Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2008

Ascensión 2008

A ASCENSIÓN DO SEÑORMARÍA TIÑA RAZÓN: ENALTECE AOS HUMILDESPÓRTICOOmeu home di…, a miña muller di… os profes din…. os políticos din…. Pasamos a nosa vida buscando noutras persoas referencias para o noso actuar, desexando que sexan outr@s @s que tomen decisións por nós.E na vida de fe son moitísimas as veces nas que nos pasa algo parecido: escudámonos no que di o cura, o bispo… en calquera referencia que nos facilite non ter que tomar decisións propias. Así, ao mesmo tempo que tranquilizamos a nosa conciencia, sentímonos doutrinalmente segur@s e non cuestionamos o noso xeito de actuar e a nosa vida.Porén a celebración de hoxe, a Ascensión do Señor, invítanos a vivir a fe coma crentes madur@s, autonóm@s, capaces de tomar as nosas propias decisións e ser responsables delas. É a nosa posta de largo. Non perdamos esta oportunidade que Deus nos ofrece para sermos cristiáns e cristiás maiores de idade.RENUNCIASRenuncias a mirar desde fóra a Igrexa, coma se non fose contigo, para sentirte cor…

6 Domingo da Pascua 2008

O ESPÍRITO VAI CONNOSCO
PÓRTICO
Vivimos nunha sociedade na que á mentira se lle chama diplomacia; á explotación, negocio; á irresponsabilidade, tolerancia; á inxustiza, orde establecida; á arbitrariedade, liberdade; á falla de respecto, sinceridade.
E nós, pola nosa banda, que nos dicimos homes e mulleres cristiáns e cristiás, como nos posicionamos?. Canto tempo perdido en discusións, enfrontamentos, enfados… cando o único que nos di Xesús é: amádevos.
Hoxe a Palabra, unha vez máis, descúbrenos que a fe non é un entretenemento, senón un compromiso que nos ha levar a traballar pola salvación que nos trae Deus desde a proximidade ás persoas. Non lle pechemos os nosos oídos e o noso corazón.
RENUNCIAS
Renuncias a deixarte levar por unha vivencia da fe que che impide ser palabra alentadora para quen o necesita, para acoller o mandado do amor de Xesús, que significa perdoar, comprender e axudar?. SI, RENUNCIO.
Renuncias a non deixarte levar dese pesimismo que nos impide , en demasiadas ocasións, …

V de Pascua 2008

POR QUE NOS EMPEÑAMOS EN IR TODOS PARA O SALÓN SE A CASA É GRANDE E CABEMOS TOD@S, POIS“NA CASA DO MEU PAI HAI MOITAS MORADAS?”PÓRTICO Á hora de vivir a fe no medio do noso mundo, os crentes temos que superar dúas tentacións: a primeira, a tentación de querer ser todos iguais nos xestos, as formas de pensar, actuar ou vivir; e a segunda a de reducir a fe ao que facemos nos templos. Esquecemos entón dous aspectos fundamentais do seguimento de Xesús dos que hoxe nos falan os textos que imos proclamar:que na casa do Deus ao que seguimos e cremos hai moitas estancias, é dicir, cabemos tod@s, máis alá do xeito ou maneira de entender e vivir a fe; e que non vale de moito, mesmo de nada, escoitar moito a Palabra e rezar, se logo non somos capaces de converter esa escoita e ese rezo en vida e preocupación polos outr@s, especialmente os que menos teñen e máis esquecidos están na nosa sociedade.Que a celebración de hoxe, nos leve a tomar conciencia da pluralidade e solidariedade na que temos que…

IV DOMINGO DA PASCUA

XESÚS É O BO PASTOR…. POIS FALEMOS DOS PASTORES!!!!!!PÓRTICOA sociedade tende a converterse e a converternos nunha masa cada vez máis anónima, deixándonos profundamente insatisfeit@s: non somos amad@s por nós mesmos, somos unha simple cifra na clase, no traballo, na seguridade social…Non existe relación humana.Porén, a Igrexa, a comunidade cristiá, non é unha masa de xente anónima, manexada por un líder lonxano; senón que é un pobo, unha familia, na que as relacións con Deus e duns cos outros teñen que ser persoais para que sexan verdadeiras.Xesús valóranos, ámanos e libéranos a cada un e a cada unha de nós da nosa soidade e do noso individualismo. Que a celebración que agora comezamos nos axude a poñernos en disposición de escoitar a voz do que nos chama polo noso nome.O PERDÓNRenuncias a vivir dos demais, utilizándoos, menosprezándoos, aproveitándote deles e pisoteando a súa dignidade de persoas?. SI, RENUNCIO.Renuncias a ser borrego, deixándote levar polo que di, pensa ou fai a maio…

III DOMINGO DA PASCUA

Grazas por quedares connoscoPÓRTICOPódenos suceder coma aqueles dous de Emaús: que desandamos moitas veces o camiño, que sentimos frustración por fracasos, por plans inacabados, por decepcións. E non só pola realidade que moitas veces nos bloquea e nos deixa desacougados, senón tamén por nós mesmos, que non somos capaces de mirarnos e mirar ao noso mundo con ollos distintos. Non recoñecemos tantas situacións de dor, tantas persoas necesitadas de cariño, tantos acontecementos que piden unha luz. Estamos tan cegos que non descubrimos en todo iso a Xesús que ven a nós Resucitado, que nos chama a mirar a realidade cos seus ollos.Que esta celebración nos esperte para saber recoñecelo no camiño da nosa vida ao noso carón.O PERDÓNRenuncias a pechar as portas da túa casa, da túa mente e do teu corazón, excluíndo a quen pensa distinto da túa mesa e do teu pan, para considerar ao outro como compañeir@ que comparte e enriquece?. SI, RENUNCIO.Renuncias a facer da relixión algo íntimo e pechado na…