Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

4 Domingo Pascua

E TI, QUE ESTAS DISPOSTO A APORTAR?   PÓRTICO As persoas sempre buscamos referentes nos que ver reflectidas as nosas aspiracións, aquilo que nos gustaría ser, ao que aspiramos chegar. O problema vén cando non os temos, cando ao que nos invitan a mirar, a televisión, a radio, as modas,.. non nos enche, quedando así perdidos,desorientados. Por iso hoxe, se cadra máis que noutros momentos da historia, precisamos recuperar a nosa capacidade de escoita se non queremos vernos afogados na vulgaridade. A nosa sociedade está enferma na súa vontade de vivir. A civilización do benestar ofrece medios de vida, pero non motivos para vivir. Por iso cómpre estarmos ben atentos á chamada de Deus, a escoitar a voz da verdade, a sintonizar co mellor que hai en nós, a desenvolver o no mundo interior. Temos que ser quen de recoñecer a súa voz entre tantas outras. Teremos que abrir oídos e corazón, teremos que poñer oídos á espreita para non deixarnos enganar por cantos de serea. Que esta celebració

3 DOMINGO PASCUA 2009

A PAZ, UNHA PALABRA COA QUE SE NOS ENCHE A BOCA PERO QUE MOITAS VECES SE NOS VAI DAS MANS Pórtico Sempre que acendemos a televisión, as novas, as películas e incluso os debates, están cheos de violencia. Xa non importa a franxa horaria, é o que vende e o que interesa. Despois estrañámonos de que haxa condutas violentas, episodios de morte, ou de que os cativos repitan comportamentos que nós fomentamos. E xa nos digamos a niveis familiares, veciñais…, onde todos queremos mandar e ter sempre a razón. Hoxe Xesús Resucitado volve saudarnos coa paz. Dánola para que a sementemos coa nosa vida. E...acaso os cristiáns non temos unha grande responsabilidade con esta asignatura pendente da paz?. Porque moitas veces coas nosa palabras xestos e manifestacións colectivas, non somos quen de vivila. Acaso paz é so unha palabra baleira e non unha vivencia e experiencia chea de contido?. A celebración de hoxe invítanos a que a paz que nos trae o Resucitado a fagamos vida no noso mundo, alí onde

2 domingo pascua

MIREMOS AS CHAGAS DA HUMANIDADE PORQUE AHÍ ESTÁ CRISTO Pórtico Vivimos nun mundo no que o que non entra polos ollos non existe. Necesitamos comprobar os feitos para que estes sexan verdade. Todo se compra, e incluso a ledicia e a felicidade moitas veces buscámola no material, no acumular, nos cartos. Pero mira por onde, descoidamos o que non nos convén. Non somos capaces de descubrir que nos que sofren, que nas persoas desherdadas e silenciadas, está Xesús e é nas súas chagas nas que temos que meter o noso dedo e a nosa vida. Que a celebración de hoxe nos faga conscientes de que grazas á fe, temos que ser quen de descubrir a Xesús en tódolos que sofren. Perdón (É aconsellable neste tempo facer o rito da aspersión á asemblea) Pola túa resurrección que nos enche de vida. SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA. Pola túa resurrección, que fai de nós persoas novas. CRISTO, ANIMA A NOSA VIDA. Pola túa resurrección, que fai comunidade coa túa presenza, SEÑOR, ANIMA A NOSA VIDA. Remuíño Xe