar, pr…

DOMINGO XII DO TEMPO ORDINARIO

O ordinario, o de tódolos días, tamén é tempo de salvación
PÓRTICO Vai rematando o curso e xa nos imos preparando para as vacacións. Pero resulta que a liturxia márcaos outro ritmo e dinos que hai que continuar, que a vida non ten tempo de vacacións, que o cotián, o de sempre, o de tódolos días, tamén é tempo de salvación. Por iso a esperanza e o traballo solidario e xusto non vai nin de permiso nin de vacacións, non libran nunca.
Que cantos nos sentimos acompañados da forza da fe, saibamos vivir o noso tempo como presenza continua de Deus.
O PERDÓN
Por ter esquecido que puxeches a terra nas nosas mans para que a conservemos e a coidemos, e non para que a levemos á destrución, SEÑOR, QUE DEIXEMOS O PASOTISMO E SEXAMOS VALENTES.
Por ter renunciado a ver, escoitar e atender ao que a natureza nos vai dicindo, CRISTO, QUE DEIXEMOS O PASOTISMO E SEXAMOS VALENTES.
Por non ser capaces de ver o mundo cos teus ollos de novidade, esperanza e estímulo, botando fóra de nós medos e rutinas, SEÑOR…

CORPUS 2009

SE NON QUERES FORMAR PARTE DUNHA SOCIEDADE LIMITADA, FACILITA A PARTICIPACIÓN DE TOD@S

PÓRTICO

O mundo ten fame de pan: 862 millóns de fament@s e outras tantas persoas insuficientemente alimentadas. Un día, Xesús multiplicou os pans. Non trataba só de dar solución a un problema, senón de marcar un comportamento liberador. Hoxe, non faría falla multiplicar, bastaría con sumar e dividir correctamente, é dicir, solidariamente. bastaría con racionalizar a administración dos nosos bens, pois gastamos duascentas veces máis na morte (armas e guerras) que na promoción, dignificación e desenvolvemento da vida.
O Señor invítanos á súa mesa, na que atoparemos pan abundante, viño excelente, amizade verdadeira e amor ata o límite. Poñámola no centro das nosas prazas e dos nosos corazóns.

O PERDÓN

Polo noso egoísmo, porque non queremos compartir os nosos pans, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á SOLIDARIEDADE.
Pola nosa intolerancia, porque seguimos mantendo marxinacións e exclusións, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á SOLI…