Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2008

DEFUNTOS 2008

Pola vida que regalan os teus dedos... Grazas. Señor PÓRTICO Hoxe xuntámonos para lembrar. Para lembrar a aquelas persoas, familiares e amigas, que nos deixaron. Algunhas delas pode que recentemente, e aínda as levamos moi preto do noso corazón, cheos de dor e de tristura. Outras quizais non tan recentemente, pero seguímolas tendo presentes, porque dun xeito ou doutro, marcaron a nosa vida. Hoxe é un día para lembralas a todas. Porque sempre que morre alguén que coñecemos, alguén con quen compartimos algo, é coma se morrese unha parte de nós mesmos. Porque non vivimos solos, non somos un mundo illado, senón que a nosa vida está chea doutras vidas, está formada por todo o que nos deron @s outr@s, por todo o que compartimos, polas ledicias e tristuras que vivimos xunt@s. Por iso vainos ben aquí hoxe que lembremos aos nosos defuntos: aos que temos preto, aos que forman parte da historia da nosa vida, e tamén aos que non coñecemos e aos que ninguén recorda. Con este espírito, comezamos

Santos 2008

DÍA 1 DE NOVEMBRO DE 2008 Somos, en última instancia, o Reino que se nos dá, o que facemos día a día e cara ao que, desexos@s, camiñamos (P. Casaldáliga) Como pode haber froito sen esforzo?. Non desesperedes Pórtico A celebración de hoxe é celebrar o triunfo do proxecto de Xesús, o feito de que a súa sementeira non quedou infecunda. As Benaventuranzas convértense en vida e en carne en moit@s irmáns e irmás nos@s. El@s constitúen para nós unha denuncia e un reclamo: invítannos a vivir na coherencia. Por iso nun mundo coma o noso no que hai tanta escaseza de ledicia e de optimismo, a festa de hoxe invítanos a tod@s a ter folgos: o camiño que seguimos, crendo en Cristo, non é un camiño escuro ou sen final, senón que ten razón de ser: camiñamos cara á plenitude. Que a celebración que agora imos comezar nos faga sentir a ledicia de pertencer a esa moitedume de homes e mulleres que quixeron ser pobres, que quixeron amar, que quixeron manter acesa a luz do Espírito na súa vida d

Domingo 30 TO

NUNHA SOCIEDADE CON TANTA INFORMACIÓN, DESCOÑECEMOS O QUE É FUNDAMENTAL Pórtico Moitas veces estamos tan ateigados de información que nos custa descubrir o fundamental, o verdadeiramente importante. Hoxe máis que nunca chéganos a información a todas horas: por medio de internet, de varias canles de televisión, dos teléfonos móbiles... pero a pesares de estar tan ben informad@s, descoñecemos o fundamental, non nos damos conta do que pasa ao noso carón: non sabemos se o veciño ou a veciña está enferma porque non saíu hoxe; danos igual se desaparece mobiliario urbano ou se hai lixo pola rúa... mentres non me cheire a min… Hoxe a celebración sitúanos no fundamental da nosa fe. O importante é a persoa e non o que a rodea: coche, moto, móbil… O PERDÓN Porque a nosa vivencia da fe non ten repercusións na nosa vida cotiá, senón que pola contra, serve para esquecernos da realidade, SEÑOR, QUE RESPECTEMOS A DIGNIDADE DAS PERSOAS. Ti, que nos lembras que non é dentro dos templos, sen

Domund_2008

“ A tarefa da evanxelización de todas as persoas, constitúe a misión esencial da Igrexa“ (EN 14) TRABALLAMOS POLA GLOBALIZACIÓN DO AMOR PÓRTICO Celebramos hoxe a Xornada Mundial das Misións, o DOMUND, na que a Igrexa, cada un e cada unha de nós, tomamos conciencia da universalidade da nosa tarefa evanxelizadora, porque evanxelizar é transmitir alí onde nos atopamos coas nosas palabras, cos nosos xestos, coas nosas obras… en resumo, coa nosa vida, unha nova sinxela, unha nova próxima, unha nova que é alegría: Deus quérenos, ocúpase e preocúpase por nós. Que esta celebración que agora imos comezar nos axude a escoitar a chamada de Deus, que nos invita a responderlle coa nosa vida. O PERDÓN Porque en demasiadas ocasións da nosa vida seguimos tendo dúas caras, e estamos á espreita para coller aos demais nun renuncio ou nun erro, SEÑOR, TEN PIEDADE DE NÓS. Porque non sementamos paz, amor, caridade, misericordia e reconciliación entre as persoas, senón que seguimos deixándon

Domingo 28 TO

Nas vacas gordas e fracas, El segue ao noso lado PÓRTICO Sabemos dar consellos, impartir doutrina, explicar as Escrituras, instruír na oración, falar de Deus… Temos o mercado aberto para toda aquela persoa que queira vir e mercar. Lemos e estudamos a Boa Nova. Sabemos ensinar; pero practicamos o que ensinamos?. Sabemos indicar claramente o camiño; pero son na nosa vida o que son na nosa palabra?. Falamos e anunciamos ledicia, paz, plenitude; pero probamos algo diso?. O mercado interior é tal que se non somos quen de apreciar co noso uso e coa nosa ledicia o que aos outros lle propoñemos, baixará a demanda. Que a celebración que agora comezamos nos ensine a nos axude a aprender a disfrutar da Boa Nova e do banquete, para poderllo repartir a todas as persoas. O PERDÓN Porque non estamos dispost@s a cambiar o noso traxe e así seguimos vestíndonos co gris do individualismo, do materialismo, do pasotismo, SEÑOR, VISTE DE FESTA O NOSO CORAZÓN. Polas demasiadas ocasións nas que nos escudamo