Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2008

Mansos e humildes

Mansos e humildes, pero non domesticados
“Hai que facer discípulos, non prosélitos... non basta que deas o Evanxeo, has de abrir coa túa vida a paixón por comelo” (P. Casaldáliga)PórticoEstamos nunha sociedade cada vez máis tecnificada, chea de electrodomésticos e de aparellos electrónicos, na época do móbil, de internet, do ordenador... Pero tamén é a sociedade da soidade, do individualismo. O comunitario, a colaboración, o traballo de todos decaeu e tamén o diálogo sereno e pausado. Só falamos o imprescindible, o xusto,... canta soidade xeramos, canta frustración...
Por iso, un novo domingo somos alentad@s a dispor o corazón para acoller a Palabra proclamada e levala á nosa vida. Fagámolo con humildade e mansedume, vivámola coa alegría da comuñón esperanzada.
PerdónPor non confiar en Ti para poder aprender da túa gratuidade, SEÑOR, ALENTA O NOSO CAMIÑAR.Por non ser capaz de levar a forza da túa bendición a quen se sente angustiado e sen esperanza, CRISTO, ALENTA O NOSO CAMIÑAR.Por…

Pedro e Paulo 2008

“As veces as ideas son coma eses zapatos vellos que nos resistimos a tirar porque nos resultan comodísimos. Hai ideas que de tanto usalas adquiriron xa a forma do noso corpo. Dentro delas non nos pode pasar nada e por iso defendémolas a morte. O malo é que, na mesma medida na que nos protexen do contorno hostil, tamén nos limitan. Por iso hai que ter o valor de cambiar de zapatos, de poñer en cuestión as opinións que utilizamos coma un dogma de fe para protexernos da incertidume.” ( J.J.Millás)

Unha vida marcada polo testemuño: quen di a xente que son eu?
Pórtico
Somos conscientes de que non debemos andar sempre coa mesma roupa nin cos mesmos zapatos; porque sabemos que temos que cambiala, inda que nos sexa moi cómoda, para lavala, aireala, ou porque está vella e rachada e é necesario retirala. Do mesmo xeito sabemos que, nas cuestións da fe, tamén necesitamos renovar as súas formas e xeitos de expresala. Como dicía Xoán XXIII, necesitamos de cando en vez abrir as “ventás para que entre …

Domingo 12 TO 2008

Non basta con non ter medo. O Evanxeo invita a tomar partido por Xesús con valentía e con todas as súas consecuencias”Non lle imos dar esa satisfacción. Non teñamos medo!PÓRTICO Vivimos nun momento de auxe das posicións conservadoras dentro da Igrexa, mesmo dentro da sociedade. Que é o intento de impor sesenta e cinco horas semanais de traballo na empresa, senón un querer volver ao século XIX, que tanta explotación, miseria e morte creou; e que tan ben denunciou a Doutrina Social da Igrexa e o chamado catolicismo social. Pois ben; nesta situación de querer volver atrás, como moitos pretenden, esquecendo a historia, non está de máis que prestemos atención ao profeta Xeremías, e denunciemos esa situación. É verdade que son moitos os que están á espreita para sacar rendibilidade, pero como seguidores de Xesús, aquel que non calou diante da inxustiza, estamos chamados a perder os medos e a non deixarnos vencer. Que a celebración de hoxe nos alente, estimule e enforteza para desenvolver…

Domingo 11 TO 2008

Porque recibimos de balde,que saibamos dar de baldePórticoTamén hoxe, como fixo cos seus apóstolos, Xesús segue chamando. Esa chamada é a cada un e cada unha de nós; e como ocorría naquel momento, correspóndenos responder non só coa palabra, senón cos feitos. A misión é anunciar a Boa nova do Reino, o que supón estar cerca das doenzas e dificultades das nosas xentes para poñer mans e corazón na tarefa de ilas curando.Que a celebración de hoxe nos faga sensibles á necesaria dispoñibilidade que debemos ter para que o anuncio do Reino se vaia convertendo en actitudes e accións.PerdónPorque en demasiadas ocasións da nosa vida as nosas inseguridades, os nosos medos, as presións do noso contorno…fan que non sexamos fieis e coherentes coas nosas convicións, SEÑOR, QUE VIVAMOS NA GRATUIDADE.Cristo, que nos esforcemos por deixar atrás a tentación do egoísmo e a comenencia na relación cos irmáns, CRISTO, QUE VIVAMOS NA GRATUIDADE.Porque non somos capaces de ex…

Domingo 10 2008

XESÚS CHAMA…. ESTÁS DISPOST@ A ERGUERTE DA TÚA MESA PARA SEGUILO? PÓRTICO
Moitas veces adoitamos dicir “sempre houbo clases”; e é certo: os de arriba preocúpanse de que a situación nos cambie; e os de abaixo traballan no máis dos casos para que a situación siga sendo a mesma pero dándolle a volta á tortilla: @s de arriba, abaixo e os de abaixo, arriba.
Esta situación que se dá no plano económico, político, social… tamén aparece no eido relixioso: os bos e os malos, os cristiáns con pedrigui e a xentuza, os piadosos e os descridos….son as categorías nas que se clasifica ás persoas crentes, dándolles a uns certos privilexios (honores, nomeamentos, fama, carguiños…) e a outros marxinación, descreto e mesmo desprezo.
E resulta que vén Xesús e, diante de tanta parafernalia, dinos que estamos equivocados, e contra do fácil (buscar o negativo de cada un de nós) El abre novas perspectivas, mira o fondo de cada persoa e rescata o positivo, o bo, o que podemos aportar ao cambio do mundo. Deixarémon…