Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2009

Trindade 2009

Comuñón liberadora na misión do amor: Pai, Fillo e Espírito Santo
Pórtico
Nun mundo no que as relacións comerciais unen aos países, no que Internet é un fío que xunta e crea modas e tendencias, no que o idioma xa non é barreina e as distancias vense reducidas a un intre no tempo, resulta paradóxico que as persoas esteamos cada vez máis separadas e actuemos indo só ao noso.
Enfróntanse así intereses económicos, sociais, de poder... que fan que as relacións persoais se fundamenten no interese e no material, esquecéndonos do que temos de verdadeiramente humano: a relación, a gratuidade, a solidariedade.
A festa de hoxe, a Trindade, vén poñer luz para axudarnos a descubrir que é o amor na comuñón, o xeito que temos as persoas de fundamentar as nosas relacións humanas e de fe, no seo dunha sociedade que camiña no respecto, na paz e na igualdade.
ACTO PENITENCIAL
Por negarnos a abrir o corazón cando estamos necesitados de que nos escolten, SEÑOR, GUÍANOS Á COMUÑÓN
Por tódalas veces nas que, pechán…

Remol Pentecostes

FALAR PARA QUE SE ENTENDA E NON PARA QUE SE FALE DE NÓSPÓRTICOSon moitas as veces nas que se di que a Igrexa se ten posicionado sobre este ou aqueloutro tema. Pero cando se afirma iso somentes aparece a voz dos bispos (e case sempre os mesmos bispos), que no nome da toda a Igrexa –non o esquezamos: Igrexa somos tod@s–, manifestan que ese é o pensamento da Igrexa. A partires de aí, xa temos polémica montada a través dos medios de comunicación, e minutos nos telexornais por dous ou tres días, ata a próxima. Faise valer deste xeito aquilo de “que falen de nós, inda que sexa mal”.Pero máis alá das polémicas, poderíamos preguntarnos: é de verdade a voz da Igrexa?. Ou é a voz, autorizada e á que sempre debemos prestar atención, dos bispos?. Porque non é o mesmo unha cousa ca outra. Pois se Igrexa somos tod@s, algo teremos que dicir os demais cristiáns sobre cuestións que nos afectan e estamos a vivir, moitas das veces a sufrir. E teremos que facelo sen buscar polémica, pero sen esquecer que…

Ascensión do Señor

CABEZA FRÍA, CORAZÓN QUENTE E PÉS SEMPRE NO CHAN: CREO!
PÓRTICOQuizás, un dos reproches que máis se lle fan ás persoas públicas, é que viven ao marxe da sociedade, que non conectan coas aspiración nin co sentir da xente, fallando así nos medios para buscar solucións aos problemas máis urxentes. As palabras están baleiras e os xestos son para a galería. O importante é saír na foto, aínda que non se diga nada ou se engane con falas promesas.A festa de hoxe, a Ascensión do Señor, vén mostrarnos que Xesús está máis que nunca presente no medio de nós. Os seus xestos e palabras, a súa doazón, están cheas de esperanza e ilusión. O baleiro non ten senso.Que a celebración de hoxe nos faga máis conscientes de que os cristiáns debemos conectar coas demais persoas.PERDÓNPola nosa insistencia de querer camiñar mirando ao ceo, esquecendo que ao noso lado hai mans que nos piden que as axudemos, SEÑOR, QUE OS NOSOS PASOS SIGAN AS TÚAS PEGADAS.
Por non ser capaces de vencer a tentación de mirar só para …

6 Domingo Pascua

Camiñar na fronteira: amar desde a discrepanciAPÓRTICOVivimos nunha sociedade na que é moi difícil aprender a amar dun xeito gratuíto. Todo se calcula, todo se mide, todo se compra, todo se vende. E así, cremos, dun xeito equivocado, que todo se obtén pagando: alimentos, roupa, vivenda, transporte, diversión, postos, beneficios, traballo, amor, servizos relixiosos... E así, corremos o risco de converter todas as nosas relacións nun puro intercambio de servizos.Porén, non é este o camiño que nos propón Xesús!. Non é así como poderán xurdir sementes do Reino!. Non é este o xeito de liberarnos!. O camiño ten que ser o do amor, non o do interese.Que a celebración que agora comezamos nos axude a decatarnos de que o amor é unha necesidade e o guieiro da nosa vida.O PERDÓNPorque nos cremos os mellores e os únicos, SEÑOR, CURA O NOSO CORAZÓN
Polas veces nas que somos sectarios no noso pensamento e na nosa forma de actuar, CRISTO, CURA O NOSO CORAZÓN.
Porque a nosa falta de amor fai que nas nosa…

5 DOMINGO PASCUA

Superemos a lei do funil: a conversión é posible para nós e tamén par os demais
PórticoNon resulta moi doado de entender o noso xeito de facer as cousas moitas das veces, chamándonos como nos chamamos cristiáns. Si, porque de moitas maneiras e en diferentes situacións, Xesús fálanos da conversión; é dicir, desa actitude fundamental da vida na que somos capaces de cambiar e deixar atrás comportamentos e formas de ver e facer as cousas. Diríamos, de darnos unha nova oportunidade.E dicimos que non é doado de entender o noso comportamento porque moitas veces negámoslle aos demais esa posibilidade de cambiar, de empezar de novo, de facer borrón e conta nova na súa vida. Non nos estrañemos, tamén lle pasaba o mesmo aos discípulos, por iso eran incapaces de comprender o cambio que se dera en Paulo: non acababan de ver como aquel que tanto os perseguira, agora lles pedía que o acollesen coma un dos seus. Pero Paulo cambiara, e foron dándose conta. Tamén nós cambiamos, e tamén cambian os demais…