Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2009

1 Coresma 2009

SÍMBOLO : Ladrillos feitos de cartolina que iremos colocando nunha corcheira. En cada ladrillo escribiremos unha actitude a destacar neste tempo coresmal. Ao longo destas cinco semanas irémolos colocando de xeito que constrúan unha cruz, símbolo da vida nova que a Pascua nos trae. Esta primeira semana a palabra destacada será VIDA. DE QUE ME VOU CONVERTER SE SON PERFECTO? CORESMA: TEMPO DE SALTAR DO SILLÓN Pórtico Neste domingo comezamos o tempo de Coresma, un tempo no que iremos atravesando o deserto para pasar a nova terra. E durante este camiño iremos liberándonos do que nos estorba, daquio que nos pesa e non ten sentido levalo. Dende a oración, dende a austeridade e desde a preocupación polos demais, iremos atopando sinais para non perdernos no camiñar. Comecemos con ilusión renovada e congañas de converternos e de crer no evanxeo de Xesús. O PERDÓN Da tentación de acaparar e posuír, de querer compralo todo, incluso ás persoas, LÍBRANOS SEÑOR. Da tentación de querer dominar, asobal

Domingo 7 do TO 2008 (22 de febreiro)

Seremos cribles se somos capaces de levar aos corazóns magoados palabras de esperanza, e non de condena Pórtico             Non é doado nin falar nin entender no noso mundo e hoxe a palabra perdón. Por unha banda, moitos asóciano a sacramento da reconciliación – penitencia-, sacramento que durante moito tempo foi   experiencia de xuízo, condena, medo, control    e dominio da conciencia das persoas;   e pola outra, é unha palabra demasiado asociada ao mundo do relixioso. Porén, o perdón é unha experiencia fondamente humana; unha experiencia que libera e axuda a madurar, a crecer como seres humanos, a ser conscientes das nosas propias limitacións. E iso no noso mundo, un mundo que se considera ilimitado   sen ningún tipo de   traba, non e moi doado de entender. Por iso a celebración de hoxe pode se unha boa oportunidade para que   pensemos sobre a importancia de ter unha actitude de ofrecer e tamén de outorgar o perdón na nosa vida. Se o facemos, seguro que nos iremos sentindo   moit

Domingo 6 TO 2009

DIANTE DA MARXINACIÓN.... XUSTIZA E COMPAIXÓN! PÓRTICO Na nosa sociedade son demasiadas as persoas que se atopan marxinadas e discriminadas: os anciáns e as anciás, que despois de dalo todo, constitúen un atranco e un estorbo para a familia; @s parad@s, sen posibilidade de ter unha vida digna mentres outras persoas nadan na abundancia; @s enferm@s, moitas veces abandonad@s pola súa familia nos centros hospitalarios e sen pinga de cariño; persoas ás que se lles negan os seus dereitos fundamentais polo seu xénero, pola súa ideoloxía, pola cor da súa pel, por rezar a un deus diferente.... Pois a todas esas persoas hoxe Xesús dilles: Quero limparte. Que nós sexamos os seus voceiros, as súas mans e o seu corazón. O PERDÓN Polas veces en que excluímos ás persoas só pola súa aparencia externa e non miramos no interior. SEÑOR, LÍMPANOS. Porque a nosa comodidade e a nosa pasividade fan que non esteamos dispost@s a “perder o noso tempo” para adicarllo aos irmáns e ás irmás, CRISTO, LÍMPANOS. P

5 domingo TO 2009

Deixemos que a esperanza derrote ao medo Pórtico Hai uns días tomaba posesión coma presidente de Estados Unidos Barack Obama. Xa coñecemos moitos datos da súa biografía: primeiro presidente afroamericano, moi novo, culto, brillante e… xerador de grande esperanza. Non había máis que ver a cantidade de periodistas acreditados e a programación das grandes emisoras de radio e televisión de todo o mundo para cubrir tal evento. Un dos momentos que maior atención supuxo foi a lectura do discurso de apertura do seu mandato. Con el téntase sempre marcar as liñas programáticas que se van realizar nos seguintes catro anos. E nun mundo cheo de tanto enfrontamento, crise, desesperanza, corrupción, guerra… tod@s agardaban con ansiedade o que o novo presidente ía dicir. E foron dúas as afirmacións que nos poden a axudar para a nosa celebración de hoxe; non porque as dixera o presidente do país máis poderoso do mundo, senón polo que cada unha delas ten de trasfondo de cultura cris