Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2009

4 domingo TO 2009

DESCUBRILO NO COTIÁN: AÍ ESTÁ O MILAGRE PÓRTICO No noso mundo estamos faltos de profetas, de persoas que coa súa vida e coa súa palabra, nos saquen do noso aburrimento, do noso tedio e da nosa mediocridade; profetas cheos de ilusión, de alegría de esperanza, que contaxien optimismo, que contaxien crenza na persoa, nas súas potencialidades, no valioso de cada quen; profetas que busquen unir e construír entre todos un mundo mellor. Os cristiáns estamos chamados, por un lado, a escoitar e descubrir a eses profetas; pero tamén a ser nós profetas, a levar a voz do Señor a tod@s. Que esta celebración nos faga conscientes desta gran tarefa que temos nas nosas mans. O PERDÓN Porque moitas veces dicimos e non facemos, embarcamos aos outros e nós quedamos en terra, SEÑOR, PERDOA POR ENDURECER O NOSO CORAZÓN. Polas veces nas que queremos ter sempre a razón e non escatimamos medios para conseguir os nosos obxectivos, aínda que sexa a costa dos demais, CRISTO, PERDOA POR ENDURECER O NOSO CORAZÓN.

Domingo_3_2009

HOXE PODE SER UN GRAN DÍA PÓRTICO É triste, pero cada día coñecemos a moita xente que nace, crece, traballa, reprodúcese (ou non), xubílase e morre. Así, sen máis. Endexamais se preguntaron quén son, cómo son, qué fan, por qué o fan, para qué viven, cara onde camiñan…. ou cara onde quixeran camiñar. Porque ser protagonistas da nosa propia historia, vivir a tope a vida, chegar a ser persoa… non é algo que se nos dea feito, que se consegue con ir sumando anos ou que se atopa sen buscar seriamente. Descubrir o sentido profundo da vida, ser nós mesmos, é tarefa persoal e intransferible. A tarefa máis urxente e pri

2 Domingo Ordinario 2009

Aprender a vivir na unidade desde a diferenza PÓRTICO Xa estamos no tempo ordinario. Atr á s quedaron o Nadal e as festas que nese tempo celebramos. É hora de que todo o vivido nesas datas te ñ a unha concreci ó n na nosa vida. A Palabra que escoitaremos desc ú brenos que tod@s estamos chamad@s a descubrir o noso compromiso como unha vocaci ó n ao servizo, como unha chamada persoal no aqu í e no agora. Que sexamos conscientes da urxencia de comprometernos, al í onde nos atopamos, co Reino, coa mensaxe e coa vida de Xes ú s O PERDÓN ·         Porque son moitas as veces nas que facemos a nosa vontade e non a t ú a, SE Ñ OR, QUE SUPEREMOS A TENTACI Ó N DE IMPOR O NOSO. ·         Porque falamos moito e escoitamos pouco, CRISTO, QUE SUPEREMOS A TENTACI Ó N DE IMPOR O NOSO. ·         Porque a resposta á t ú a chamada non é leda nin confiada, SE Ñ OR, QUE SUPEREMOS A TENTACI Ó N DE IMPOR O NOSO.   REMUÍÑO DEUS FALA : Para que haxa comunicación ten que haber un emisor,

Bautismo 2009

A Auga do Señor, Auga que transforma vidas e corazóns PÓRTICO             As celebracións de todos estes días víñannos presentando unha imaxe de Deus cercana, sinxela, chea de amor e preocupación por nós. O Deus que nos bendí coa súa Palabra, coa súa presenza, co seu pan. Esta bendición de Deus, hoxe fainos lembrar o noso bautismo; nel fomos acollidos na grande asemblea da eclesialidade. Desde el tod@s comezamos a ser Igrexa, e polo tanto empeñados, coma Xesús, na tarefa de facer dela rostro humano e visible de Deus.             Que na celebración de hoxe renovemos este noso compromiso de ser no mundo espello da presenza   Deus. O PERDÓN [   Señor, polas veces nas que temos esquecido que somos membros da Igrexa, e non simples consumidores de celebracións, SEÑOR,QUE A TÚA AUGA LIMPE A NOSA VIDA. [   Cristo, polas veces nas que non nos deixamos limpar pola túa auga e cambiar o corazón , CRISTO, QUE A TÚA AUGA LIMPE A NOSA VIDA. [   Por ternos negado moitas veces a beber da