Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2008

Aninovo 2009

COMBATER A POBREZA, CONSTRUÍR A PAZBENDICIÓN AO COMEZO¨Que Deus nos bendiga todos os días do ano¨Que Deus nos sorría todos os días do ano¨Que Deus se fixe en nós todos os días do ano¨Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do anoPórticoSempre que comezamos algo novo, comezamos con moita ilusión, con bos propósitos pero sobre todo coa alegría de poder rematalo. Así pasa cando comezamos o novo ano. Un ano que sementamos de ilusión; pero que ten moitos días por diante e corremos o perigo de desfalecer, de esquecernos do novo e volver á rutina diaria, coma ese xoguete novo que pasa febreiro e o deixamos arrinconado para xogar cos de sempre.A celebración de hoxe, na xornada da paz, é unha chamada a que poñamos todas as nosas ilusións e as nosas forzas en continuar o proxecto de Xesús. Un proxecto que se renova dia a día e ano a ano. Deixemos atrás o que nos estorbou e collamos folgos renovados, coa bendición e a paz do Señor.PerdónØPorque pechamos os ollos, os oídos e o corazón diante…

Sagrada Familia 2008

Ser familia desde a pluralidade de vivencias e situacións: saber acollerPórticoLogo da celebración do Nadal, a liturxia sitúa a festa da Sagrada Familia. Pode ser este un bo momento para que tod@s botemos unha ollada a como cada un de nós vai colaborando para que nas nosas familias se poida vivir o sentido cristián: se nos queremos, se nos escoitamos, se somos capaces de crear un clima de respecto e confianza... porque só se somos quen de vivir nas actitudes da familia de Nazaret, poderemos levar con dignidade o nome de cristiáns. O bautismo introdúcenos no camiño, pero é na vida de cada día onde de verdade se vai mostrando que aquela auga que un día recibimos ao presentarnos os nosos pais e padriños á comunidade é auga que nos chama a responder ao mandato de Xesús de saber crear verdadeiros fogares que respondan ao que El foi capaz de vivir no fogar de Nazaret.Que a celebración de hoxe nos axude a tomar conciencia de que tamén nas nosas familias estamos chamad@s a vivir como amigos e…

Nadal 2008

PARA NON FORMAR PARTE DUNHA SOCIEDADE ANÓNIMA
PÓRTICO
No medio da noite escura da humanidade, no medio da opresión e da marxinación, no medio do duro traballo preciso para vivir, no medio do acontecer dun pobo e dunhas vidas, ao longo das interminables horas nas que unhas persoas coidan, limpan, conducen, gardan... e outras permanecen insomnes, Deus fáisenos presente para traernos a paz, a ledicia, a salvación.
Hoxe, neste día de Nadal, estamos chamd@s a descubrir que o nacemento de Xesús ten plena actualidade, que non é algo pasado. Hoxe é o momento oportuno no que Deus se nos ofrece coma Boa Nova, coma ledicia, xustiza e paz!. Hoxe, aquí, agora, neste preciso instante.
Baixo o lema “Se non queres formar parte dunha sociedade anónima, coñece e escoita aos teus veciños”, celebramos hoxe a campaña de Cáritas. Que o Neno que acaba de nacer, nos axude a traballar en rede para humanizar a nosa sociedade tan deshumanizada.
O PERDÓN
Vén Xesús para ensinarnos a ser pobres, e nós facemos do seu nac…

Domingo 4 Advento 2008

O Canto da vida: conversa de amor
PÓRTICO
A fe, se somos capaces de vivila coma seguimento de Xesús e non coma un conxunto de normas e obrigas, é un fermoso canto de vida e amor. Unha marabillosa conversa con Aquel que puxo en nós a capacidade de amar, querer e sentir; de descubrir que estamos no mundo non para facernos a guerra uns aos outros, senón para tender pontes de liberación e solidariedade. Rompamos a nosa tendencia ao fácil, para facer da nosa convicción de fe, un seguimento gozoso, esperanzado e libre da mensaxe de Xesús. Esforcémonos por facer da vida, aprendida a ser vivida desde Deus, unha verdadeira conversa de amor.
Que esta celebración do cuarto domingo de Advento nos saiba poñer en camiño.
o perdón
 Polas veces en que manipulamos aos demais para o noso proveito dando sorrisos falsos, palmadiñas valeiras e ánimos hipócritas, SEÑOR, MANTENNOS NO CAMIÑO.
 Porque non estamos dispostos a ceder nos nosos plantexamentos. pois queremos ter sempre a razón e que os demais fagan …