Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2009

Venres Santo 2009

UN MUNDO CHEO DE CRUCES PÓRTICO Hoxe, Venres Santo comezamos a nosa celebración, nun silencio respectuoso, volvendo os ollos cara a cruz, cara tantas cruces que son expresión da dor e da tristura de tantos irmáns e irmás nosos que habitan permanentemente no calvario da marxinación, da soidade, da incomprensión: @s parad@s, @s nen@s escravizad@s, @s enferm@s, @s vell@s, as mulleres maltratadas, as persoas manipuladas, @s fament@s... Hoxe, xunto á cruz do Señor, queremos reflexionar sobre estes sinais de morte. Detémonos e miramos con calma, como o facía Xesús, con ollos novos e non cunha simple mirada de curiosidade ou de tenrura de telenovela barata. E despois de mirar, de analizar, de xulgar, non podemos permanecer inmóbiles, senón que descubrimos a cruz coma unha parte do camiño, nunca coma unha meta. A meta será a Pascua, o nacemento dunha vida nova en Cristo. Hoxe estamos chamad@s a descubrir que ao noso lado hai moit@s nazaren@s que levan as súas cruces e que esperan que nós

Xoves Santo 2009

OS DEREITOS HUMANOS, PUNTO DE PARTIDA, DE ACTUACIÓN E DE CHEGADA NO NOSO COMPROMISO CRISTIÁN PÓRTICO Coma o pobo xudeu, que se xuntaba para celebrar a súa festa máis importante, a Pascua, hoxe nós tamén nos xuntamos para celebrar e agradecer que Deus nos saca cada día da servidume da escravitude para que andemos nunha vida nova de liberación e salvación marcada polo servizo. Na súa despedida, Xesús non lle deixou aos seus discípulos nin un catálogo de normas que resumise o que debían crer, nin un código de moral, nin tampouco un organigrama da Igrexa. Pero si deixou un xesto sinxelo (compartir o pan e o viño) e unha forma de vida (o servizo cara aos demais) que hoxe lembramos dun xeito especial. Neste contexto de festa compartida, tentaremos descubrir que ao redor do signo do pan tod@s temos unha mesma dignidade. Ao partir o pan deberemos lembrarnos de quen vive sen pan de xustiza, de liberdade, de vida. Ao achegarnos a comulgar temos que saber descubrir que estamos chamad@s a

DOMINGO DE RAMOS 2009

Andarei na presenza do Señor (Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos). CANTO: QUE LEDICIA A MIÑA SAÚDO: Quen preside: A paz, o ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós. PÓRTICO Coa celebración de hoxe comezamos, un ano máis, a Semana Santa, os días grandes para @s que nos dicimos seguidores do Deus da vida. Por iso non debe ser o noso un simple asistir, un sentírmonos espectadores dun acontecemento ou mesmo dun teatro; senón que estamos chamad@s a ser actores neste gran acontecemento da historia: Deus é amor, ocúpase e preocúpase por nós. Non quedemos pasmad@s, poñámonos en camiño!. PROCLAMACION DA PALABRA (ENTRADA DE XESÚS EN XERUSALÉN) CANTO PROCESIONAL: EU SEI DE QUEN ME FIEI BENDICIÓN DOS RAMOS Señor do amor e a misericordia, bendice + estes ramos e palmas, e concédenos a cant@s os levamos a túa capacidade de vivi-la solidarie

5 domingo Coresma

SIGNO: Colocamos o quinto e derradeiro ladrillo, que completa o segundo brazo horizontal da cruz. Esta semana a palabra que escribiremos nel é PARTICIPACIÓN Aprender a vivir desde a misericordia Pórtico Xa levamos andado todo o camiño da coresma, xa non nos queda nada para chegar ao seu remate. Foron moitas e constantes as invitacións á conversión, á renovación, ao perdón, ao cambio, á reconciliación…Ademais de escoitalas, facemos algo para vivilas?. Pois xa é tempo, a que esperamos?. Perdón Porque nos segues invitando a incorporarnos ao teu camiño sen pedirnos contas, senón acolléndonos, SEÑOR, GRAZAS POLA MISERICORDIA. Porque diante da túa confianza, nós recuamos e non facemos moito por cambiar, CRISTO, GRAZAS POLA MISERICORDIA. Porque non acabamos de crer que coresma é tempo e invitación a deixar atrás os fardos pesados do rancor, a envexa e a preguiza, SEÑOR, GRAZAS POLA MISERICORDIA. Remuíño Contra o que en principio puidera parecer, os textos do tempo de coresma f

4 DOMINGO CORESMA 2009

SE TI NON XULGAS, ¿POR QUE NÓS SI? Pórtico Moitas veces temos escoitado ou experimentado en nós mesmos que cando atopamos unha cousa que paga a pena, empeñámonos a fondo nela. E que triste é que iso nos ocorra só coas cousas materiais: queremos conseguir este ou aqueloutro producto ou aparello e sacrificámonos ata que xuntamos o necesario para mercalo. ¡Canto mellor nos iría se esa mesma disposición e esforzo o tivésemos coa nosa fe!. Porque Xesús tamén nos invita a empeñar a nosa vida nel, a deixar as tebras para vivirmos desde a luz. Invítanos a crer nel e , sobre todo, a amalo, deixándonos transformar e cuestionar, abrindo o noso corazón á súa Palabra. Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrir que paga a pena apostar fondo por el. Perdón Ø   Porque moitas veces somos causa de división e de enfrontamento coas nosas actitudes e palabras, SEÑOR, ALENTA A NOSA VIDA Ø   Porque somos inconscientes do que nos rodea, pasando superficialmente por riba, sen cue

3 Domingo Coresma 2009

3º Domingo de Coresma SIGNO: Colocamos na cartolina dos taboleiros o terceiro ladrillo, que levará escrita a palabra SOLIDARIEDADE. O templo: ámbito para celebrar a vida coa comunidade, non mercado no que se compra a Deus PÓRTICO Vivimos nunha civilización que ten como eixo de pensamento e criterio de actuación o desexo de gañar e ter cartos. Demasiadas persoas son capaces de grandes sacrificios, e mesmo de pisotear ou servirse dos demais para conseguir un benestar material e lograr un prestixio social. Por iso poderiamos afirmar sen medo a equivocarnos que hoxe todo se pode mercar e vender... incluída a relixión. Porque, ¿son as nosas igrexas o lugar de encontro co Pai ou o lugar no que tratamos de poñer a Deus ao noso servizo?, ¿son as nosas celebracións un encontro con Deus ou unha obriga rutineira e aburrida coa que pensamos adquirir certa seguridade diante de Deus?, ¿a nosa Igrexa é a casa do Pai na que se manifesta e se vive a xustiza ou un mercado no que se negocia co